ELLOS DI­CEN NO AL ACO­SO

O INS­TI­TU­TO É UN DOS PRIN­CI­PAIS ES­CE­NA­RIOS DO ACO­SO ES­CO­LAR. O PRE­SI­DEN­TE DOS DI­REC­TO­RES GA­LE­GOS LEM­BRA O LA­BOR VO­LUN­TA­RIO QUE FAN MOI­TOS PRO­FE­SO­RES E APOS­TA PO­LA EDU­CA­CIÓN E A PRE­VEN­CIÓN COMO ÚNI­CA SAÍ­DA PA­RA EVI­TAR QUE OS AGRE­SO­RES SE­XAN APOIA­DOS CO SIL

La Voz de Galicia (A Coruña) - ExtraVoz - - PORTADA - Por Mar­ta Otero fo­to San­dra Alon­so

Tres ex­per­tos ofre­cen las claves pa­ra ana­li­zar la si­tua­ción que su­fren decenas de ni­ños y ado­les­cen­tes

Ade­lino Po­se é di­rec­tor do ins­ti­tu­to Xu­lián Ma­ga­ri­ños, de Ne­grei­ra. Ade­mais, pre­si­de a Aso­cia­ción de Di­rec­to­res e Di­rec­ti­vos de Ins­ti­tu­tos Pú­bli­cos de Ga­li­cia, un co­lec­ti­vo moi sen­si­bi­li­za­do co te­ma do aco­so, que afec­ta es­pe­cial­men­te aos alum­nos ne­se tra­mo de ida­de. — O aco­so é un te­ma te­rri­ble que fi­xo e fai su­frir a moi­tos ne­nos e ado­les­cen­tes. ¿Hai ago­ra máis ca­sos que an­tes ou só estamos máis sen­si­bi­li­za­dos? —Ago­ra qui­zais to­da a so­cie­da­de es­tá máis sen­si­bi­li­za­da so­bre es­tes pro­ble­mas. Ao me­llor an­tes os ha­bía, pe­ro pa­sa­ban máis des­aper­ci­bi­dos. —¿ A edu­ca­ción es­tá no fon­do de to­do is­to? —Si, nós cre­mos so­bre to­do na pre­ven­ción e na edu­ca­ción pa­ra loi­tar con­tra o aco­so. É un te­ma que imos tra­tar no con­gre­so de di­rec­to­res que ce­le­bra­re­mos no mes de abril. Exis­te un pro­to­co­lo moi cla­ro, pe­ro nos preo­cu­pa a di­fi­cul­ta­de que te­mos pa­ra que nos che­gue a in­for­ma­ción can­do se dan ca­sos de es­te ti­po, por­que se os co­lle­mos a tem­po sem­pre se po­den adop­tar as me­di­das ne­ce­sa­rias. No úl­ti­mo ca­so que oco­rreu en Ma­drid nin se­que­ra os pais es­ta­ban en­te­ra­dos. O ma­lo é can­do o aco­sa­dor ou a aco­sa­do­ra ten for­za. O aco­sa­do xa bas­tan­te ten con es­tar aco­sa­do como pa­ra dar­nos a in­for­ma­ción. É moi im­por­tan­te ter en con­ta que a ví­ti­ma es­tá nun­ha cla­se con alum­nos; se te fi­xas, des­pois de que oco­rra un su­ce­so apa­re­ce xen­te que o sa­bía. —¿Como se loi­ta con­tra ese si­len­cio? —A pa­la­bra chi­va­to es­tá moi mal vis­ta. Estamos in­ten­tan­do uti­li­zar al­gun­has fe­rra­men­tas, ás ve­ces or­ga­ni­za­ti­vas, como po­de ser un bu­zón nun lu­gar dis­cre­to( por­que hai que man­te­ro ano­ni­ma­to), ou ben un co­rreo elec­tró­ni­co na pá­xi­na web do cen­tro... Nal- gúns cen­tros estamos tra­ba­llan­do a edu­ca­ción emo­cio­nal, e as asem­bleas de au­la nos axu­dan moi­to. Un alumno é o mo­de­ra­dor e ten un bas­tón no que día a día van­se me­ten­do crí­ti­cas, felicitacións, pro­pos­tas de for­ma anó­ni­ma. Nes­tas ida­des ca­se lle fan mais ca­so aos com­pa­ñei­ros que aos pais. O ob­xec­ti­vo é que, po­lo me­nos, os que aco­san se ve­xan un pou­co apar­ta­dos po­los seus com­pa­ñei­ros; e, ao mes­mo tem­po, que os aco­sa­dos e aco­sa­das se ve­xan un pou­co res­pal­da­dos. — Hai quen di que os pro­fe­so­res te­ñen que es­tar máis pen­den­tes. —Nós, como pro­fe­so­res e pro­fe­so­ras, te­mos que ter a ver­ten­te de pre­vir is­to dal­gun­ha ma­nei­ra, por­que des­pois, can­do o fei­to do aco­so es­ta moi con­so­li­da­do, a pre­ven­ción pa­sa a ser san­ción. Creo que as me­di­das pre­ven­ti­vas e edu­ca­ti­vas po­den axu­dar a so­lu­cio­nar boa par­te dos ca­sos, aín­da que non todos. _¿Os cen­tros es­tán pre­sio­na­dos con to­da a ex­pec­ta­ción me­diá­ti­ca que le­van­tan os ca­sos de aco­so? — Na pren­sa, como é na­tu­ral, saen os ca­sos máis du­ros, pe­ro non sae to­do o tra­ba­llo dia­rio que es­tán a fa­cer os pro­fe­so­res nas au­las pa­ra que a con­vi­ven­cia me­llo­re. As ve­ces iso non é apre­cia­do po­los pais e nais, pe­ro, en xe­ral, o cli­ma da con­vi­ven­cia nos ins­ti­tu­tos pú­bli­cos é bo en Ga­li­cia. Oxa­lá que non oco­rre­ran ca­sos pun­tuais, pe­ro a ve­ces é inevi­ta­ble. —¿Hai apoio pa­ra as ini­cia­ti­vas en con­tra do aco­so? —Des­de os cen­tros estamos fa­cen­do un la­bor vo­lun­ta­rio, pe­ro aín­da nos que­da moi­to que an­dar. Fai fal­ta máis res­pal­do da Ad­mi­nis­tra­ción, que es­tá pen­den­te do pro­to­co­lo e dos pa­peis que do la­bor dia­rio que hai que fa­cer nas au­las.

«Na pren­sa non sae to­do o tra­ba­llo dia­rio que es­tán a fa­cer os pro­fe­so­res nas au­las pa­ra que a con­vi­ven­cia me­llo­re»

UN­HA RE­DE PO­LA

CON­VI­VEN­CIA

PO­SI­TI­VA. Pre­to de trin­ta cen­tros

con­for­man a Re­de de Cen­tros

pa­ra un­ha Con­vi­ven­cia po­si­ti­va, que rea­li­za en­con­tros pe­rió­di­cos pa­ra

in­ter­cam­biar ex­pe­rien­cias que axu­den a pro­fe­so­res e alum­nos

a su­pe­rar as si­tua­cións de de­sigual­da­de que ro­dean o aco­so

es­co­lar

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.