O mo­ra­lis­ta ca­mu­fla­do

O CA­SA­RES XORNALISTA NON ES­CRI­BE PA­RA PO­LE­MI­ZAR NIN PA­RA EX­PRE­SAR OPINIÓNS OU FA­CER PRO­SE­LI­TIS­MO: O SENTIDO DOS SEUS AR­TI­GOS SE­ME­LLA SER SÓ NA­RRA­TI­VO

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas - Fe­de­ri­co Co­cho

Car­los Ca­sa­res non es­cri­be so­bre a ac­tua­li­da­de por­que non é esa a súa pro­pos­ta xor­na­lís­ti­co­li­te­ra­ria. Ben ao con­tra­rio, pro­pon­se xus­ta­men­te es­cri­bir á mar­xe, que por iso se cha­ma­ba así a súa co­lum­na dia­ria. Pa­ra opi­nar so­bre os con­fli­tos po­lí­ti­cos ou so­ciais xa ten o lec­tor abon­do co res­to do xor­nal. O del son re­fe­ren­cias do pa­sa­do, anéc­do­tas li­te­ra­rias, pe­que­nas ob­ser­va­cións das súas via­xes, cu­rio­si­da­des… Mais ne­ses mi­cro­rre­la­tos que son as co­lum­nas de Á mar­xe agó­cha­se un tra­zo mo­ra­lis­ta. Des­có­breo unha in­mer­sión po­lo miú­do nos seus 365 de­rra­dei­ros ar­ti­gos en La Voz. Ca­sa­res non es­cri­be pa­ra po­le­mi­zar, nin se­que­ra pa­ra ca­na­li­zar unha ne­ce­si­da­de na­tu­ral de ex­pre­sar opinións. Moi­to me­nos pa­ra fa­cer pro­se­li­tis­mo. A in­ten­cio­na­li­da­de de Ca­sa­res, o sentido dos seus es­cri­tos, se­me­lla ser só na­rra­ti­vo. No seu es­ti­lo non co­llen o afán pon­ti­fi­ca­dor, nin a in­ten­ción pe­da­gó­xi­ca, nin a de­mos­tra­ción en­ci­clo­pé­di­ca. Cun­ha pai­xón con­fe­sa po­los de­ta­lles, o au­tor ou­ren­sán fu­xía das abs­trac­cións co­ma do de­mo. E do mes­mo xei­to que non fa­la­ba, se­nón que na­rra­ba, tam­pou­co es­cri­bía ar­ti­gos, se­nón que con­ta­ba his­to­rias. De que es­cri­bía e de que non es­cri­bía o ar­ti­cu­lis­ta máis li­do en Ga­li­cia? De­trás do seu de­pu­ra­do es­ti­lo sin­xe­lo, es­ca­sa­men­te ar­gu­men­ta­ti­vo, pó­den­se al­bis­car o te­ci­do ín­ti­mo dos ar­ti­gos e os va­lo­res e as re­fe­ren­cias cul­tu­rais, sim­bó­li­cas e ideo­ló­xi­cas (a non ideo­lo­xía ta­mén é ideo­lo­xía) das que se va­le, de­li­be­ra­da­men­te ou non, máis alá das apa­ren­cias. Na co­lum­na do 12 de fe­brei­ro de 2002, uns días an­tes de mo­rrer, evo­ca unha in­ci­den­cia pro­ta­go­ni­za­da po­lo xornalista Ju­lio Cam­ba. O ar­ti­go re­ma­ta des­te xei­to: «Non sei que esta his­to­ria ti­ve­se con­se­cuen­cias pa­ra Cam­ba, que xa da­que­la es­ta­ba con­ver­ti­do nun se­ño­ri­to e no gran pe­rio­dis­ta que se­ría des­pois. Por cer­to, que a el lle de­bo unha nor­ma co­mo co­lum­nis­ta: non fa­lar de política, nin de re­li­xión, nin de se­xo. Bo con­se­llo dun ve­llo anar­quis­ta».

Crí­ti­cas

To­da unha de­cla­ra­ción de prin­ci­pios de Ca­sa­res. No seu úl­ti­mo ano de Á mar­xe cum­priu, en xe­ral, con esa con­sig­na. Foi pre­ci­sa­men­te es­te dis­tan­cia­men­to dos pro­ble­mas so­ciais e po­lí­ti­cos in­me­dia­tos o que lle cus­tou más crí­ti­cas. E non só en­tre os seus de­trac­to­res. Sá­beo ben Xo­sé Luís Ba­rrei­ro Ri­vas, que xa ten con­ta­do ( Car­los Ca­sa­res en La Voz de Ga­li­cia) co­mo, sen­do vi­ce­pre­si­den­te da Xunta, re­pro­chou­lle ao es­cri­tor ou­ren- sán o em­pre­go da súa co­lum­na xor­na­lís­ti­ca co­mo eva­si­vo «adorno es­té­ti­co» e non co­mo fe­rra­men­ta de ac­ción so­cial e política. «Eu —re­tru­cou­lle Ca­sa­res— só fa­bri­co cul­tu­ras e iden­ti­da­des pa­ra que os po­lí­ti­cos lles dea­des for­ma e for­za». Va­lén­do­nos da téc­ni­ca de análise de con­ti­do de L. Bar­din, dos ar­ti­gos de Ca­sa­res po­de­mos in­fe­rir al­gúns in­di­ca­do­res de fre­cuen­cia te­má­ti­ca, en­tre os que so­bre­sae o de «ca­li­da­des hu­ma­nas», que apa­re­cen di­rec­ta­men­te en 81 oca­sións, se­gui­do das re­fe­ren­cias li­te­ra­rias (56) e das cu­rio­si­da­des (45). As ca­li­da­des ne­ga­ti­vas sub­xa­cen en ar­ti­gos en apa­ren­cia in­trans­cen­den­tes: es­tu­pi­dez, ruin­da­de, ig­no­ran­cia, in­to­le­ran­cia, des­con­fian­za... En sentido con­tra­rio, as pe­que­nas his­to­rias de Ca­sa­res le­van adoi­to un su­bli­ña­do de tra­zos po­si­ti­vos: a bon­da­de, a sa­be­do­ría, a ima­xi­na­ción, a inocen­cia, a to­le­ran­cia, os bos mo­dos, o sentido do hu­mor... A tra­vés dos seus per­so­na­xes, dese «fa­lar do co­ra­zón hu­mano» que el di­cía, hai unha ver­da­dei­ra olla­da mo­ra­lis­ta. To­da unha lis­ta­xe de com­por­ta­men­tos hu­ma­nos que se afean ou en­xal­zan co tra­zo fino do hu­mor ou me­dian­te afo­ris­mos e va­lo­ra­cións ex­pli­ci­ta­das no re­ma­te do ar­ti­go cun­ha bre­ve frase. Unha co­di­fi­ca­ción éti­ca su­til, ago­cha­da e ca­se im­per­cep­ti­ble pa­ra o lec­tor, pe­ro que adoi­ta nu­trir os seus ar­ti­gos. E unha sor­pre­sa: di­se que o hu­mor é unha das ca­rac­te­rís­ti­cas do ar­ti­cu­lis­mo de Ca­sa­res. Is­to é só unha ver­da­de re­la­ti­va. A análise de con­ti­do re­ve­la que o hu­mor, no fon­do, na for­ma ou no ton, só es­tá pre­sen­te nun 26% dos ar­ti­gos ana­li­za­dos. Di­to dou­tro xei­to: tres cuar­tas par­tes das co­lum­nas de Ca­sa­res son com­ple­ta­men­te se­rias.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.