A his­to­ria de amor de María Victoria Moreno co ga­le­go re­vi­viu na co­mar­ca

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - COMARCAS -

A co­mar­ca re­vi­viu a his­to­ria de amor que di­cía sen­tir coa lin­gua María Victoria Moreno, a mes­tra e es­cri­to­ra es­tre­me­ña á que se ren­deu ho­me­na­xe es­te ano po­lo Día das Le­tras Ga­le­gas. Os en­con­tros li­te­ra­rios e lú­di­cos su­ce­dé­ron­se po­la zo­na, des­de Na­rón, coas ac­ti­vi­da­des cen­trais na pra­za da Lectura, en San­ta Icía, a Moe­che, co con­cer­to de Sara Gue­rrei­ro e Javier Rodríguez; Ma­ñón, cun­ha char­la e mú­si­ca de Ju­lia María Do­pi­co; Val­do­vi­ño, on­de se en­tre­ga­ron os pre­mios do con­cur­so de re­la­to cur­to e de­bu­xo; Pon­te­deu­me, cos xo­gos tra­di­cio­nais; ou San Sa­dur­ni­ño, on­de mes­tu­ra­ron as gai­tas coa pro­xec­ción do do­cu­men­tal da Aso­cia­ción Cul­tu­ral Mi­llo so­bre a au­to­ra.

Pe­ro aín­da que­dan por dian­te ci­tas coas Le­tras Ga­le­gas. O Tra­diCo­ro de Ai­ri­ños de Fe­ne ac­tua­rá ho­xe (19.30 ho­ras) no cen­tro cí­vi­co de Ca­ran­za. No Círcu­lo Mer­can­til e In­dus­trial Uni­da­de de Fe­ne, ma­ñá (20.00) pre­sen­ta­ra­se o li­bro ga­ña­dor do tri­xé­si­mo cer­ta­me de poe­sía Xo­se­ma­ría Pérez Pa­ra­llé, co au­tor, Carlos Li­xó. Ta­mén o sábado (12.00), no Mer­ca­do de Moe­che, o ar­tis­ta Ma­noel Fe­li­sa in­ter­pre­ta­rá te­mas de Ho­me­na­xe aos poe­tas; men­tres que no Teatro de Be­ne­fi­cen­cia soa­rá a Ban­da de Mú­si­ca de Or­ti­guei­ra (19.00); no lo­cal so­cial da Vei­ga, en San Sa­dur­ni­ño, te­rá lu­gar o se­gun­do en­con­tro in­fan­til de can­ta­res tra­di­cio­nais, ás 18.30; e no au­di­to­rio das Pon­tes pro­xec­ta­ra­se a pe­lí­cu­la Dhogs en ver­sión ori­xi­nal, ás 19.00 e ás 22.00.

JOSÉ PARDO

Fes­ta na pra­za da Lectura, en San­ta Icía. O pro­gra­ma «N de Na­rón. A fes­tas das Le­tras» en­cheu de vi­da a pra­za, con mú­si­ca tra­di­cio­nal, xo­gos pa­ra os ca­ti­vos ou ven­da de li­bros.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.