Home de pa­la­bra

REPOUSADO, PRE­CI­SO, SEM­PRE DI­VER­TI­DO E EN MOI­TAS OCA­SIÓNS ABERTAMENTE APAI­XO­NAN­TE: ASÍ RE­COR­DA RO­BER­TO BLAN­CO VAL­DÉS A UN CAR­LOS CA­SA­RES AO QUE DE­FI­NE CO­MO «UN HOME BO E CIDADÁN EXEM­PLAR»

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas - Ro­ber­to Blan­co Val­dés

Ad­mi­rei moi­to a Car­los Ca­sa­res an­tes de ter a for­tu­na de co­ñe­ce­lo e go­zar da súa ami­za­de sem­pre xe­ne­ro­sa e aga­ri­mo­sa. Des­pois, cla­ro, ad­mi­reino moi­to máis. Eu aín­da ca­se un neno, o meu pri­mei­ro ache­ga­men­to á súa obra foi a do Ca­sa­res tra­du­tor de Le Petit Prin­ce, o ma­ra­bi­llo­so con­to de Saint-Exu­péry. A fas­ci­nan­te ver­sión que del fi­xo o gran ou­ren­sán pa­ra Ga­la­xia, hai pre­to xa de me­dio sécu­lo, en 1972, des­min­te, por máis que se­xa ex­cep­cio­nal­men­te, a es­ten­di­da idea que se ex­pre­sa nun co­ñe­ci­do xo­go de pa­la­bras ita­liano: tra­dut­to­re, tra­di­to­re. E é que, posto a es­co­ller en­tre as tres ver­sións que te­ño li­do moi­tas ve­ces dun­ha obra in­cla­si­fi­ca­ble e in­su­pe­ra­ble (a ori­xi­nal fran­ce­sa, a cas­te­lá e a ga­le­ga), que­da­ría sen du­bi­da­lo coa ter­cei­ra.

Foi de fei­to O prin­ci­pi­ño o que me le­vou, co­mo da man, aos moi­tos e moi bos con­tos pa­ra ne­nos es­cri­tos por Ca­sa­res, que eu go­cei de mo­zo e vol­vín go­zar, xa de pai, cando lle­los lin ás mi­ñas fi­llas. Posto a men­cio­nar al­gúns de en­tre eles, des­ta­ca­ría, den­de lo­go, os dous pri­mei­ros:

A ga­li­ña azul e esa le­di­cia que é As la­ran­xas máis la­ran­xas de tó­da­las la­ran­xas. Fei­ta a for­mi­da­ble des­cu­ber­ta, xa non dei­xei de ler a Ca­sa­res nunca máis. Re­cor­do a pro­fun­da emo­ción que me cau­sou Ven­to Fe­ri­do e a ilu­sión coa que fun len­do as súas no­ve­las se­gun­do se ían pu­bli­can­do: Xo­gue­tes pa­ra un tem­po prohi­bi­do, Os es­cu­ros so­ños de Clío, Ilus­trí­si­ma, Os mor­tos da­quel ve­rán, Deus sen­ta­do nun si­llón azul ou O sol do ve­rán. Pe­ro re­cor­do ta­mén, co­mo es­que­ce­lo!, o seu die­ta­rio Á mar­xe, co­ci­ña­do en­tre o fan­tás­ti­co e o co­tián, que La Voz de Ga­li­cia pu­bli­cou den­de 1992 ata que a morte veu arre­ba­tar­nos unha plu­ma pa­ra Ga­li­cia in­dis­pen­sa­ble.

Eu le­va­ba en­tón xa al­gúns anos, des­de 1994, com­par­tin­do con Car­los unha aven­tu­ra que re­ma­ta­ría por ser fun­da­men­tal na mi­ña vi­da: a de es­cri­bir no xor­nal que foi e é ca­sa co­mún de cen­tos de mi­les de ga­le­gos. Gra­cias a La Voz de Ga­li­cia co­ñe­cín a Car­los e fi­xé­mo­nos ami­gos e gra­zas a La Voz de Ga­li­cia ti­ven o pri­vi­le­xio de go­zar do Ca­sa­res que se per­de­ron os que só co­mo es­cri­tor pui­de­ron che­gar a co­ñe­ce­lo.

Re­fí­ro­me, cla­ro, o Car­los Ca­sa­res falador ines­go­ta­ble, a quen o seu ami­go Juan Cruz de­fi­niu, con to­da xus­ti­za, co­mo «el me­jor na­rra­dor oral de Es­pa­ña des­pués de su pai­sano Ál­va­ro Cun­quei­ro». Es­coi­tei fa­lar a Car­los moi­tas ve­ces e en cir­cuns­tan­cias di­fe­ren­tes, pe­ro sem­pre co asom­bro que pro­du­cen os mi­la­gres. Por­que ve­lo fa­lar (e di­go ben, ve­lo fa­lar) era un pro­di­xio: repousado, pre­ci­so, sem­pre di­ver­ti­do e en moi­tas oca­sións abertamente apai­xo­nan­te, co­ñón non pou­cas ve­ces, e, ao ca­bo, asom­bro­so por unha me­mo­ria que el ador­na­ba coa ima­xi­na­ción do xe­nial na­rra­dor que sem­pre foi.

Lem­bra­ba to­do. «No so­lo ca­da ho­ja de ca­da ár­bol de ca­da mon­te, sino ca­da una de las ve­ces que la ha­bía per­ci­bi­do o ima­gi­na­do», igual que o bor­giano Fu­nes, el me­mo­rio­so. Por­que Car­los, o Car­los Ca­sa­res na­rra­dor oral, era ta­mén, por su­pos­to, un me­mo­rio­so.

Nunha das no­sas úl­ti­mas lon­gas con­ver­sas, des­pois dun bo xan­tar, e fa­lan­do da to­le­mia cri­mi­nal de ETA, re­co­men­do­ume Car­los ler un li­bro de Ste­fan Zweig ( Cas­te­llio con­tra

Cal­vino) no que o ator­men­ta­do es­cri­tor aus­tría­co con­tra­pón o hu­ma­nis­mo do pri­mei­ro a o fa­na­tis­mo do se­gun­do. Sem­pre pen­sei que esa re­co­men­da­ción de­fi­nía o ser pro­fun­do do es­cri­tor xe­nial, home bo e cidadán exem­plar que foi Ca­sa­res.

Car­los Ca­sa­res e Do­min­go Gar­cía-Sa­bell, na vi­ven­da des­te úl­ti­mo. Dous gran­des con­ver­sa­do­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.