Viaxe po­la vi­da e a obra dun gran au­tor

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas -

Co­mo xa é tra­di­ción La Voz de Ga­li­cia ofre­ce aos seus lec­to­res ca­da 17 de maio un li­bro arre­dor da fi­gu­ra do au­tor homenaxeado co Día das Le­tras. Así, nes­te 2017 en­gá­de­se un novo vo­lu­me á co­lec­ción Bi­blio­te­ca Ga­lle­ga, crea­da por Juan Fer­nán­dez La­to­rre, fundador de La Voz, xun­to con An­drés Mar­tí­nez Sa­la­zar en 1885. Trá­ta­se do vo­lu­me Car­los Ca­sa­res. O neno que que­ría xo­gar co mun­do, e po­de­rá con­se­guir­se co exem­plar des­te mér­co­res de La Voz po­lo pre­zo de 1,95 eu­ros mais o cu­pón que fi­gu­ra no lom­bo do xor­nal.

Nes­ta ache­ga bio­grá­fi­ca An­tón Ri­vei­ro Coe­llo, bo co­ñe­ce­dor da vi­da e da obra de Ca­sa­res, ade­mais dos te­rri­to­rios ou­ren­sáns que per­ten­cían á xeo­gra­fía íntima do es­cri­tor homenaxeado, de­bu­lla os fi­tos vi­tais máis im­por­tan­tes do au­tor. Den­de a súa in­fan­cia ata con­ver­ter­se en li­te­ra­to e xestor cul­tu­ral, pa­san­do po­lo seu com­pro­mi­so con Ga­li­cia.

Es­pí­ri­to lú­di­co

Ri­vei­ro Coe­llo pro­pón unha sor­te de bio­gra­fía no­ve­la­da, que par­ti­ci­pa dese áni­mo con que Ca­sa­res afron­ta­ba o día a día, o de con­ver­ter o que vía, lía ou es­coi­ta­ba, en ma­te­rial pa­ra a literatura. Un es­pí­ri­to que non des­coi­da­ba tam­pou­co o hu­mor e a ver­ten­te lú­di­ca: co­mo di o bió­gra­fo, o neno que vía o mun­do co­ma un xo­gue­te.

O li­bro po­de­rá ad­qui­ri­se por 1,95 eu­ros máis o cu­pón no pe­rió­di­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.