Peza to­ca­da

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - AGENDA - Xan R. Sil­var

Meu pai era afec­cio­na­do ao xa­drez. Ti­ña li­bros de xo­ga­das dos gran­des mes­tres, cos que prac­ti­ca­ba na ca­sa, on­de o ta­bo­lei­ro e a caixa coas pe­zas Stau­ton ocu­pa­ban un re­can­to da sa­la fa­mi­liar. Fre­cuen­ta­ba con al­gúns ami­gos as me­sas do club fe­rro­lán de xa­drez, que lu­cían no ca­fé bar Ru­bal­ca­va, es­qui­na de Ru­bal­ca­va con Igre­xa, on­de se xo­ga­ban par­ti­das e fa­cían com­pe­ti­cións na­quel Fe­rrol dos anos se­sen­ta. Den­de as bei­ra­rrúas po­dían ver­se as ca­be­zas in­cli­na­das so­bre os ta­bo­lei­ros, a vis­ta fi­xa so­bre os es­ca­ques e as pe­zas, a ten­sión me­di­da adi­vi­ñá­ba­se nas ca­ras con­cen­tra­das dos xo­ga­do­res. Can­do eu, o maior dos fi­llos, ti­ven ida­de pa­ra sen­tar­me á me­sa e mo­ver as pe­zas, re­ci­bín as mi­ñas pri­mei­ras no­cións do xo­go: as re­gras dos mo­ve­men­tos, al­gun­ha aper­tu­ra bá­si­ca, e a ne­ce­si­da­de de ela­bo­rar un­ha es­tra­te­xia e adi­vi­ñar a do con­tra­rio, pa­ra re­ela­bo­rar de ca­mi­ño a pro­pia. Mais por ri­ba de to­das es­tas re­co­men­da­cións, es­ta­ba a re­gra in­vio­la­ble: «peza to­ca­da, peza mo­vi­da»; can­do se to­ma­ba a de­ci­sión de mo­ver e a man pou­sa­ba so­bre a peza, xa non ha­bía re­torno, nin «equi­vo­quei­me, po­do vol­ver?», a peza de­bía ocu­par eli­xi­do e un ti­ña que pe­char coas con­se­cuen­cias. O cer­to é que co­mo xo­ga­dor de xa­drez saín­lle ao au­tor dos meus días un desas­tre. Afei­to a con­trin­can­tes de cer­ta en­ti­da­de, non ti­ña pa­cien­cia pa­ra as cur­tas ha­be­len­cias do seu pri­mo­xé­ni­to, e xo­ga­ba a súa par­ti­da... e a mi­ña. Así que op­tei por ou­tros xo­gos e ac­ti­vi­da­des pa­ra os que, aín­da así, eses pou­cos prin­ci­pios do xa­drez apren­di­dos té­ñen­me axu­da­do non pou­co. Non sei si os pro­ta­go­nis­tas da ini­cia­ti­va in­de­pen­den­tis­ta ca­ta­lá e o go­berno de Es­pa­ña te­ñen tan cla­ro es­tas en­si­nan­zas do xo­go mi­le­na­rio. O en­ro­que non re­sol­ve na­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.