ANIVER­SA­RIO DA OR­DE­NA­CIÓN EPIS­CO­PAL DE MON­SE­ÑOR DE LAS HERAS BER­ZAL

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Dumio -

O pa­sa­do día se­te de maio, domingo, cum­priu­se un ano da or­de­na­ción epis­co­pal, to­ma de po­se­sión e inau­gu­ra­ción do mi­nis­te­rio pas­to­ral de don Luís Ángel de las Heras Ber­zal, bis­po de Mon­do­ñe­do-Ferrol. Pa­ra ce­le­bra­lo o día seis de maio ti­vo lu­gar na Con­ca­te­dral de San Xiao de Ferrol un­ha Eu­ca­ris­tía, que pre­si­diu o pro­pio bis­po e na que con­ce­le­bra­ron va­rios sa­cer­do­tes e que foi can­ta­da po­la Co­ral Aran­di­na “Co­ra­zón de María”, que deu des­pois un con­cer­to so­li­da­rio. E o domingo, día se­te, na San­ta Igre­xa Catedral Ba­sí­li­ca de Mon­do­ñe­do, don Luís Ángel pre­si­diu, ás do­ce da ma­ñá, un­ha Eu­ca­ris­tía de ac­ción de gra­cias, na que con­ce­le­bra­ron ta­mén va­rios sa­cer­do­tes e que can­tou a Co­ral Aran­di­na “Co­ra­zón de María”, ofre­cen­do des­pois un con­cer­to so­li­da­rio. Os fon­dos que se re­cau­da­ron nos dous con­cer­tos van des­ti­na­dos a dous pro­xec­tos so­li­da­rios: Fa­mi­la e me­no­res de Cá­ri­tas de Mon­do­ñe­do- Ferrol e Pro­xec­to Fra­te­lli con ne­nos re­fu­xia­dos de Si­ria e Irak na fron­tei­ra do Lí­bano con Si­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.