Maxia nas pa­la­bras e nos so­ños

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS -

Ma­ría Ca­no­sa pe­tou en va­rias oca­sións na por­ta dun dos ga­lar­dóns máis pres­ti­xio­sos no ám­bi­to da li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil co­mo é o Pre­mio Mer­lín, de­ci­sión que nos dei­xou mag­ní­fi­cos li­bros co­mo son Ru­bi­cun­do (2015) ou A

ca­za­do­ra de es­tre­las (2017). Che­ga ago­ra Mu­riel, ava­la­do con aquel re­co­ñe­ce­men­to e que es­tes días pro­cu­ra un oco nas no­sas li­bra­rías.

Se, dun xei­to sin­té­ti­co, ti­ve­se que sa­lien­tar al­gúns dos va­lo­res que en­ce­rra

Mu­riel di­ría que a sen­si­bi­li­da­de crea­ti­va, por un la­do, e a ta­len­to­sa car­ga ima­xi­na­ti­va bai­xo a que se idea. Sen­si­bi­li­da­de crea­ti­va por­que Ca­no­sa é quen de cons­truír un dis­cur­so na­rra­ti­vo, arrou­pa­do nun re­xis­tro li­te­ra­rio moi coida­do e fluí­do, co ob­xec­ti­vo ini­cial de es­cul­car ne­ses ocos que que­dan nun neno, coa «me­lan­co­lía pen­du­ra­da dos ollos» tras a des­apa­ri­ción da súa avoa.

COM­PLI­CI­DA­DE

Se­rán así os ob­xec­tos, as cou­sas, os li­bros e os sen­ti­men­tos os que se vaian re­ves­tir dou­tro sig­ni­fi­ca­do pa­ra de­man­dar­nos un chis­co de com­pli­ci­da­de de xei­to que, des­de eses ba­lei­ros, asis­ta­mos á cons­tru­ción va­ga­ro­sa dun uni­ver­so crea­ti­vo sol­ven­te, con per­so­na­xes e es­pa­zos xus­tos mar­ca­dos por con­tras­tes sig­ni­fi­ca­ti­vos. En­tre eles sa­lien­tan mun­dos que, ma­lia pro­xi­mi­da­de, vi­ven de cos­tas co­mo son Car­ta­ria —esa vi­la tris­te on­de rei­na o si­len­cio— e Mar­ti­ñei­ra, sím­bo­los da som­bra e da luz, do gris e da luz. Am­bos os dous es­pa­zos si­túan­se ne­se te­rri­to­rio hí­bri­do a ca­ba­lo en­tre a fan­ta­sía e a reali­da­de, co­ma se es­ti­ve­sen dis­pos­tos así pa­ra que ca­da­quén in­ter­pre­te as ra­zóns da súa exis­ten­cia ou aqui­lo que sim­bo­li­zan. En­tre eles rea­lí­za­se aco­tío un­ha tran­si­ción que se con­se­gue cun­ha na­tu­ra­li­da­de ad­mi­ra­ble, co­mo ta­mén o éa fu­sión en­tre o que acon­te­ce en pla­nos co­mo son a te­rra e no ai­re ou a in­te­gra­ción deses mo­ti­vos que a au­to­ra nun­ca es­que­ce co­mo, por ci­tar un, os que be­ben do mun­do cien­tí­fi­co.

As in­cóg­ni­tas, os enig­mas con­ti­nuos que pai­ran por to­do o ar­gu­men­to re­sul­tan ope­ra­ti­vos pa­ra prender a aten­ción nes­tas pá­xi­nas: un lei­tei­ro enig­má­ti­co que lo­go se­rá ou­tra cou­sa, un ra­po­so fan­tás­ti­co que acom­pa­ña a Mu­riel e ou­tros per­so­na­xes con­dú­cen­nos a un dos ei­xes cen­trais da pro­pos­ta co­mo son as car­tas, esas que non se es­cri­ben xa, esas que ate­sou­ran in­for­ma­ción e emo­ción. Con Mu­riel, en­tre ou­tros mé­ri­tos, de­vól­ven­se­nos as ga­nas de vol­ver es­cri­bi­las: un ver­da­dei­ro ga­lano des­ta equi­li­bris­ta dos nú­me­ros e das le­tras que é Ma­ría Ca­no­sa.

SAN­TI GA­RRI­DO

MU­RIEL AU­TO­RA

MA­RÍA CA­NO­SA EDI­TO­RIAL

XE­RAIS

192 PÁ­XI­NAS 12,50 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.