Un es­cri­tor da vi­da

A MA­TE­RIA PRI­MA DA OBRA DE CA­SA­RES, QUE NUNCA DEI­XOU DE SER AQUEL NENO MEDRADO NUNHA IN­FAN­CIA FELIZ, FO­RON AS SÚAS COS­MO­PO­LI­TAS EX­PE­RIEN­CIAS PER­SOAIS

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas - tex­to Ra­món Vi­lla­res

Os es­cri­to­res acos­tu­man cons­truí­ren un mun­do pro­pio no que poi­da ha­bi­tar a súa es­cri­ta. Boa par­te dese mun­do ten que ver coa ex­pe­rien­cia in­di­vi­dual e co­mu­nal, non sem­pre re­co­ñe­ci­da por eles de for­ma ex­pre­sa. E, de cando en vez, esa me­dia­ción li­te­ra­ria ad­qui­re fas­quía pro­pia me­dian­te un en­fo­que in­te­lec­tual que reúne es­té­ti­ca con éti­ca e, por ve­ces, ta­mén cun com­pro­mi­so ideo­ló­xi­co.

A bio­gra­fía de Car­los Ca­sa­res co­mo es­cri­tor na súa máis am­pla acep­ción é un exem­plo des­tes tra­zos co­múns. A súa obra es­tá in­za­da de pou­sos au­to­bio­grá­fi­cos que se en­con­tran en va­rias das súas obras maio­res, así co­mo nos mi­llei­ros de ar­ti­gos de xor­nal que es­cri­biu.

Pe­ro nos seus en­saios e con­fe­ren­cias, nos li­bros de en­tre­vis­tas (ac­ti­vas ou pa­si­vas) ta­mén es­tán pre­sen­tes re­fle­xións in­te­lec­tuais que em­pa­tan cla­ra­men­te cun dos de­ba­tes máis vi­zo­sos da se­gun­da me­ta­de do sécu­lo XX, aquel que re­mi­te á li­ber­da­de e ao com­pro­mi­so.

A vi­da de Ca­sa­res, vi­vi­da ou ex­pe­ri­men­ta­da na ca­be­za dou­tros, foi a ma­te­ria pri­ma da es­cri­ta. O mun­do da in­fan­cia nas te­rras de Bei­ro ou da Li­mia, a ci­da­de de Ou­ren­se da pri­mei­ra mo­ci­da­de, lo­go as ci­da­des de San­tia­go e Vi­go e, des­de os anos se­ten­ta, o mun­do en­tei­ro que co­me­zou a co­ñe­cer por via­xes fa­mi­lia­res e pro­fe­sio­nais, cons­ti­túen a ma­te­ria pri­ma dos seus re­la­tos e ar­ti­gos de xor­nal.

Pe­ro aín­da na súa fe­cun­da ma­du­rez, o es­cri­tor Ca­sa­res nunca dei­xou de ser aquel neno medrado nunha in­fan­cia feliz, de con­tac­to coa na­tu­re­za, vi­da fa­mi­liar e de ca­sas reito­rais. Os seus co­me­zos co­mo es­cri­tor es­ti­ve­ron vin­cu­la­dos, co­ma moi­tos dos seus coe­tá­neos, por cer­ta an­gu­ria exis­ten­cial, moi­tas pin­gas de cri­se re­li­xio­sa e unha de­ci­sión ex­plí­ci­ta de cons­truír un uni­ver­so li­te­ra­rio na lin­gua pro­pia de Ga­li­cia.

UNHA «VO­CE NA NÉBOA»

Co­mo lle acon­te­ceu a ou­tros au­to­res ga­le­gos, tal que Ote­ro Pe­dra­yo ou Mén­dez Fe­rrín, as súas pri­mei­ras ache­gas li­te­ra­rias fo­ron al­go así co­mo unha

vo­ce na néboa que an­da á pro­cu­ra da luz do día. Poi­da que te­ña sentido a me­tá­fo­ra que o mes­tre Ote­ro, en man­te­dor das Fes­tas Mi­ner­vais do ano 1963, dedica a aquel ra­paz li­miao ao que de­fi­niu co­mo «un cas­tro en­vuel­to en so­le­dad».

Na súa vi­da de es­cri­tor adul­to e ma­du­ro Ca­sa­res tivo, non obs­tan­te, pou­co de soi­da­de e me­nos de de­pen­den­cia do man­da­to da his­to­ria re­pre­sen­ta­do por un cas­tro.

El non foi un es­cri­tor de ce­nácu­lo nin de pro­sa re­quin­ta­da, nin tam­pou­co un mi­li­tan­te das mo­das li­te­ra­rias do rea­lis­mo so­cial e do in­te­lec­tual en­ga­gé tan en bo­ga nos seus tem­pos.

A súa apos­ta li­te­ra­ria e in­te­lec­tual foi moi­to máis aber­ta e trans­ver­sal. Pro­cu­rou des­de o prin­ci­pio da súa ca­rrei­ra co­mo es­cri­tor com­bi­nar a plas­ti­ci­da­de da es­cri­ta cun do­mi­nio apa­ren­te­men­te sin­xe­lo da lin­gua. Unha es­cri­ta pen­sa­da e tra­ba­lla­da, na que o lec­tor es­tá sem­pre na pri­mei­ra das súas preo­cu­pa­cións.

O PA­PEL DO ES­CRI­TOR

Va­rios en­saios es­cri­tos pou­cos anos an­tes da súa morte po­den ser li­dos ho­xe co­mo unha ex­ce­len­te re­fle­xión so­bre o pa­pel do es­cri­tor que, ade­mais, acep­ta to­mar pos­tu­ra co­mo in­te­lec­tual pú­bli­co. Un de­les, De Lis­boa a Ber­lín, pa­san­do por Mos­co­va, con­ta aque­la mag­ní­fi­ca ex­pe­rien­cia que foi a viaxe

A súa es­cri­ta é pen­sa­da e tra­ba­lla­da e o lec­tor es­tá sem­pre na pri­me­ra das súas preo­cu­pa­cións

en tren por me­dia Eu­ro­pa dun cen­to de es­cri­to­res das máis va­ria­das lin­guas e na­cio­na­li­da­des, na pri­ma­ve­ra do ano 2000.

Pa­ra Car­los Ca­sa­res, foi em­bar­car­se nunha sor­te de Orient

Ex­press da literatura eu­ro­pea, no que ca­da­quén en­trou can­ga­do po­las súas pan­tas­mas e xen­rei­ras, pe­ro no que se aca­bou ad­mi­tin­do que a literatura e mes­mo unha lin­gua fran­ca co­mo o in­glés po­dían ser os me­llo­res viei­ros pa­ra en­ten­der a di­ver­si­da­de cul­tu­ral dun con­ti­nen­te tan plu­ral co­mo con­de­na­do a se en­ten­der in­ter­na­men­te.

HO­ME­NA­XE A CA­MUS

O ou­tro en­saio, A do­bre morte de Al­bert Ca­mus, ten moi­to de ho­me­na­xe ao es­cri­tor al­xe­rino-fran­cés, a quen ad­mi­ra po­las súas po­si­cións morais, ex­pre­sa­das de for­ma ma­ra­bi­llo­sa no dis­cur­so pro­nun­cia­do en Es­to­col­mo, cando an­te­pu­xo a defensa da súa nai e da súa fa­mi­lia an­tes que a xus­ti­za.

Alén de es­cri­tor, Ca­sa­res cul­ti­vou unha constante pre­sen­za na pra­za pú­bli­ca, co­mo in­te­lec­tual e mes­mo co­mo mo­ra­lis­ta. El foi quen de co­nec­tar cos lec­to­res des­de unha po­si­ción fun­da­da en prin­ci­pios morais moi cons­tan­tes: an­ti­dog­ma­tis­mo, ga­le­guis­mo de na­tu­re­za so­cial­de­mó­cra­ta, es­cep­ti­cis­mo vi­tal e, ma­lia to­do, unha gran­de con­fian­za nos in­di­vi­duos e na súa ca­pa­ci­da­de pa­ra su­pe­rar a in­to­le­ran­cia e mes­mo a vio­len­cia.

UN REA­LIS­TA

No fon­do, acre­di­ta­ba na res­pon­sa­bi­li­da­de do in­te­lec­tual co­mo guiei­ro da so­cie­da­de, pe­ro fun­da­da nas ideas, na prác­ti­ca da to­le­ran­cia e da com­pren­sión do ou­tro, e non na for­za dun su­xei­to co­lec­ti­vo ou cor­po­ra­ti­vo, que nunca dei­xa que o in­di­vi­duo se equi­vo­que.

Non gus­ta­ba das ver­da­des ab­so­lu­tas nin acu­sa­ba pa­ra es­con­der as súas pro­pias mi­se­rias.

Di­to con pa­la­bras que fo­ron apli­ca­das por Jean Paul Sar­tre a Al­bert Ca­mus, ta­mén se po­de­ría di­cir de Car­los Ca­sa­res que era un rea­lis­ta que me­re­cía rei­nar na «Re­pú­bli­ca dos co­ra­zóns e das flo­res».

Na ima­xe, dian­te do Mu­ro de Ber­lín en 1974. As súas via­xes de xu­ven­tu­de dé­ron­lle unha pers­pec­ti­va máis am­pla da reali­da­de.

Car­los Ca­sa­res, no xar­dín da ca­sa fa­mi­liar da súa mu­ller, en Sue­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.