No­vas das Dio­ce­ses, Con­cha Quin­te­la Axen­da

Con­cha Quin­te­la

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2 - - Portada -

Su­xe­ren­cias na re­de, Carlos Alonso Char­lón

DIO­CE­SE DE SAN­TIA­GO A CA­TE­DRAL DE SAN­TIA­GO PRE­SEN­TA O PRO­GRA­MA “DESCUBRINDO A CA­TE­DRAL”

A Fun­da­ción Ca­te­dral de San­tia­go e a Xun­ta de Ga­li­cia pre­sen­ta­ron o pa­sa­do día 17 o pro­gra­ma de di­fu­sión cul­tu­ral “Descubrindo a Ca­te­dral”, de promoción e pos­ta en va­lor do pro­xec­to de con­ser­va­ción da ba­sí­li­ca xa­co­bea. Es­te pro­gra­ma ins­pí­ra­se na pre­mi­sa de en­ten­der a Ca­te­dral de San­tia­go co­mo un tem­plo vi­vo que acolle a cen­tos de mi­les de pe­re­gri­nos e, á vez, un­ha ma­ra­bi­lla da ar­te uni­ver­sal, con­cen­tran­do rea­li­za­cións de gran va­lor des­de as súas ori­xes cons­tru­ti­vas.

O NO­VO CEN­TRO VIEIRO UN­HA REALI­DA­DE PA­RA OS SEN TEITO

O ar­ce­bis­po de San­tia­go, mon­se­ñor Julián Ba­rrio, ben­di­xo as ins­ta­la­cións do Cen­tro de Aten­ción So­cial Con­ti­nua­da “Vieiro”, de Cá­ri­tas Dio­ce­sa­na de San­tia­go, si­tua­do na rúa Ca­rre­tas, on­de se pres­ta­rá un­ha aten­ción maior ten­do en con­ta as ca­rac­te­rís­ti­cas das no­vas ins­ta­la­cións, cu­xas obras se fi­xe­ron con mo­ti­vo do Ano da Mi­se­ri­cor­dia e co­mo signo de com­pro­mi­so dio­ce­sano coas per­soas sen fo­gar. Du­ran­te a súa in­ter­ven­ción, mon­se­ñor Ba­rrio si­na­lou que “trá­ta­se dun pro­xec­to, sin­xe­lo nas súas for­mas pe­ro moi sig­ni­fi­ca­ti­vo na pre­ten­sión de su­bli­ñar a dig­ni­da­de da per­soa”. Po­la súa par­te o pre­si­den­te da Xun­ta de Ga­li­cia, Al­ber­to Núñez Fei­jóo, di­xo que Cá­ri­tas rea­li­za un tra­ba­llo fun­da­men­tal e que é “un axen­te im­pres­cin­di­ble pa­ra un­ha po­lí­ti­ca so­cial real e efec­ti­va”

O SE­MI­NA­RIO MAIOR DE SAN­TIA­GO XA TRA­BA­LLA NA CE­LE­BRA­CIÓN DA SÚA VI CEA SO­LI­DA­RIA PA­RA PER­SOAS SEN FO­GAR

Coa mes­ma in­ten­si­da­de e ilu­sión que des­de fai seis anos, o Se­mi­na­rio Maior pre­pa­ra ou­tra Cea So­li­da­ria pa­ra re­ca­dar fon­dos di­ri­xi­dos a aten­der a per­soas sen teito. É xa a sex­ta edi­ción des­ta ini­cia­ti­va que lo­grou con­ci­tar a aten­ción e o apoio de to­da a so­cie­da­de com­pos­te­lá. Nes­ta oca­sión, a Cea So­li­da­ria te­rá lu­gar o día 1 de de­cem­bro. E co­mo sem­pre, pre­via á cea desen­vol­ve­ra­se un­ha Eu­ca­ris­tía na Ca­pe­la do Se­mi­na­rio Maior, a par­tir das 20:00 ho­ras dese día. A cea, no co­me­dor da Hos­pe­de­ría San Mar­tín Pi­na­rio da­rá co­me­zo ás 21:00 ho­ras.

PONTEVEDRA ACOLLE TRES CUR­SOS PIONEIROS EN GA­LI­CIA EN FOR­MA­CIÓN SO­BRE O DUE­LO

Du­ran­te os pró­xi­mos me­ses, Pontevedra con­ver­te­ra­se en lu­gar de en­con­tro da­que­las per­soas in­tere­sa­das en pro­fun­dar a súa for­ma­ción teó­ri­co prác­ti­ca so­bre o due­lo, gra­zas aos tres cur­sos pioneiros en Ga­li­cia que so­bre es­ta ma­te­ria es­tán a or­ga­ni­zar o Cen­tro de Es­cu­cha San Ca­mi­lo de Pontevedra e o Cen­tro de Hu­ma­ni­za­ción da Saúde, en Ma­drid. Trá­ta­se de cur­sos aber­tos a to­do ti­po de per­soas e, es­pe­cial­men­te, aos pro­pios vo­lun­ta­rios do Cen­tro de Es­cu­cha, así co­mo a per­soal sa­ni­ta­rio, de re­si­den­cias, de centros de día e de ser­vi­zos fu­ne­ra­rios, psi­có­lo­gos, asis­ten­tes so­ciais, pro­fe­so­res, mo­ni­to­res e per­soas que tra­ba­llen con ne­nos e no­vos.

DIO­CE­SE DE OU­REN­SE RE­VIS­TA DIVERSARUM RERUM

Acá­ba­se de pu­bli­car o nú­me­ro 12 da re­vis­ta Diversarum Rerum, que edi­tan os Ar­qui­vos da Ca­te­dral e Dio­ce­sano, ade­mais dos Ami­gos da Ca­te­dral de Ou­ren­se. Con­ta con tra­ba­llos de in­ves­ti­ga­ción his­tó­ri­ca de in­te­re­se pa­ra co­ñe­cer me­llor a dio­ce­se e po­de ser con­sul­ta­da en PDF na sec­ción do Ar­qui­vo His­tó­ri­co Dio­ce­sano.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.