A le­di­cia de vi­vir

VÍC­TOR F. FREI­XA­NES, PRESIDENTE DA REAL ACA­DE­MIA GA­LE­GA, DES­TA­CA O AC­TI­VIS­MO, A CA­PA­CI­DA­DE DE NE­GO­CIA­CIÓN E DIÁ­LO­GO E A EM­PA­TÍA DE CAR­LOS CA­SA­RES

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas -

Des­ta­ca a súa di­men­sión co­mo em­bai­xa­dor cul­tu­ral e me­dia­dor de au­to­res

Cando o aca­dé­mi­co Hen­ri­que Mon­tea­gu­do de­ci­diu es­cri­bir a bio­gra­fía do seu ami­go pa­ra a pre­sen­te edición do Día das Le­tras Ga­le­gas (Car­los Ca­sa­res. Un con­ta­dor de his­to­rias. Ga­la­xia. 2017), es­co­lleu pa­ra o li­miar unha ci­ta mi­ña na que me es­for­za­ba por re­su­mir nunha frase o que eu con­si­de­ro a ache­ga de Ca­sa­res á Ga­li­cia do seu tem­po, que el vi­viu apai­xo­na­da­men­te: «es­cri­tor, edi­tor, con­fe­ren­cian­te, pro­fe­sor, en­saís­ta, crí­ti­co li­te­ra­rio, lec­tor aten­to, aca­dé­mi­co, im­pli­ca­do en ac­tua­cións que o le­va­ron a participar en pro­ce­sos de­ci­si­vos no de­li­ca­do pe­río­do da tran­si­ción política á de­mo­cra­cia en Es­pa­ña e á re­cu­pe­ra­ción do au­to­go­berno de Ga­li­cia…». Así o si­go a ver a día de ho­xe, quin­ce anos des­pois do seu pa­sa­men­to. E mais en­ga­de a mi­ña ci­ta: «… a súa fi­gu­ra res­pon­de ao mo­de­lo de in­te­lec­tual in­de­pen­den­te e com­pro­me­ti­do que xor­de na Eu­ro­pa pos­te­rior á Se­gun­da Gue­rra Mun­dial, se­gu­ro dos seus prin­ci­pios e, ao mes­mo tem­po, áxil, efi­caz e prag­má­ti­co na apli­ca­ción dos mes­mos».

La Voz de Ga­li­cia pídeme ago­ra unha in­tro­du­ción á fi­gu­ra de Car­los Ca­sa­res (Ou­ren­se, 1941Vi­go, 2002) e te­ño unha sen­sa­ción es­tra­ña, por unha ban­da a dis­tan­cia do ami­go, a quen ti­ven a hon­ra de su­ce­der nal­gúns lu­ga­res que el ocu­pa­ba an­tes (a di­rec­ción de Edi­to­rial Ga­la­xia, a súa ca­dei­ra na Real Aca­de­mia Ga­le­ga) e, por ou­tra ban­da, unha cer­ta di­fi­cul­ta­de pa­ra re­su­mir nun tex­to ne­ce­sa­ria­men­te bre­ve a sig­ni­fi­ca­ción da súa obra e mais da súa pe­ga­da en­tre nós: se­sen­ta anos de vi­da. Sen que­rer ser hi­per­bó­li­co, non po­do dei­xar de lem­brar aque­la his­to­ria que nos con­ta­ban de San­to Agos­ti­ño en sen­do ne­nos, cando o san­to, pa­sean­do po­la praia, ato­pou un ra­pa­ci­ño a fa­cer unha po­za cun­ha cun­cha na area por­que dis­que que­ría me­ter ne­la to­da a au­ga do océano. Pois al­go se­me­llan­te. Un po­lie­dro ri­co e com­ple­xo.

A fi­gu­ra de Ca­sa­res, coas súas lu­ces e as súas som­bras, cos seus par­ti­da­rios e os seus crí­ti­cos, apa­re­ce dian­te de nós co­ma un po­lie­dro com­ple­xo, ri­co nas súas di­ver­sas ca­ras de luz, to­das com­ple­men­ta­rias, que van den­de a pro­du­ción li­te­ra­ria

(o es­cri­tor) ata a súa di­men­sión pú­bli­ca, com­pro­me­ti­do coas pri­mei­ras ins­ti­tu­cións da au­to­no­mía ga­le­ga, cons­cien­te do sig­ni­fi­ca­do das mes­mas na cons­tru­ción dun pro­xec­to co­lec­ti­vo que em­pe­za­ba a an­dar (o Par­la­men­to de Ga­li­cia, o Con­se­llo da Cul­tu- ra Ga­le­ga), e ase­ma­de a va­ria­da di­men­sión de ac­ti­vi­da­des ás que fa­cía re­fe­ren­cia na mi­ña ci­ta do prin­ci­pio: edi­tor, crí­ti­co li­te­ra­rio, con­fe­ren­cian­te, es­cri­tor nos xor­nais, em­bai­xa­dor da cul­tu­ra e da literatura ga­le­ga po­lo mun­do... Ve­laí os pri­mei­ros pa­sos do Pen Club, xun­to con Úr­su­la Hein­ze e Luís Gon­zá­lez To­sar, por po­ñer un ca­so, ou os en­con­tros na vi­la de Ve­ri­nes, en As­tu­rias, que en gran me­di­da el ins­pi­rou, coa com­pli­ci­da­de ac­ti­va de Víc­tor Gar­cía de la Con­cha, e on­de anual­men­te se da­ban ci­ta es­cri­to­res e es­cri­to­ras de to­das as lin­guas do Es­ta­do. Moi­tos sou­be­mos uns dos ou­tros, nes­te sis­te­ma de va­sos non co­mu­ni­can­tes que cons­ti­túen as dis­tin­tas li­te­ra­tu­ras de Es­pa­ña, gra­zas aos en­con­tros de Ve­ri­nes, que nal­gún momento, xa nos de­rra­dei­ros anos da súa vi­da, mes­mo in­ten­tou re­pe­tir cos seus ami­gos na ci­da­de de Ou­ren­se. Esta idea dos en­con­tros e do co­ñe­ce­men­to mu­tuo, que des­pois do seu pa­sa­men­to en par­te qui­xo con­ti­nuar a Fun­da­ción Car­los Ca­sa­res nas xor­na­das do bal­nea­rio de Mon­da­riz, de­fi­nen con bas­tan­te pre­ci­sión o ta­lan­te do au­tor, preo­cu­pa­do por dei­tar pon­tes en­tre a di­ver­si­da­de, nunca re­ben­tar ca­mi­ños, en­tre ou­tras ra­zóns por­que o que non se co­ñe­ce di­fi­cil­men­te se ama, e é im­por­tan­te co­ñe­cer e amar as cou­sas pa­ra fa­cer o es­for­zo de com­pren­de­las. Com­pren­der aos ou­tros, aos que non pen­san co­ma ti, mais que con­fi­gu­ran o mar­co co­mún da con­vi­ven­cia. Ne­se es­pí­ri­to coin­ci­di­mos e moi­tas ve­ces te­mos fa­la­do das súas po­si­bles es­tra­te­xias. Pro­xec­tos com­par­ti­dos Lem­bro unha noi­te: sen­ta­dos os dous ao pé da Por­ta de Bran­de­bur­go, en Ber­lín, on­de pa­sa­ba­mos unha tem­pa­da in­vi­ta­dos po­los Co­lo­quios do Ins­ti­tu­to Li­te­ra­rio da ca­pi­tal ale­má. Lem­bro aque­la noi­te por­que fa­la­mos moi­to, ata ben an­da­da a ma­dru­ga­da: eu co­mo director de Xe­rais e el co­mo director de Ga­la­xia, que da­que­la es­ta­ba a re­no­var a re­dac­ción da re­vis­ta Grial. A súa preo­cu­pa­ción, e a mi­ña, era ver de co­mo ato­par ca­mi­ños de co­la­bo­ra­ción, con­fluen­za de von­ta­des pa­ra po­ñer en mar­cha pro­xec­tos com­par­ti­dos. Anos des­pois, coa co­la­bo­ra­ción dos com­pa­ñei­ros de Xe­rais e dou­tros edi­to­res, saía a Bi­blio­te­ca 120 de La Voz de Ga­li­cia, na que en gran me­di­da se sen­tía a súa man (e a de Ma­nuel Bra­ga­do), e que sig­ni­fi­cou un im­pre­sio-

De Car­los Ca­sa­res hai que su­bli­ñar a súa con­ta­xio­sa e in­su­bor­na­ble le­di­cia de vi­vir. A súa ener­xía vi­tal e emo­cio­nal Foi un exem­plo de ac­ce­si­bi­li­da­de li­te­ra­ria, de in­te­li­xen­cia e de es­ti­lo, to­do di­fí­cil de su­pe­rar

nan­te chim­po cua­li­ta­ti­vo na di­fu­sión do li­bro ga­le­go. Uni­da­de de es­for­zos e es­tra­te­xia de co­la­bo­ra­ción, mes­mo den­de a di­ver­si­da­de. Non hai dis­tan­cia que non se poi­da acur­tar. A is­to que­ría re­fe­rir­me cando fa­la­ba de se­gu­ri­da­de ou fir­me­za nos prin­ci­pios e de prag­ma­tis­mo na apli­ca­ción dos mes­mos. De se­gu­ro que da di­men­sión li­te­ra­ria de Car­los Ca­sa­res, da súa ri­ca e va­ria­da pro­du­ción, tra­ta­rán abon­do es­tes días os es­pe­cia­lis­tas, se ca­dra nes­tas mes­mas pá­xi­nas. A obra li­te­ra­ria de Car­los Ca­sa­res, que ex­plo­rou xé­ne­ros e as­pec­tos moi di­ver­sos (a na­rra­ti­va bre­ve, a no­ve­la, o en­saio, a bio­gra­fía, a literatura e o tea­tro pa­ra os lec­to­res máis no­vos, a crí­ti­ca li­te­ra­ria, o co­lum­nis­mo) cons­ti­túe na mi­ña opi­nión un dos es­teos máis só­li­dos das le­tras ga­le­gas con­tem­po­rá­neas, e de cer­to que no máis ín­ti­mo de si o que Ca­sa­res que­ría ser, por ri­ba de cal­que­ra ou­tra di­men­sión, era ser es­cri­tor: que o acep­ta­sen e re­co­ñe­ce­sen co­ma tal, vo­ca­ción que le­va­ba den­tro den­de moi novo, co­ma unha ne­ce­si­da­de. Pa­ra el o mun­do ex­pli­cá­ba­se sem­pre a par­tir dun re­la­to. Mais á par dis­to, e sen ne­ga­lo, eu que­re­ría sa­lien­tar nes­ta pre­sen­ta­ción ou­tras fa­cia­nas de Car­los Ca­sa­res, que com­ple­men­tan e en­ri­que­cen a súa di­men­sión li­te­ra­ria. Al­gun­has xa van apun­ta­das nes­tas pá­xi­nas.

Es­pa­zos de con­sen­so

Unha, o seu ac­ti­vis­mo, sem­pre a prol da cul­tu­ra e a lin­gua ga­le­ga, tan­to den­tro co­mo fó­ra das ins­ti­tu­cións. Ve­laí esa tra­du­ción das le­tras de Rai­mon, en sen­do es­tu­dan­te en Com­pos­te­la, xun­to co seu ami­go Sal­va­dor Gar­cíaBo­da­ño, pa­ra o re­ci­tal do cantante va­len­ciano no es­ta­dio da Re­si­den­cia Uni­ver­si­ta­ria en maio de 1967, e o seu com­pro­mi­so co mo­ve­men­to es­tu­dian­til na­que­les anos, que ben es­tu­dou Ri­car­do Gu­rria­rán. Lo­go vi­ría a súa in­cor­po­ra­ción á Aca­de­mia, con 36 anos, e á di­rec­ción de Ga­la­xia, e ao Par­la­men­to e ao Con­se­llo da Cul­tu­ra Ga­le­ga des­pois…

Ou­tra, a súa ca­pa­ci­da­de de diá­lo­go e ne­go­cia­ción, mes­mo pa­ra re­du­cir dis­tan­cias e ato­par es­pa­zos de con­sen­so. Sos­pei­to que nes­te as­pec­to moi­to ti­ña que di­cir o ta­lan­te de Ra­món Pi­ñei­ro, que pa­ra el sem­pre foi guiei­ro prin­ci­pal. A Lei de Nor­ma­li­za­ción Lin­güís­ti­ca, por ci­tar un ca­so, xun­to con ou­tras ini­cia­ti­vas par­la­men­ta­rias que nos pri­mei­ros anos 80 esi­xi­ron ese ta­lan­te de con­ci­lia­ción, son exem­plo do que di­go. Se­gu­ra­men­te non mé­ri­to ex­clu­si­vo seu, mais ne­las tivo in­ter­ven­ción im­por­tan­te e de­di­cou­lles moi­to tem­po.

Ou­tra di­men­sión a sa­lien­tar é a súa con­di­ción de em­bai­xa­dor cul­tu­ral, me­dia­dor de au­to­res e au­to­ras mes­mo alén das no­sas fron­tei­ras li­te­ra­rias, di­men­sión que al­gúns cri­ti­ca­ban (por­que non sem­pre ha­bía pa­ra to­dos na fei­ra), pe­ro que na mi­ña opi­nión exer­ceu con cri­te­rio e xe­ne­ro­si­da­de. Xa fa­lei de Ve­ri­nes e do Pen Club. Po­de­ría en­ga­dir a súa re­la­ción con axen­tes, crí­ti­cos, ins­ti­tu­cións e edi­to­res de fó­ra de Ga­li­cia, ade­mais du­tros me­dia­do­res. E a súa em­pa­tía pa­ra a co­mu­ni­ca­ción, as­pec­to que non sem­pre que­dou re­xis­tra­do, alén da me­mo­ria dos ami­gos e dos que o tra­ta­ron, pe­ro que se ma­ni­fes­ta­ba so­bre to­do nas dis­tan­cias cur­tas, e eu di­ría que ne­sa di­men­sión li­te­ra­ria di­fe­ren­te que é a co­lum­na no xor­nal.

As co­lum­nas de Á Mar­xe, que du­ran­te dez anos pu­bli­cou dia­ria­men­te nes­te pe­rió­di­co, cons­ti­túen, sen dú­bi­da, unha mos­tra ex­tra­or­di­na­ria de­sa ca­pa­ci­da­de de co­mu­ni­ca­ción, oral e cos lec­to­res, na in­te­li­xen­cia de es­ta­ble­cer a ne­ce­sa­ria com­pli­ci­da­de pa­ra que esa co­mu­ni­ca­ción exis­ta e con­ti­núe. As co­lum­nas de Á Mar­xe, que nal­gún ou­tro lu­gar cua­li­fi­quei co­mo unha no­ve­la aber­ta, cons­truí­da a par­tir de re­cor­dos, anéc­do­tas, per­so­na­xes, ima­xi­na­ción, lec­tu­ras, me­mo­ria dos que fo­ron e vi­ven­cias pro­pias, fun­da­men­ta­da so­bre to­do na reivin­di­ca­ción do uni­ver­so das pe­que­nas cou­sas, que ao fi­nal é on­de re­si­den as gran­des ver­da­des, son un exem­plo de ac­ce­si­bi­li­da­de li­te­ra­ria, de in­te­li­xen­cia e de es­ti­lo, to­do di­fí­cil de su­pe­rar.

Alén do que le­vo es­cri­to, aín­da que­da ou­tra di­men­sión, coa que de­ci­dín ti­tu­lar esta ache­ga ás Le­tras Ga­le­gas que a RAG acor­dou de­di­car es­te ano a Car­los Ca­sa­res: a súa con­ta­xio­sa e in­su­bor­na­ble le­di­cia de vi­vir. A súa ener­xía vi­tal e emo­cio­nal, non por mo­de­ra­da me­nos in­ten­sa. A vi­da me­re­cía ser ce­le­bra­da (e com­par­ti­da) to­dos os días.

Ca­sa­res e Frei­xa­nes, nunha viaxe a Ber­lín en 1993.

RA­MÓN LOU­REI­RO

Car­los Ca­sa­res, ro­dea­do de li­bros no sa­lón da súa ca­sa en Ni­grán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.