Fau­na sal­va­xe: xa­ba­rín e lo­bo

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - FERROL - Manuel Pi­ta Méndez

Es­ta­mos en ple­na épo­ca de pro­duc­ción de mi­llo. A plan­ta es­tá coa súa ma­za­ro­ca a pleno ren­de­men­to e quen me­llor o sa­be é o xa­ba­rín. Fai uns día cha­mou­me un ve­ci­ño pa­ra que vi­ra un­ha fin­ca de dez fe­rra­dos arra­sa­da prác­ti­ca­men­te no seu in­te­rior. O xa­ba­rín é moi as­tu­to. En­tra na fin­ca e non co­me por fó­ra, pa­ra dar a sen­sa­ción de que non es­tá ou es­tu­vo alí. Arra­sa den­tro e den­de fó­ra pa­re­ce que non pa­sou na­da. Es­te ho­me, de cer­ta ida­de, cho­ra­ba vendo a des­fei­ta por­que es­te mi­llo uti­li­zao pa­ra man­ter un por­co, un­has ga­li­ñas e unos po­los e axu­dar­lle con is­to á súa pen­sión de 672 eu­ros men­suais. Ani­meino a de­nun­ciar e dí­xo­me que xa cha­ma­ra ao 112 e a res­pos­ta foi que pa­ra que iba a de­nun­ciar se non lle iban dar na­da. Quen me de­ra ser lis­to, dí­xo­me, e po­der fa­cer­me co vi­rus da pes­te por­ci­na afri­ca­na. O que fai a de­ses­pe­ra­ción. Non hai nin­guén máis res­pe­tuo­so co me­dio que quen vi­ve del, pe­ro se o dei­xa­mos aban­doa­do á súa sor­te na súa reac­ción só ca­ben dúas op­cións: ou el (xa­ba­rín ou lo­bo), ou eu (per­soas afec­ta­das).

Es­ta­mos coa pro­pa­gan­da de fi­xar po­boa­ción no ru­ral, pe­ro cu­ri­so­a­men­te fa­las con eles e que­ren ir­se. Pe­ro co­mo dí o hu­mo­ris­ta Ro­ber­to Vi­lar: «Mar­chan por­que te­ñen que mar­char».

Su­pé­raos a im­po­ten­cia. Si o lei­te e a car­ne te­ñen o mes­mo pre­zo de fai vin­te anos e to­do o que se ne­ce­si­ta pa­ra pro­du­cir se ac­tua­li­zaou (ma­qui­na­ria, com­bus­ti­bles, pien­sos, sul­fa­tos, abo­nos...) e a mio­res si o que pro­du­cen es­tá a ex­pen­sas da fau­na sal­va­xe ¿có­mo po­den vi­vir? Os pro­mo­to­res des­ta pro­pa­gan­da ¿on­de te­ñen os seus fi­llos? Po­si­ble­men­te es­tu­dian­do en boas uni­ver­si­da­des ou fa­cen­do más­te­res no ex­tran­xei­ro, e can­do es­te­ñan ben si­tua­dos vol­ta­rán pa­ra res­tau­rar a ca­sa da al­dea e na fo­sa de pu­rín fa­cer un­ha pis­ci­na e así «fi­xar­se no ru­ral», pe­ro non pa­ra vi­vir del.

Qui­xe­ra en­viar un SOS as ad­mi­nis­tra­cións, den­de con­ce­llos, dipu­tacións, Xun­ta e quen hai­ba máis arri­ba. Si a fau­na sal­va­xe é de to­dos, te­mos que man­te­la to­dos, in­dem­ni­zan­do o cos­te real de pro­duc­ción por fe­rra­do de mi­llo ou fe­rra­do de pas­ti­zal, no ca­so do xa­ba­rín; ou o cos­te real da re­po­si­ción, no ca­so do lo­bo can­do se tra­te de ove­llas, xa­tos ou ca­ba­los.

A in­de­mi­za­ción ten que co­brar­se en trin­ta días den­de que se cau­sa o dano, por­que o que ten que com­prar fo­rra­xe ou re­po­ñer ani­mais non po­de agar­dar un ano. Aín­da que hai­ba xen­te de ci­da­de ou po­lí­ti­cos de des­pa­cho que non o sai­ban, os ani­mais co­men to­dos os días do ano.

A xen­te afec­ta­da por es­tes ani­mais, que de­nun­cie, aín­da que lles di­gan que non lles van dar. Xa sa­ben co­mo se mo­ve o no­so país. Se non hai de­nun­cia, non hai pro­ble­ma «y Es­pa­ña va bien».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.