De rúas

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - AGENDA - Eva M. Mon­te­ro

Co­me­za­rei dei­xan­do cla­ro que me de­cla­ro fe­mi­nis­ta e par­ti­da­ria de re­co­ñe­cer a tra­vés de can­ta ini­cia­ti­va se pro­po­ña ás moi­tas mu­lle­res que en to­dos e ca­da un dos ám­bi­tos da vi­da dei­xa­ron o seu si­nal. Por iso, a idea do go­berno mu­ni­ci­pal de dar­lle a 24 rúas de Fe­rrol o no­me de mu­lle­res re­le­van­tes pa­ré­ce­me, a prio­ri, po­si­ti­va. É máis, creo que ne­ses viais de­be­ría co­lo­car­se un­ha pla­ca ex­pli­ca­ti­va so­bre a mu­ller re­co­ñe­ci­da, pa­ra pro­fun­dar nun co­ñe­ce­men­to a miú­do in­su­fi­cien­te.

Es­ta me­di­da non é no­va. En di­ver­sas ci­da­des —al­gun­has pró­xi­mas, co­mo A Co­ru­ña, on­de o Ob­ser­va­to­rio de Igual­da­de di­ri­xi­do en­tón por Ol­ga Pa­ti­ño, re­cen­te­men­te fa­le­ci­da, li­de­rou un­ha ini­cia­ti­va si­mi­lar— xa se te­ñen to­ma­do es­tes acor­dos. Ata aquí, to­do per­fec­to. Pe­ro a mi­ña sor­pre­sa pro­dú­ce­se can­do me de­ca­to de que es­ta me­di­da vai­se apli­car en rúas xa exis­ten­tes e, nal­gúns ca­sos, con no­mes cun for­te arrai­ga­men­to, co­mo a Rúa do Cris­to en Fe­rrol Ve­llo ou a da Es­tre­la en Ca­ni­do. En can­to ás Ca­sas da Ba­zán, tam­pou­co se­me­lla o máis idó­neo «re­bau­ti­zar» un­has rúas que son iden­ti­fi­ca­das por le­tras e nú­me­ros, pe­ro nas que re­si­den moi­tas per­soas maio­res ás que su­po­ría un ver­da­dei­ro pro­ble­ma non só afa­cer­se aos no­vos no­mes, se­nón rea­li­zar os trá­mi­tes ad­mi­nis­tra­ti­vos que se de­ri­van des­te cam­bio. E, di­go eu: non hai es­pa­zos pú­bli­cos sen no­me ou rúas, pra­zas ou ca­mi­ños de no­va crea­ción? Por su­pos­to que a es­tas mu­lle­res se lle ten que dar es­te re­co­ñe­ce­men­to, pe­ro non xe­ran­do con­fli­tos. Nin po­la ve­ci­ñan­za nin po­las pro­pias mu­lle­res, que me­re­cen a ho­me­na­xe cun apoio ci­da­dán que, es­tou se­gu­ra, se­ría uná­ni­me con ou­tra for­mu­la­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.