EN CA­MI­ÑO

AS RU­TAS DO APÓS­TO­LO MESTÚRANSE COA NA­TU­RE­ZA

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - ESPECIAL DÍA DO APÓSTOLO - CRIS­TÓ­BAL RA­MÍ­REZ TEX­TOS

A BE­LE­ZA DA PAISAXE INUNDA OS CAMIÑOS DE SAN­TIA­GO, QUE CRU­ZAN LU­GA­RES DUN ENOR­ME VA­LOR NA­TU­RAL, MOI­TOS DE­LES ES­PA­ZOS PROTEXIDOS E QUE IN­VI­TAN A GO­ZAR DA ANDAINA.

Bos­ques, la­goas e montes, moi­tos montes. Praias, can­tís e ríos. Os Camiños de San­tia­go cru­zan en Ga­li­cia moi­tos lu­ga­res de enor­me va­lor na­tu­ral. Un bo fei­xe de­les for­man par­te de es­pa­zos protexidos por lei. Ou­tros non, en oca­sións po­lo seu pe­queno ta­ma­ño, pe­ro en nin­gún ca­so iso lles res­ta en­can­to. Es­ta é un­ha bre­ve se­lec­ción de­les. Son to­dos os que es­tán, pe­ro, den­de lo­go, nun­ca me­llor di­to que non es­tán to­dos os que son. Desem­bo­ca­du­ra do Lam­bre. Pa­sa­da a lo­ca­li­da­de de Mi­ño (Ca­mi­ño In­glés) des­cén­de­se sua­ve­men­te pa­ra en­trar nun­ha zo­na areo­sa que se ex­pan­de de ma­nei­ra sor­pren­den­te coa ma­rea bai­xa. É a desem­bo­ca­du­ra do río Lam­bre, que o pe­re­grino cru­za ho­xe en día por un­ha pon­te do sécu­lo XIX inau­gu­ra­da pola raí­ña Isa­bel II. To­da esa zo­na es­tá de­cla­ra­da Re­de Na­tu­ra, e é dun­ha gran im­por­tan­cia or­ni­to­ló­xi­ca. Un­ha vez na pon­te, o ca­mi­ñan­te de­be mi­rar ao mar aber­to. Se é bai­xa­mar, ao fon­do á de­rei­ta ve­rá o que que­da dun bar­co. É o Juan de la Ma­ta. Par­que do Car­boei­ro. É a en­tra­da a Si­güei­ro (Ca­mi­ño In­glés), tras 1.600 me­tros moi me­llo­ra­bles on­de man­da o as­fal­to. To­do ese te­rreo, co­ñe­ci­do co­mo A Ulloa, foi re­cu­pe­ra­do en tem­pos re­cen­tes, e des­pois dos pri­mei­ros cen me­tros ocu­pa­dos por un bos­que au­tóc­tono que re­ma­ta nun­ha pe­que­na pon­te his­tó­ri­ca (qui­zais por ela ou a súa an­te­ce­so­ra pa­sou Carlos I rum­bo á Co­ru­ña) o pe­re­grino en­tra nun te­rreo do­mes­ti­ca­do, un au­tén­ti­co xar­dín que lle rou­ba pro­ta­go­nis­mo á na­tu­re­za sal­va­xe pe­ro non be­le­za. Pon­te Ma­cei­ra. Un­ha pon­te post­me­die­val so­bre ba­se ro­ma­na, moi co­ñe­ci­da (Pro­lon­ga­ción a Fis­te­rra e Mu­xía). Pe­ro o que xa non fi­gu­ra en moi­tas guías é o qui­ló­me­tro se­guin­te, prac­ti­ca­men­te pe­ga­do o ca­rrou­cho ao río Tam­bre, un­ha pa­ra­xe de­sas que que­dan na re­ti­na.

En­tre San Cris­to­vo de Cea

e Osei­ra. Ou pa­ra se­ren máis exac­tos, den­de uns me­tros des­pois do san­tua­rio da Vir­xe da Sa­le­ta ata un qui­ló­me­tro e me­dio an­tes do mos­tei­ro de Osei­ra (Ca­mi­ño do

Sues­te). Trá­ta­se dun­ha des­via­ción xa clá­si­ca posto que o iti­ne­ra­rio prin­ci­pal bus­ca di­rec­ta­men­te o al­to de Do­zón sen dar esa re­vi­ra­vol­ta que le­va a un dos máis im­pre­sio­nan­tes ce­no­bios de Ga­li­cia. Ese tra­mo vai por un­ha ve­lla co­rre­doi­ra, sen nú­cleo de po­boa­ción al­gún, que per­mi­te ao pe­re­grino mer­gu­llar­se en tem­pos pa­sa­dos. Nes­te tra­mo do per­co­rri­do a ve­xe­ta­ción é a tí­pi­ca do in­te­rior de Ga­li­cia, cun­ha gran abun­dan­cia de to­xo. Subida da Xes­ta. A saí­da de Mondoñedo (Ca­mi­ño do

Nor­te) pre­sén­ta­se có­mo­da nos pri­mei­ros me­tros. Pe­ro pou­co a pou­co o pe­re­grino vai avan­zan­do ca­ra a un au­tén­ti­co mu­ra­llón, un­ha mon­ta­ña cun­ha aba tan em­pi­na­da que nun pri­mei­ro mo­men­to máis dun pen­sa que non vai ser po­si­ble aco­me­te­la. Pe­ro éo. E por un ca­mi­ño an­cho que vai dan­do vol­tas á des­tra, vol­tas á si­nis­tra. A ve­xe­ta­ción é moi es­pe­sa ata che­gar arri­ba, ao al­to da Xes­ta, e es­tá ca­rac­te­ri­za­da por es­pe­cies ar­bó­reas au­tóc­to­nas. Un au­tén­ti­co bos­que. Fra­ga de Bar­ba­de­lo. Xus­to a saí­da de Sa­rria (Ca­mi­ño Fran­cés) nun­ca fi­gu­ra­rá nos

guías de lu­ga­res con en­can­to. Pe­ro un­ha vez cru­za­da a vía do tren co­me­za un­ha subida a tra­vés dun­ha fra­ga sen igual que vai re­ma­tar nun­ha igre­xa em­ble­má­ti­ca, a de Bar­ba­de­lo, pos­ta bai­xo a ad­vo­ca­ción —fal­ta­ría máis— do Após­to­lo San­tia­go.

Enseada de San Si­món. É un LIC (Lu­gar de Im­por­tan­cia Co­mu­ni­ta­ria), e o pe­re­grino vai go­zar de mag­ní­fi­cas vis­tas se­gun­do o vai dei­xan­do á es­quer­da (Ca­mi­ño Por­tu­gués). Cer­to é ta­mén que esa pa­no­rá­mi­ca se vai ver ma­ce­la­da po­las abun­dan­tes vi­ven­das e máis por­que a ru­ta xa­co­bea dis­co­rre por lu­ga­res que re­cla­man aten­ción (mes­mo un cru­ce da es­tra­da na­cio­nal á al­tu­ra de Ce­san­tes ten a du­bi­do­sa hon­ra de es­ta­ren con­si­de­ra­do o máis pe­ri­go­so de to­dos os Camiños de San­tia­go en Ga­li­cia). En cal­que­ra ca­so, a enseada é un lu­gar paradisíaco apro­vei­ta­do por mi­llei­ros de aves que te­ñen aí o seu há­bi­tat. Con­tra o fon­do da ría, xa fron­te a Ar­ca­de, dous illo­tes cha­man a aten­ción den­tro do mes­mo LIC: son as Al­ve­do­sas, que cam­bian por com­ple­to de fi­so­no­mía se a ma­rea es­tá al­ta ou se es­tá bai­xa.

La­goa de So­bra­do. Que So­bra­do dos Mon­xes (Ca­mi­ño do Nor­te) foi un mos­tei­ro que che­ga­ba a dar es­mo­la a máis de mil per­soas ao día é al­go co­ñe­ci­do. A traza ofi­cial do Ca­mi­ño do Nor­te fai que es­ta ru­ta xa­co­bea pa­se ho­xe an­te el, pe­ro en ho­nor á ver­da­de es­te era un ra­mal se­cun­da­rio: o pe­re­grino di­ri­xía­se den­de Vi­lal­ba e Baa­mon­de a Be­tan­zos. Pe­ro ho­xe en día, a tres qui­ló­me­tros do gran ce­no­bio vai dei­xar á de­rei­ta un­ha gran ma­sa de au­ga. Trá­ta­se dun­ha la­goa ar­ti­fi­cial fei­ta bai­xo a di­rec­ción dos mon­xes xa den­de o sécu­lo XVII, un­ha obra im­po­ñen­te on­de se dan ci­ta va­rios regatos. Dá­se por cer­to que ese é o pun­to on­de na­ce o río Tam­bre, o ro­mano Ta­ma­ris. Lu­gar no que de­ben pa­rar os ami­gos de ob­ser­var as aves. As­cen­so den­de a Pobra de Bu­rón. Es­ta ru­ta (Ca­mi­ño Pri­mi­ti­vo) di­ví­de­se en dous xus­to á en­tra­da na Fonsagrada. To­do apun­ta a que a par­te con máis his­to­ria é a que mar­xea esa lo­ca­li­da­de e des­cen­de dun xei­to mes­mo bru­tal á Pobra de Bu­rón, que foi no seu día moi­to máis im­por­tan­te ca an­te­rior. Crú­za­se esa Pobra, ho­xe es­que­ci­da e con máis ruí­nas que pa­re­des en pé e un cas­te­lo moi adul­te­ra­do que se non é ho­xe é ma­ñá can­do se vai vir abai­xo, e o pe­re­grino aco­me­te un­ha lon­guí­si­ma subida por un­ha pis­ta an­cha. On­de es­tá o en­can­to? Na pa­no­rá­mi­ca da es­quer­da, por­que to­do o fon­do, ata on­de che­ga a vis­ta hu­ma­na, o ocu­pa un­ha in­ter­mi­na­ble su­ce­sión de mon­ta­ñas. Son ni máis nin me­nos que Os An­ca­res.

A ENSEADA DE SAN SI­MÓN É UN LU­GAR PARADISÍACO NA LA­GOA DE SO­BRA­DO CONFLÚEN VA­RIOS REGATOS

1

1. A desem­bo­ca­du­ra do Río Lam­bre é un­ha das pai­sa­xes mais im­pre­sio­nan­tes do Ca­mi­ño In­glés. To­da a zo­na es­tá de­cla­ra­da Re­de Na­tu­ra e ten un­ha gran im­por­tan­cia or­ni­to­ló­xi­ca.

2. O Ca­mi­ño Por­tu­gués ago­cha lu­ga­res de gran be­le­za co­mo a enseada de San Si­món, on­de mi­llei­ros de aves te­ñen o seu há­bi­tat. Ao fon­do ato­pa­mos ta­mén dous illo­tes: as Al­ve­do­sas.

3. A La­goa de So­bra­do que­da nun dos la­te­rais do Ca­mi­ño do Nor­te, ao pa­so po­lo mu­ni­ci­pio. 3

2

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.