Bor­ges, un dos mei­ran­des da li­te­ra­tu­ra do sécu­lo XX

Es­te cur­so vi­mos de­di­can­do es­tas pá­xi­nas aos gran­des no­ve­lis­tas eu­ro­peos e ame­ri­ca­nos. A no­ve­la ac­tual non se­ría a mes­ma sen as súas ache­gas. En ou­tu­bro fa­la­mos de Wi­lliam Faulk­ner, en no­vem­bro de Mar­cel Proust, en de­cem­bro o pro­ta­go­nis­ta foi Franz Kaf­ka.

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - POR­TA­DA - > Jo­sé A. Pon­te Far

Es­ta­mos an­te un dos gran­des es­cri­to­res do sécu­lo XX. E coa sor­te, pa­ra nós, de que es­cri­biu en cas­te­lán, po­lo que po­de­mos le­lo di­rec­ta­men­te, sen tra­du­cións. Ce­go, co­mo Ho­me­ro, co­mo o seu pai, co­mo a súa avoa, co­mo o seu bi­sa­vó. A trá­xi­ca ce­guei­ra que per­se­guiu á súa fa­mi­lia e que fa­cía pre­sa ne­las na ple­ni­tu­de da vi­da, con­ser­vou en Bor­ges, co­mo no poe­ta gre­go, as lu­ces do en­ten­de­men­to pa­ra en­ten­der a vi­da co­mo un­ha fic­ción, a mor­te co­mo un so­ño e a el mes­mo co­mo un ser en­ce­rra­do nun la­bi­rin­to cheo de li­bros, me­tá­fo­ras e sen­ten­zas de con­ti­do fi­lo­só­fi­co.

Ocu­pa un lu­gar de pri­vi­le­xio na li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal po­los seus re­la­tos bre­ves. Non ne­ce­si­tou es­cri­bir nin­gun­ha gran no­ve­la pa­ra o seu uná­ni­me re­co­ñe­ce­men­to co­mo es­cri­tor, a pe­sar de que nun­ca lle fo­se con­ce­di­do o pre­mio No­bel de Li­te­ra­tu­ra, aín­da que iso se de­be­se máis a con­no­ta­cións de ti­po po­lí­ti­co que á súa fal­ta de mé­ri­tos li­te­ra­rios. Non ti­vo sor­te Bor­ges coas dis­tin­cións e re­co­ñe­ce­men­tos. Pro­ba di­so é que en 1979 con­ce­déu­se­lle en Es­pa­ña o pre­mio Cer­van­tes, pe­ro com­par­ti­do co poe­ta da xe­ra­ción do 27 Ge­rar­do Die­go. Con­tan que, can­do o día da en­tre­ga, en Al­ca­lá de He­na­res, ato­pá­ron­se os dous, Bor­ges, coa súa afia­da iro­nía e cer­ta do­se de ma­li­cia, dí­xo­lle ao es­pa­ñol: «Pe­ro vos co­mo os lla­máis real­men­te: ¿sós Ge­rar­do o Die­go?».

DA­TOS BIO­GRÁ­FI­COS

Bor­ges (Bue­nos Ai­res, 1899-Xe­ne­bra, 1986) na­ceu na ca­pi­tal ar­xen­ti­na e vi­viu a súa in­fan­cia no ba­rrio de Pa­ler­mo. O seu pai era pro­fe­sor de in­glés e coa súa avoa ma­ter­na apren­deu es­te idio­ma des­de moi neno, o que ti­vo un­ha enor­me im­por­tan­cia na súa pos­te­rior for­ma­ción in­te­lec­tual, xa que che­gou a ser un pro­fun­do co­ñe­ce­dor da cul­tu­ra e da li­te­ra­tu­ra an­glo-sa­xoa.

En 1914 tras­lá­da­se cos seus pais e ir­má a Eu­ro­pa, on­de o seu pro­xe­ni­tor vai ato­pan­do tra­ba­llo co­mo pro­fe­sor en dis­tin­tos paí­ses. Eu­ro­pa es­tá en gue­rra, pe­ro a fa­mi­lia per­co­rre Pa­rís, Mi­lán, Ve­ne­cia, ata asen­tar­se en Xe­ne­bra, ci­da­de neu­tral no con­fli­to bé­li­co. Es­ta ex­pe­rien­cia eu­ro­pea sér­ve­lle ao ado­les­cen­te Bor­ges pa­ra ler a clá­si­cos co­mo Vol­tai­re ou Víc­tor Hu­go, e pa­ra en­trar en con­tac­to cos mo­ve­men­tos van­gar­dis­tas, co­mo o sim­bo­lis­mo fran­cés e o ex­pre­sio­nis­mo ale­mán. Des­de 1918 a 1921 vi­ve en Es­pa­ña (Bar­ce­lo­na, Ma­llor­ca, Ma­drid), co­ñe­ce a Va­lle-In­clán, a Juan Ra­món Ji­mé­nez, a Or­te­ga y Gas­set... e re­la­ció­na­se con moi­tos es­cri­to­res do que se­rá lo­go a xe­ra­ción do 27. Ao ca­bo deses tres anos re­gre­sa a Bue­nos Ai­res, on­de co­me­za un­ha lon­ga ac­ti­vi­da­de cul­tu­ral e li­te­ra­ria. Coas ir­más Vic­to­ria e Sil­vi­na Ocam­po, e coa axu­da e fir­me ami­za­de de Adol­fo Bioy Ca­sa­res, ca­sa­do con Sil­vi­na, fun­dan a em­ble­má­ti­ca re­vis­ta Sur (1931), ao re­dor da cal vi­ra­rá o máis no­ta­ble da li­te­ra­tu­ra ar­xen­ti­na.

A mor­te do seu pai, en 1938, su­pón que Bor­ges te­ña que pór­se a tra­ba­llar e faino co­mo bi­blio­te­ca­rio nos arre­do­res de Bue­nos Ai­res. Pe­ro co­me­za a ter pro­ble­mas coa vis­ta e a par­tir de ago­ra ne­ce­si­ta­rá a axu­da da súa nai e dos seus ami­gos pa­ra po­der es­cri­bir. En 1948 che­ga Pe­rón ao Go­berno e es­te cam­bio po­lí­ti­co non se­rá na­da fa­vo­ra­ble pa­ra Bor­ges. A súa nai e a súa ir­má son de­ti­das por pro­nun­ciar­se con­tra o no­vo ré­xi­me e Bor­ges aca­ba­rá fa­cen­do pú­bli­ca a súa opo­si­ción. O Go­berno apar­touno do seu posto de bi­blio­te­ca­rio e no­meouno ins­pec­tor de aves e coellos nos mer­ca­dos da ca­pi­tal. O es­cri­tor, xa ce­go, sén­te­se des­hon­ra­do, re­nun­cia ao car­go e de­di­ca­ra­se a es­cri­bir e pro­nun­ciar con­fe­ren­cias. O seu pres­ti­xio vai en au­men­to e, can­do en 1955 cae o pe­ro­nis­mo, é no­mea­do di­rec­tor da Bi­blio­te­ca Na­cio­nal e in­gre­sa na Aca­de­mia Ar­xen­ti­na das Le­tras.

Che­gan os re­co­ñe­ce­men­tos pú­bli­cos, os pre­mios, os dou­to­ra­men­tos ho­no­ris cau­sa, aín­da que o que non che­ga­rá nun­ca é o máis que me­re­ci­do No­bel. Du­ran­te trin­ta anos foi un fir­me can­di­da­to, pe­ro a Aca­de­mia sue­ca tí­ñao sen­ten­cia­do por­que Bor­ges non era po­li­ti­ca­men­te co­rrec­to: non se opu­xo á di­ta­du­ra do gol­pis­ta Vi­de­la en Ar­xen­ti­na e acep­ta­ra un­ha me­da­lla do di­ta­dor chi­leno Pi­no­chet. Nes­te pun­to, con to­do, ha­be­ría que ma­ti­zar que Bor­ges era un con­ser­va­dor, pe­ro non un reac­cio­na­rio. A súa acep­ta­ción da di­ta­du­ra de Vi­de­la e os seus xe­ne­rais hai que en­ten­de­la po­lo fei­to de que é quen pon fin, na súa opi­nión, ao des­go­berno do pe­ro­nis­mo, por ou­tra ban­da, o seu gran inimi­go po­lí­ti­co. Así, pois, non se ale­gra tan­to po­la che­ga­da do go­berno dos mi­li­ta­res can­to po­la caí­da dos par­ti­da­rios de Pe­rón, aque­les que o bo­ta­ron do seu posto de bi­blio­te­ca­rio des­ti­nán­doo a ins­pec­tor de aves no mer­ca­do mu­ni­ci­pal... E, can­do vol­ve­ran ao go­berno en 1974, os pe­ro­nis­tas des­ti­tuí­rono de no­vo do seu car­go de di­rec­tor da Bi­blio­te­ca Na­cio­nal, xu­bi­lán­doo de­fi­ni­ti­va­men­te.

Bor­ges ca­sou tar­de, en 1967, e a súa vo­da du­rou moi pou­co tem­po. Con to­do, anos máis tar­de vol­ve ca­sar cun­ha mu­ller moi­to máis no­va, Ma­ría Ko­da­ma, a súa se­cre­ta­ria e la­za­ri­llo, á que no­mea­rá her­dei­ra uni­ver­sal da súa obra.

O es­cri­tor ar­xen­tino Jor­ge Luis Bor­ges

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.