Unha viaxe po­lo Uni­ver­so Ca­sa­res

RA­MÓN NI­CO­LÁS OFRE­CE A SÚA VI­SIÓN PERSOAL SO­BRE A TRA­XEC­TO­RIA LI­TE­RA­RIA DE CAR­LOS CA­SA­RES E UN­HAS RES­POS­TAS A UNHA EN­QUI­SA INÉ­DI­TA DO ANO 1969

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas - tex­to Ra­món Ni­co­lás

Pa­ra com­por es­tas li­ñas e re­en­con­trar­me con Ca­sa­res abro un exem­plar da edición ori­xi­nal de Ven­to fe­ri­do e ve­laí que a pri­mei­ra ilus­tra­ción en bran­co e ne­gro de Seoa­ne, a que deseña con lim­pe­za un ra­paz es­pi­do anoa­do a unha ár­bo­re e que acom­pa­ña o re­la­to O xo­go da gue­rra, apa­re­ce co­lo­rea­da dun la­ran­xa-car­ne que hu­ma­ni­za o neno: sos­pei­to que unha tras­na­da do meu fi­llo máis ve­llo cando non lía pe­ro sa­bía que os li­bros, ás ve­ces, vi­ñan ilus­tra­dos. A fal­ca­trúa, que ha­bía ser moi do gus­to de Ca­sa­res, evi­den­cia que es­te li­bro go­zou de vi­da pro­pia, que an­dou de aquí pa­ra aló du­ran­te anos, que se leu e re­leu e que, un día, caeu nas mans dun neno con ga­nas de pin­tar. Pa­ré­ce­me esta unha me­tá­fo­ra acaí­da pa­ra evi­den­ciar que os li­bros de Ca­sa­res es­tán sem­pre aí; po­den cam­biar as per­soas que os len pe­ro eles non e, nes­te ca­so par­ti­cu­lar, por ri­ba pro­mo­veu ten­ta­ti­vas artísticas que un des­cu­bre anos des­pois. No meu ca­so, co­mo de tan­tas ou­tras per­soas, a pre­sen­za li­te­ra­ria de Ca­sa­res per­pe­túa­se ata ho­xe, cla­ro é, mais evo­co es­pe­cial­men­te un tí­tu­lo co­mo O

sol do ve­rán que aso­cio a unha pre­sen­ta­ción pós­tu­ma, mul­ti­tu­di­na­ria e emo­cio­nan­te, nun atei­ga­do cine Fra­ga de Vi­go cun Ma­nuel Ri­vas fa­lan­do con ra­bia e pe­sar da­quel sol que xa non vol­ve­ría. Se­xa co­mo for, Ca­sa­res é unha fer­ven­za crea­ti­va que per­co­rreu os ca­mi­ños do mun­do da pa­la­bra co­mo o que era, is­to é, un es­cri­tor con maiús­cu­las. Do re­la­to cur­to á no­ve­la; do en­saio aos es­tu­dos bio­grá­fi­cos; da literatura in­fan­til á tra­du­ción, do co­lum­nis­mo en pren­sa ao seu la­bor co­mo con­fe­ren­cian­te; do mun­do da edición ao da pla­ni­fi­ca­ción cul­tu­ral…, dun­ha par­te dis­to ocú­po­me nas pá­xi­nas se­guin­tes ar­ti­cu­lan­do unha es­col­ma das súas obras que tes­te­mu­ña a vo­lu­mi­no­si­da­de, flui­dez e ori­xi­na­li­da­de dun dis­cur­so li­te­ra­rio úni­co. O cri­te­rio de prio­ri­zar a co­mu­ni­ca­ción, sem­pre den­tro das esi­xen­cias es­té­ti­cas ás que sem­pre foi fiel, con­ver­teu a súa obra na dun clá­si­co. Bo é re­co­ñe­ce­lo, bo é re­co­ñe­cer­se ne­la.

Res­pos­tas a un in­qué­ri­to iné­di­to (1969)

Xesús Alon­so Montero con­fi­gu­ra por vol­ta de 1968 un pro­xec­to que per­se­guía con­fec­cio­nar un cha­ma­do Di­cio­na­rio da no­va literatura ga­le­ga pa­ra o que aco­de, vía epis­to­lar, a un bo nú­me­ro de vo­ces a tra­vés dun cues­tio­na­rio. Ca­sa­res res­pon­de ao ano se­guin­te cando Cam­bio en tres es­ta­ba á es­pe­ra de re­ci­bir o vis­to e pra­ce da cen­su­ra men­tres pre­pa­ra­ba opo­si­cións na súa ca­sa. Ás cues­tións que sus­ci­tan máis in­tere­se, ao meu ver, son as que atin­xen á di­men-

Os li­bros de Car­los Ca­sa­res es­tán sem­pre aí: po­den cam­biar as per­soas que os len pe­ro eles non

sión so­cio­ló­xi­ca e des­te xei­to si­na­la que os es­cri­to­res máis in­fluen­tes nel son Cas­te­lao, Mar­tín-San­tos, Var­gas Llo­sa, Du­ras e Ca­mus; con­si­de­ra ur­xen­te a re­edi­ción da obra de Cas­te­lao e Ris­co; apun­ta a

Lon­ga noi­te de pe­dra co­mo o li­bro máis re­le­van­te en lin­gua ga­le­ga des­de os anos se­sen­ta e mós­tra­se de­vo­to da obra de Jor­ge Ama­do, Tor­ga, Na­mo­ra, Al­ves Re­dol ou Ma­ría Isa­bel Ba­rrei­ro. Que que­dou de to­do is­to na súa obra co pa­so dos anos? Tal­vez moi­to, mais iso que­da pa­ra ou­tra oca­sión. Po­lo de ago­ra re­vi­se­mos, de novo, a súa obra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.