NA­DAL EN BE­GON­TE

La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2 - - Igrexa -

O día dous de de­cem­bro bo­ta­rá a an­dar a XLVI edi­ción do Be­lén Elec­tró­ni­co de Be­gon­te que co­mo é sa­bi­do é Fes­ta de In­te­re­se Tu­rís­ti­co de Ga­li­cia. Os ac­tos do Na­dal en Be­gon­te co­me­za­rán co pre­gón que te­rá lu­gar ás seis da tar­de na igre­xa pa­rro­quial de San Pedro de Be­gon­te des­pois dun­ha Mi­sa en lem­bran­za dos so­cios, co­la­bo­ra­do­res e ami­gos do Be­lén. O pre­goei­ro es­te ano vai ser Al­fon­so Ca­ba­lei­ro Du­rán, di­rec­tor de Ga­li­cia Ca­li­da­de. Can­ta­rá Mi­sa e des­pois ofre­ce­rá un con­cer­to de pan­xo­li­ñas o Or­feón Lu­cen­se, di­ri­xi­do por Mar­cos Fer­nán­dez Mos­que­ra. A con­ti­nua­ción, no Cen­tro Cul­tu­ral “José Do­mín­guez Gui­zán”, te­rán lu­gar os pri­mei­ros pa­ses do Be­lén Elec­tró­ni­co, que se po­de­rá vi­si­tar ata o 27 de xa­nei­ro de 2018. Co­ma to­dos os úl­ti­mos anos, ha­be­rá o cer­ta­me de Xor­na­lis­mo so­bre o Na­dal, o cer­ta­me na­cio­nal de poe­sía so­bre o Na­dal, o cer­ta­me de de­bu­xo in­fan­til so­bre o Na­dal e o cer­ta­me ga­le­go de Ar­te “José Do­mín­guez Gui­zán”. Co­mo no­vi­da­de nes­ta edi­ción, te­rá lu­gar a ex­po­si­ción Ima­xes do Na­dal na que me­dia du­cia de fo­tó­gra­fos ex­po­ñe­rán cin­co fo­to­gra­fías ca­da un so­bre o Na­dal, pri­mei­ro, a par­tir do quin­ce de de­cem­bro, na sa­la de Ex­po­si­cións da Xun­ta de Ga­li­cia en Lu­go e fi­nal­men­te, des­de o 29 de de­cem­bro, na Ca­sa da Cul­tu­ra de Be­gon­te. Ta­mén ha­be­rá dúas fi­gu­ras no­vas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.