Axenda

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1 - - Galacia -

LI XOR­NA­DA MUN­DIAL DAS CO­MU­NI­CA­CIÓNS SO­CIAIS

O domingo, día vin­te e oi­to de maio, so­lem­ni­da­de da As­cen­sión do Señor, ce­lé­bra­se a LI Xor­na­da Mun­dial das Co­mu­ni­ca­cións So­ciais co le­ma “Co­mu­ni­car esperanza e con­fian­za nos no­vos tem­pos”. Con es­te mo­ti­vo o pa­pa Fran­cis­co fi­xo pú­bli­ca un­ha men­sa­xe na que cha­ma a con­tri­buír á bus­ca dun es­ti­lo co­mu­ni­ca­ti­vo aber­to e creativo que tra­te de mos­trar posibles so­lu­cións e fa­vo­re­za un­ha ac­ti­tu­de ac­ti­va e res­pon­sa­ble nas per­soas ás que vai di­ri­xi­da a no­ti­cia.

DÍA DA AC­CIÓN CA­TÓ­LI­CA E DO APOS­TO­LA­DO SE­GLAR

O día ca­tro de xu­ño, domingo de Pen­te­cos­tés, ce­lé­bra­se a Día da Ac­ción Ca­tó­li­ca e do Apos­to­la­do Se­glar co le­ma “Saír, ca­mi­ñar e se­men­tar sem­pre de no­vo”. Es­ta Xor­na­da in­ví­ta­nos a se­men­tar a Pa­la­bra de Deus pa­ra ser­mos pro­mo­to­res do diá­lo­go na so­cie­da­de e cons­tru­to­res da ci­vi­li­za­ción do Amor. Des­te xei­to, po­de­re­mos trans­mi­tir os va­lo­res e ac­ti­tu­des que con­tri­búan a cons­truír un mun­do máis xus­to e máis fra­terno.

ARCIPRESTADO DE FERROL: AC­TI­VI­DA­DES DE FOR­MA­CIÓN

A de­rra­dei­ra das se­sións das ac­ti­vi­da­des de for­ma­ción que o arciprestado de Ferrol or­ga­ni­zou nes­te cur­so 2016-2017, vai ter lu­gar o día dez de xu­ño, des­de as on­ce ás trece ho­ras, na Do­mus Ec­cle­siae. Nes­ta se­sión, Alfonso Gil Mon­tal­bo, De­le­ga­do Epis­co­pal de Cá­ri­tas, fa­la­rá so­bre te­mas re­la­cio­na­dos con Cá­ri­tas.

DÍA PRO ORANTIBUS

O domingo, día on­ce de xu­ño, So­lem­ni­da­de da San­tí­si­ma Tri­ni­da­de, vai ce­le­brar­se o Día pro Orantibus co le­ma “Con­tem­plar o mun­do coa mi­ra­da de Deus” (C. F. Vul­tum Dei quae­re­re, 10). Os prin­ci­pais ob­xec­ti­vos des­ta Xor­na­da son orar a prol dos con­sa­gra­dos e con­sa­gra­das na vi­da con­tem­pla­ti­va, dar a co­ñe­cer a vo­ca­ción es­pe­ci­fi­ca­men­te con­tem­pla­ti­va e pro­mo­ver ini­cia­ti­vas pas­to­rais di­ri­xi­das a in­cen­ti­vas a vi­da de ora­ción. Na dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Ferrol hai cin­co co­mu­ni­da­des de vi­da con­tem­pla­ti­va en Ferrol, Mon­do­ñe­do, Ri­ba­deo e Vi­vei­ro (2)

FES­TA DE SAN AN­TÓN

San An­tón de Pa­dua ou de Lis­boa, co­mo lle cha­man os por­tu­gue­ses xa que na­ceu alí, é un dos santos máis po­pu­la­res da no­sa te­rra. Na maio­ría das igre­xas hai un­ha ima­xe súa. A súa fes­ta ce­lé­bra­se o día trece de xu­ño. Na dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Ferrol, a ro­ma­ría de San An­tón máis des­ca­ta­da é a que se ce­le­bra na pa­rro­quia de San Miguel da Ri­guei­ra, no con­ce­llo de Xo­ve, a on­de aco­den cen­tos de ro­mei­ros e de­vo­tos. Ta­mén na pa­rro­quia da Ca­ba­na no con­ce­llo de Ferrol ten lu­gar un­ha ro­ma­ría na hon­ra de San An­tón.

COR­PUS CH­RIS­TI

O domingo, día de­zaoi­to de xu­ño, ce­lé­bra­se es­te ano a So­lem­ni­da­de de Cor­pus Ch­ris­ti, un­ha xor­na­da de cul­to á Eu­ca­ris­tía. Moi­tas van ser as pro­ce­sións co San­tí­si­mo que per­co­rre­rán as rúas e pra­zas das vi­las e ci­da­des e ta­mén os adros da igre­xas do ru­ral. Así, cóm­pre sa­lien­tar as pro­ce­sións que van ter lu­gar en Mon­do­ñe­do, Ferrol, Foz, Ri­ba­deo, Vi­lal­ba, Vi­vei­ro... Mes­mo nal­gun­has des­tas lo­ca­li­da­des as rúas e pra­zas, po­las que pa­sa­rá a pro­ce­sión, es­ta­rán en­ga­la­na­das con fer­mo­sas e ar­tís­ti­cas al­fom­bras flo­rais.

XOR­NA­DA SO­BRE MI­GRA­CIÓN

O mér­co­res 7 de xu­ño, José Luís Pi­ni­lla, S.J., Di­rec­tor de Mi­gra­ción da Se­cre­ta­ría da CEE te­rá un­ha reunión pa­ra os sa­cer­do­tes no Bis­pa­do en Ferrol, ás on­ce trin­ta ho­ras. Po­la tarde, ás vin­te ho­ras, na Au­la Afun­da­ción, te­rá lu­gar un­ha conferencia aber­ta. Or­ga­ni­za Cá­ri­tas Dio­ce­sa­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.