Unha fies­tra á vi­da cos seus ma­ti­ces

AS SÚAS CO­LUM­NAS EN LA VOZ SON UN DOS PRO­XEC­TOS MÁIS SENLLEIROS DAS LE­TRAS GA­LE­GAS, Á AL­TU­RA DOS GRAN­DES DIARISTAS DA LITERATURA UNI­VER­SAL

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Letras Galegas - Xesús Fra­ga

Co­mo co­mu­ni­ca­dor na­to que era, Ca­sa­res em­pe­zou a es­cri­bir ce­do en La Voz O me­ca­nis­mo de ca­da un dos ar­ti­gos desen­vol­vía­se cun­ha pre­ci­sión de re­lo­xo

A de­rra­dei­ra co­lum­na de Car­los Ca­sa­res en La Voz, pu­bli­ca­da o 9 de mar­zo do 2002, fa­cía­se eco dun de­ba­te cu­rio­so: ¿be­ben ou non be­ben au­ga os coellos? Aquel ar­ti­go de Á mar­xe con­ti­ña as cla­ves de por que o es­cri­tor en­gaio­la­ba a tan­tos lec­to­res coas súas pe­zas dia­rias no xor­nal: abor­da­ba unha cu­rio­si­da­de que xe­ra­ba opinións e lem­bran­zas en­tre o pú­bli­co e o pro­pio Ca­sa­res, que ti­ra­ba do fío da me­mo­ria pa­ra fa­lar dou­tros coellos que apa­re­ce­ran po­la súa vi­da, an­tes de dar o gol­pe fi­nal que fa­cía que o tex­to saí­se da pá­xi­na pa­ra fi­car no ma­xín du­ran­te bas­tan­te tem­po; nes­te ca­so, o en­con­tro cun­ha per­soa des­agra­da­ble e des­cor­tés, ei­vas que, po­de de­du­cir­se da co­lum­na, ins­pi­ra­ban a des­apro­ba­ción do au­tor. Na ex­ten­sa pro­du­ción de quen cul­ti­vou con éxi­to tan­tos xé­ne­ros, do re­la­to á no­ve­la, do en­saio ao tea­tro, a fa­ce­ta xor­na­lís­ti­ca de Ca­sa­res non ocu­pa un lu­gar me­nor, se­nón maior, e non se­ría arris­ca­do afir­mar que cons­ti­túe un dos seus lo­gros máis so­bran­cei­ros. Co­mo co­mu­ni­ca­dor na­to que era, Ca­sa­res em­pe­zou a es­cri­bir ce­do en La Voz, on­de di­vul­ga­ba li­bros na súa sec­ción A le­di­cia de ler.

Axi­ña in­cor­po­rou as co­lum­nas de Á mar­xe, que a par­tir de 1992 se­rían dun­ha pe­rio­di­ci­da­de dia­ria que só o seu fa­le­ce­men­to foi quen de in­ter­rom­per.

Fo­ron dez anos nos que ape­nas fa­llou máis que unha ou dúas ve­ces á súa ci­ta cos lec­to­res, o que pro­du­ciu un con­xun­to dun­ha re­gu­la­ri­da­de na súa ex­ce­len­cia que mo­ve ao abraio. O me­ca­nis­mo de ca­da ar­ti­go desen­vol­vía­se con pre­ci­sión de re­lo­xo: unha lec­tu­ra, unha viaxe, un en­con­tro, unha lem­bran­za, pro­pi­cia­ba o re­la­to dun­ha his­to­ria ou anéc­do­ta, moi­tas ve­ces persoal, que Ca­sa­res ele­va­ba a unha ca­te­go­ría uni­ver­sal cun pe­che sor­pren­den­te.

Nes­tas co­lum­nas o es­cri­tor con­den­sa­ba o es­ti­lo que ca­rac- te­ri­za­ba to­da a súa obra: cla­ri­da­de e sin­xe­le­za ao ser­vi­zo da co­mu­ni­ca­ción co lec­tor, ao que tra­ta­ba co­mo un igual. Es­tas pe­zas eran ta­mén unha mos­tra de co­mo o moi­to que vi­vi­ra Ca­sa­res aín­da se am­plia­ba máis a tra­vés das lec­tu­ras e as fan­ta­sías, xa que por Á mar­xe po­dían des­fi­lar den­de per­so­na­xes de ac­tua­li­da­de a ou­tros que le­va­ban sécu­los mor­tos, den­de os no­mes máis cé­le­bres aos que per­ten­cían á súa xeo­gra­fía íntima. Do seu tío Be­ni­to a Ga­ga­rin, do Sal­ta­pa­lle­tas Leo­nar­do a Joy­ce, por así di­ci­lo.

Unha xa­ne­la aber­ta

A tra­vés des­tes ar­ti­gos, Ca­sa­res abría unha xa­ne­la po­la que olla­ba o mun­do e ao mes­mo tem­po per­mi­tía que os lec­to­res se aso­ma­sen ao seu, on­de al­gúns per­so­na­xes ad­qui­ri­ron unha di­ver­ti­da no­to­rie­da­de: o ca­so máis elo­cuen­te, o do ga­to Sa­muel, que fi­xo a súa apa­ri­ción en se­tem­bro de 1995 e xa fi­cou pa­ra sem­pre. Era unha das pre­sen­zas co­tiás nun uni­ver­so persoal que se sus­ten­ta­ba so­bre dous pia­res fun­da­men­tais, a me­mo­ria e as lec­tu­ras. O li­do, o vi­vi­do e o lem­bra­do, se mes­tu­ra­ban pa­ra agro­mar de xei­to in­di­so­lu­ble nunha pro­sa tan diá­fa­na co­mo ca­ti­va­do­ra, fa­cen­do de Á mar­xe un pro­xec­to sen­llei­ro, iné­di­to na literatura ga­le­ga e á al­tu­ra dou­tros cé­le­bres co­mo po­den ser o dia­rios do seu ad­mi­ra­do Tor­ga, Ca­mus ou Pepys.

En reali­da­de, a dos coellos non foi a de­rra­dei­ra co­lum­na de Ca­sa­res, se­nón a que ao día se­guin­te da súa morte apa­re­ceu en bran­co, evi­den­cian­do o gran ba­lei­ro que dei­xa­ba a súa des­apa­ri­ción.

CÉ­SAR QUIAN

Du­ran­te dez anos Ca­sa­res ape­nas fa­llou un par de ve­ces na súa ci­ta dia­ria cos lec­to­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.