En­saios e es­tu­dos bio­grá­fi­cos

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas -

CU­RROS EN­RÍ­QUEZ (1980)

Cu­rros, e a súa obra, fo­ron ob­xec­to dun­ha es­pe­cial aten­ción crí­ti­ca pa­ra Ca­sa­res. Edi­tou a súa poe­sía en va­rias oca­sións e es­cri­biu es­te per­fil bio­grá­fi­co pois, ao seu xuí­zo, pa­ra en­ten­de­lo ca­bal­men­te cum­pría co­ñe­cer a súa vi­da e o seu tem­po.

OTE­RO PE­DRA­YO (1977)

Ca­sa­res re­dac­tou a que foi a pri­mei­ra bio­gra­fía de Ote­ro de cer­ta en­ti­da­de e fí­xoo cun dis­cur­so trans­pa­ren­te, ma­ne­xan­do unha in­xen­te do­cu­men­ta­ción, ex­hi­bin­do un for­te pul­so na­rra­ti­vo e sem­pre des­de a ad­mi­ra­ción que sen­tiu por el.

VI­CEN­TE RIS­CO (1981)

O au­tor, que tra­tou a Vi­cen­te Ris­co nos úl­ti­mos de vi­da des­te, re­co­ñe­ce que esta bio­gra­fía a es­cri­biu des­de o «ca­ri­ño, a ad­mi­ra­ción in­te­lec­tual e a ami­za­de» coa pre­ten­sión de di­vul­gar, mais so­bre to­do de en­ten­der a súa fi­gu­ra po­li­fa­cé­ti­ca.

CON­VER­SAS CON ÁN­XEL FO­LE (1982)

No ron­sel da­quel «Unha du­cia de ga­le­gos» de Frei­xa­nes, Ca­sa­res dia­lo­ga con Fo­le du­ran­te se­te ho­ras e o re­sul­ta­do da­quel en­con­tro deseña un per­fil fo­leano «de cor­po en­tei­ro», im­pres­cin­di­ble pa­ra sa­ber máis dou­tro clá­si­co das no­sas le­tras.

RA­MÓN PI­ÑEI­RO, UNNHA VI­DA POR GA­LI­CIA (1991)

O pen­sa­men­to e o le­ga­do de Pi­ñei­ro ocu­pa­ron a Ca­sa­res re­co­rren­te­men­te co­mo tes­te­mu­ña esta pro­pos­ta que se com­ple­ta­ría cun nú­me­ro de «Grial» e cos tí­tu­los «Ra­món Pi­ñei­ro» (1996) e «Da mi­ña acor­dan­za» (2002)

UN PAÍS DE PA­LA­BRAS (1998)

Pa­ra min un dos li­bros máis ex­tra­or­di­na­rios de Ca­sa­res pois nel se amo­sa con trans­pa­ren­cia a súa pre­sen­za co­mo es­cri­tor. Co­ma se fo­se unha fon­te ines­go­ta­ble fa­la, con ame­ni­da­de e coa pa­la­bra xus­ta, da literatura, da vi­da pro­pia e da allea.

HE­MING­WAY EN GA­LI­CIA (1999)

O es­cri­tor nor­te­ame­ri­cano exer­ceu sem­pre unha in­dis­cu­ti­ble fas­ci­na­ción en Ca­sa­res de xei­to que in­ves­ti­gou so­bre as cin­co via­xes que o He­ming­way fi­xo por Ga­li­cia, se­guiu as súas pe­ga­das e deu­nas a co­ñe­cer nun li­bro re­cen­te­men­te edi­ta­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.