En­tre­vis­ta a Juan Jo­sé Mu­ñoz, ge­ren­te de Axe­ga

O xe­ren­te da Axe­ga no­mea a in­te­gra­ción dos di­fe­ren­tes axen­tes de xes­tión de emer­xen­cias co­mo o prin­ci­pal avan­ce do no­vo cen­tro

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - TAMARA MON­TE­RO LA VOZ

Ofu­tu­ro é a in­te­gra­ción. Ese fu­tu­ro xa se co­me­zou a te­cer co tras­la­do do 112 ás no­vas ins­ta­la­cións da Es­tra­da. O xe­ren­te da Axe­ga, Juan Jo­sé Mu­ñoz, é un exem­plo moi cla­ro: ata ago­ra, un ac­ci­den­te de trá­fi­co con fe­ri­dos su­pu­ña que o 112, lo­go de re­ci­bir o avi­so, ti­ña que fa­cer va­rias cha­ma­das pa­ra aler­tar aos sa­ni­ta­rios, aos bom­bei­ros, a Trá­fi­co e a man­te­men­to de es­tra­das. Co ser­vi­zo in­te­gra­do, to­dos re­ci­ben a in­for­ma­ción en tem­po real.

—Un­ha das prin­ci­pais van­ta­xes do no­vo cen­tro é a in­te­gra­ción.

—Can­do deseña­mos o no­vo cen­tro ti­ña­mos cla­ro que o lu­gar axei­ta­do era a Aca­de­mia Ga­le­ga de Se­gu­ri­da­de Pú­bli­ca por­que es­te cen­tro apro­vei­ta­ba as si­ner­xías coa pro­pia aca­de­mia, co­mo ins­ta­la­cións que po­dia­mos com­par­tir: au­las, au­di­to­rio, he­li­por­to, apar­ca­men­to... Op­ti­mi­za­mos o gasto gra­zas a is­to. Ade­mais, so­mos o úni­co cen­tro de Es­pa­ña que pe­cha o ci­clo. Os pro­fe­sio­nais que se for­man na aca­de­mia po­den ver co­mo se xes­tio­nan as emer­xen­cias.

—Ta­mén fa­lan de coo­pe­ra­ción en­tre ser­vi­zos.

—Es­te cen­tro es­tá deseña­do de ca­ra a un­ha pau­la­ti­na in­te­gra­ción dos dis­tin­tos ser­vi­zos bá­si­cos de aten­ción de emer­xen­cias: o sec­tor de se­gu­ri­da­de, sa­ni­ta­rio, asis­ten­cial, contra in­cen­dios, me­dioam­bien­tal, Pro­tec­ción Civil... O que ti­ña­mos cla­ro é que ti­ña­mos que dar un sal­to ca­ra a un cen­tro que fa­ga un­ha coor­di­na­ción e un­ha xes­tión in­te­gral das emer­xen­cias pa­ra que os dis­tin­tos axen­tes tra­ba­llen de for­ma con­xun­ta e coor­di­na­da, bai­xo un úni­co cri­te­rio, e com­par­tan in­for­ma­ción en tem­po real pa­ra aca­dar o que nós cha­ma­mos man­do úni­co. Ese ti­po de mo­de­lo, que per­mi­te com­par­tir in­for­ma­ción en tem­po real, dá co­mo re­sul­ta­do un­ha xes­tión pú­bli­ca moi­to máis efi­caz e efi­cien­te. Ta­mén hai un me­nor cus­te eco­nó­mi­co e máis efi­cien­cia ope­ra­ti­va. To­do is­to dá lu­gar á ex­ce­len­cia na xes­tión das emer­xen­cias.

—¿Can­do se po­de­rá che­gar a un man­do úni­co?

—O se­guin­te ser­vi­zo que ten pre­vis­to vir aquí é Ur­xen­cias Sa­ni­ta­rias-061 en­tre fi­nais des­te ano ou prin­ci­pios do que vén. Ao lon­go do 2018 es­tá pre­vis­to que se in­cor­po­re o sec­tor da se­gu­ri­da­de: Po­li­cía Au­to­nó­mi­ca, Gar­da Civil e Cor­po Nacional de Po­li­cía, que te­ñen moi­to in­tere­se en ter pre­sen­za a tra­vés de ope­ra­do­res de en­la­ce na sa­la in­te­gra­da do 112. Pou­co a pou­co se irían in­te­gran­do ou­tros ser­vi­zos, ben fí­si­ca­men­te ou ben mediante o que cha­ma­mos in­te­gra­ción te­le­má­ti­ca, mediante in­te­gra­ción de pla­ta­for­mas in­for­má­ti­cas que co­nec­tan as dis­tin­tas cen­trais de emer­xen­cia. A in­te­gra­ción, tan­to fí­si­ca co­mo te­le­má­ti­ca, o que dá co­mo re­sul­ta­do é que dei­xan de pro­du­cir­se du­pli­ci­da­des na to­ma de da­tos e tras­fe­go de cha­ma­das en­tre as dis­tin­tas cen­trais que fan que os tem­pos de aten­ción se di­la­ten

«Te­mos un­ha apli­ca­ción pa­ra so­li­ci­tar axu­da en zo­nas trans­fron­tei­ri­zas»

máis do que de­be­ría.

—E ta­mén te­ñen en mar­cha coo­pe­ra­ción trans­fron­tei­ri­za.

—No ano 2011 fo­mos be­ne­fi­cia­ron dun pro­xec­to moi in­tere­san­tes por­que es­ta­ble­ceu un me­ca­nis­mo de co­la­bo­ra­ción en­tre Ga­li­cia, nor­te de Portugal e Cas­te­la e León mediante o em­pre­go de fe­rra­men­tas in­for­má­ti­cas e de te­le­co­mu­ni­ca­cións co­múns e pro­to­co­los de for­ma­ción con­xun­ta. Den­de o ano 2011 te­mos un­ha apli­ca­ción in­for­má­ti­ca que pro­to­co­li­za co­mo se so­li­ci­ta e se ofre­ce es­ta axu­da nas zo­nas trans­fron­tei­ri­zas. Un exem­plo foi o dos in­cen­dios en Mel­gaço. A tra­vés des­ta apli­ca­ción in­for­má­ti­ca se so­li­ci­tou axu­da, e se se com­pro­ba que se po­de ofre­cer por­que hai re­cur­sos e as iso­cro­nas son axei­ta­das, ac­cé­de­se á axu­da. Nes­te ca­so en­viá­ron­se den­de a Xun­ta me­dios aé­reos.

—¿Hai que am­plia­lo a ou­tras zo­nas co­mo As­tu­rias?

«So­mos o úni­co cen­tro de Es­pa­ña que pe­cha o ci­clo das emer­xen­cias»

— No ca­so de As­tu­rias asi­nou­se o ano pa­sa­do un con­ve­nio de asis­ten­cia mu­tua que en bre­ve imos am­pliar. No mar­co des­te con­ve­nio imos desen­vol­ver un pro­to­co­lo es­pe­cí­fi­co de res­ca­te en mi­nas no que As­tu­rias en­via­ría me­dios es­pe­cia­li­za­dos, men­tres que Ga­li­cia o que po­de ofre­cer a As­tu­rias son me­dios de loi­ta contra os in­cen­dios fo­res­tais.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.