Obra li­te­ra­ria

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LITERATURA -

O gran lo­gro de Con­rad con­sis­te en ter trans­for­ma­do a ex­pe­rien­cia da súa vi­da ma­ri­ñei­ra en me­tá­fo­ra con­vin­cen­te da exis­ten­cia hu­ma­na. O bar­co con­vér­te­se nun mi­cro­cos­mos do mun­do hu­mano, na ima­xe da hu­ma­ni­da­de que na­ve­ga no den­so e pe­ri­go­so océano da vi­da. E sem­pre pon­do de relevo o evi­den­te con­tras­te: o bar­co cons­ti­túe­se nun­ha co­mu­ni­da­de com­pac­ta, on­de flúe or­de­na­da e re­gra­da­men­te a vi­da, na­ve­gan­do en es­pa­zos in­fi­ni­tos e pe­ri­go­sos, no medio dun­ha es­cu­ri­da­de aba­fa­do­ra. As lon­guí­si­mas via­xes que reali­zou nos seus máis de 30 anos de na­ve­ga­ción ser­ví­ron­lle pa­ra acu­mu­lar un­ha ex­pe­rien­cia que, des­pois de re­fle­xio­na­da e me­di­ta­da, uti­li­za­ría co­mo ma­te­ria li­te­ra­ria.

A súa pri­mei­ra no­ve­la, A to­le­mia de Al­ma­yer (1895), con­ta un­ha his­to­ria de Ma­lai­sia, cun cer­to ai­re ro­mán­ti­co. Es­crí­bea xa nun per­fec­to in­glés, co­mo to­das as se­guin­tes. E con­vén re­sal­tar es­te fei­to xa que ne­ses anos a lin­gua de pres­ti­xio, a apre­cia­da por to­da a xen­te cul­ta da épo­ca, era o fran­cés. Con­rad fa­la­ba o po­la­co, o ru­so e o fran­cés, e con to­do es­co­lle a cuar­ta lin­gua no seu pro­ce­so de apren­di­za­xe, o in­glés, co­mo ins­tru­men­to li­te­ra­rio. Nos cin­co anos se­guin­tes pu­bli­ca­rá ou­tras tan­tas no­ve­las, to­das con te­ma ma­ri­ñei­ro, nu­tri­das so­bre o seu pro­li­xa ex­pe­rien­cia no mar. As máis des­ta­ca­das des­tas pri­mei­ras obras son Un va­ga­bun­do nas illas (1896) e Lord Jim (1900). A pri­mei­ra ten un ai­re ro­mán­ti­co, cun­ha na­tu­re­za exu­be­ran­te, na que se evi­den­cia o con­tras­te en­tre a for­za ele­men­tal e inocen­te do in­dí­xe­na fron­te á ma­li­cia do bran­co. A se­gun­da é un­ha ex­ce­len­te na­rra­ción, ta­mén con te­ma ma­ri­ñei­ro, que se ex­pón es­pe­cu­lar coa dé­bil li­ña que se­pa­ra a co­var­día do va­lor. Un bar­co con oi­to­cen­tos pe­re­gri­nos que van á Me­ca afún­de­se. A tri­pu­la­ción aban­do­na o bar­co sen au­xi­liar aos pa­sa­xei­ros. Jim asu­me a ver­go­ña de non ter fei­to na­da, e na sel­va ma­laia, on­de arri­ba co­mo náu­fra­go, ga­ña­ra­se o afec­to dos na­ti­vos por­que se en­vor­ca en axu­dar­lles or­ga­ni­zán­doos, de­fen­dén­doos e eri­xín­do­se en de­fen­sor e cau­di­llo do seu no­vo po­bo.

Con­rad é un au­tor moi pro­lí­fi­co: nos dez pri­mei­ros anos do sécu­lo XX pu­bli­ca no­ve no­ve­las, en­tre as ca­les des­ta­ca­rían ou­tras dúas: Nos­tro­mo (1904) e O axen­te se­cre­to (1909). A pri­mei­ra é un­ha no­ve­la de aventuras, pe­ro con im­pli­ca­cións so­ciais e po­lí­ti­cas, pois hai un­ha crítica se­ria ao co­lo­nia­lis­mo, á opre­sión que so­fren os dé­bi­les, á des­hu­ma­ni­za­ción que pro­vo­ca o ca­pi­ta­lis­mo coa súa vo­ra­ci­da­de de en­ri­que­ce­men­to. En O axen­te se­cre­to aban­do­na os am­bien­tes aven­tu­rei­ros do mar pa­ra cen­trar­se nun te­ma po­lí­ti­co, co­mo é a or­ga­ni­za­ción dun gru­po de anar­quis­tas en Londres que pre­ten­den aten­tar con­tra os dis­po­si­ti­vos téc­ni­cos do me­ri­diano de Green­wich pa­ra pro­tes­tar po­la ex­plo­ta­ción obrei­ra que se es­tá le­van­do a ca­bo na so­cie­da­de in­dus­trial. Un­ha no­ve­la dis­tin­ta, que en­tra nos pa­rá­me­tros da es­pio­na­xe po­lí­ti­ca, pe­ro moi ben ela­bo­ra­da e que ti­vo moi­to éxi­to no seu mo­men­to. Esa preo­cu­pa­ción po­los ma­los ca­mi­ños que es­tá to­man­do a so­cie­da­de a prin­ci­pios do sécu­lo XX le­va a Con­rad a pu­bli­car en 1913, un ano des­pois do afundimento do trans­atlán­ti­co Ti­ta­nic, un valente ma­ni­fes­to no que cues­tio­na a so­ber­bia dos ar­ma­do­res, da pren­sa e, en xe­ral, de to­da a so­cie­da­de, que fi­xe­ran do bar­co to­do un sím­bo­lo de os­ten­ta­ción. A súa áxil plu­ma e o seu sen­ti­do éti­co pro­fun­dan na di­men­sión mo­ral e hu­ma­na da tra­xe­dia.

Fo­to­gra­ma do fil­me «Lord Jim», ba­sea­do na no­ve­la ho­mó­ni­ma de Con­rad

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.