Mal de al­tu­ra

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - AGENDA - Eduar­do Fra Mo­li­ne­ro

UUn­ha das me­llo­res cou­sas Uque lle po­de pa­sar a un­ha ci­da­de é mar­car­se un rit­mo de ca­rrei­ra cons­tan­te sen ti­róns brus­cos nin pa­ra­das en se­co. Que a vi­da flúa con cer­ta iner­cia Aín­da que os po­lì­ti­cos tu­rren é ben que a vi­da si­ga o seu cur­so na­tu­ral.

O al­cal­de de Fe­rrol ven de fa­lar. Foi un­ha re­fle­xión, un­ha con­fe­sión. Sin­ce­rou­se o ho­me pro­cla­man­do que os 25 po­lí­ti­cos do Con­ce­llo ( El ta­mén) «non es­tán á al­tu­ra da ci­da­de».

Al­go sa­bia­mos. Al­go nos che­ga­ra, pe­ro tam­pou­co no no­so estado me­lan­có­li­co so­mos de to­mar en se­rio o que pa­sa den­tro dese edi­fi­cio pom­po­so que no seu día es­tra­gou a pra­za de Ar­mas. A al­tu­ra da ci­da­de da­lla Ca­ni­do e máis Ca­ta­bois. Su­bes a Ca­ni­do e ves as Me­ni­nas. En Ca­ta­bois o Cam­po­san­to re­za sic tran­sit glo­ria mun­di.

¿Cal se­rá a pe­núl­ti­ma frus­tra­ción do al­cal­de da ci­da­de? Se no­la con­ta­se ex­pli­ca­ría­mos esa quei­xa exis­ten­cial tan ca­te­gó­ri­ca e uni­ver­sal. Non é ha­bi­tual es­coi­tar a un po­lí­ti­co laiar­se sen­ti­men­tal­men­te a co­ra­zón aber­to. Iso era cou­sa dos san­tos an­ti­gos can­do mar­cha­ban da ci­da­de pe­ca­do­ra sa­cun­dín­do­se o pó das zo­cas ( ou a la­ma) .

O ca­so é que xus­to ao día se­guin­te do laio anun­cia­ron un par­ti­do no­vo. Un par­ti­do de xu­bi­la­dos e para xu­bi­la­dos. Un par­ti­do que es­tea á al­tu­ra de Fe­rro­li­ño.

E to­do is­to coin­ci­din­do co pa­sa­men­to de Chi­qui­to de la Cal­za­da. Por un mo­men­to ti­ven a vi­sión do có­mi­co. Co­rría, chia­ba se­gui­do cos seus pa­si­ños e chim­pos por dian­te das co­lum­nas fal­sas do Con­ce­llo. «Por la glo­ria de mi ma­dre, al­cal­de pu­ro de oli­va».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.