Ra­cio­na­li­zar a xor­na­da la­bo­ral cam­bian­do a ho­ra

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Mar­cos Pérez

O Go­berno sa­cou a dis­cu­sión un po­si­ble cam­bio ho­ra­rio pa­ra ra­cio­na­li­zar a xor­na­da la­bo­ral

Hai uns días o pre­si­den­te do Go­berno en fun­cións pro­pu­xo ra­cio­na­li­zar os horarios de mo­do que a xor­na­da la­bo­ral ter­mi­ne ca­ra á as 18.00 ho­ras, ache­gán­do­nos así ao que é cos­tu­me no res­to de Eu­ro­pa. A día de ho­xe, máis ou me­nos al­mor­za­mos un­ha ho­ra máis tar­de, co­me­mos un­ha ho­ra e me­dia des­pois e, can­do o res­to dos eu­ro­peos xa se dei­ta­ron, a nós aín­da nos que­dan un par de ho­ras por dian­te. É di­cir, te­mos a mes­ma ho­ra no re­lo­xo que o res­to dos eu­ro­peos, pe­ro man­te­mos uns horarios dis­tin­tos. Is­to fai que pa­se­mos máis ho­ras no tra­ba­llo ou na es­co­la, dur­ma­mos me­nos e se re­cor­te o tem­po pa­ra es­tar en fa­mi­lia, al­go que en prin­ci­pio afec­ta ne­ga­ti­va­men­te á no­sa ca­li­da­de de vi­da.

Pa­ra acom­pa­ñar es­tas me­di­das so­bre o uso do tem­po, Ma­riano Ra­joy ta­mén pro­pu­xo re­cu­pe­rar o fu­so ho­ra­rio que xeo­gra­fi­ca­men­te lle co­rres­pon­de á maior par­te de Es­pa­ña, que é o mes­mo que o que se­guen In­gla­te­rra, Por­tu­gal, Ma­rro­cos ou as illas Ca­na­rias. Es­ta me­di­da su­po­ría que os amen­ce­res e anoi­te­ce­res ti­ve­sen lu­gar un­ha ho­ra an­tes que na ac­tua­li­da­de. Aín­da que ho­xe nos re­sul­ta nor­mal fa­lar dun­ha ho­ra co­mún pa­ra va­rios paí­ses, ata fi­nais do sécu­lo XIX o ha­bi­tual era que ca­da ci­da­de se­gui­se a súa pro­pia ho­ra so­lar. Pe­ro coa xe­ne­ra­li­za­ción das co­mu­ni­ca­cións fí­xo­se ne­ce­sa­rio har­mo­ni­zar os horarios e op­tou­se por di­vi­dir o pla­ne­ta en 24 cuar­tei­róns verticais, den­tro de ca­da cal se man­tén a mes­ma ho­ra. Como se ve no ma­pa, os fu­sos horarios non cons­ti­túen fron­tei­ras na­tu­rais, como as que de­fi­nen ríos ou cor­di­llei­ras, se­nón que son un­ha con­ven­ción xeo­grá­fi­ca como a de me­ri­dia­nos ou pa­ra­le­los. Es­pa­ña, igual que Fran­cia ou os Paí­ses Bai­xos, cam­biá­ron­se ao fu­so ho­ra­rio de Ale­ma­ña en 1940, si­tua­ción que man­te­ñen na ac­tua­li­da­de. Ga­li­cia ató­pa­se nun­ha si­tua­ción pe­cu­liar, por­que boa par­te da no­sa su­per­fi­cie, do mes­mo xei­to que oco­rre en Ir­lan­da ou Por­tu­gal, ató­pa­se xa no se­guin­te fu­so ho­ra­rio.

No de­ba­te so­bre es­ta me­di­da con­vén ter en con­ta que o sol non sae á mes­ma ho­ra en to­dos os lu­ga­res do mes­mo me­ri­diano. Is­to só oco­rre nos equi­noc­cios, can­do a li­ña dos cre­púscu­los que se­pa­ra o día da noi­te co­rre en di­rec­ción nor­te-sur. O res­to do ano es­ta li­ña vai cam­bian­do, e al­can­za a súa má­xi­ma in­cli­na­ción nos sols­ti­cios de in­verno e ve­rán. Is­to im­pli­ca, por exem­plo, que can­do no in­verno aquí aín­da nos que­da un­ha ho­ra de luz, no nor­te de Eu­ro­pa xa é noi­te pe­cha­da. E, ao re­vés, can­do no ve­rán en Es­pa­ña co­me­za a pór­se o sol, as re­xións de Eu­ro­pa se­ten­trio­nal aín­da dis­po­ñen de va­rias ho­ras de cre­púscu­lo, xa que nes­ta épo­ca do ano alí os días son moi­to máis lon­gos. Es­tes cam­bios son os que mo­ti­van a exis­ten­cia de horarios dis­tin­tos pa­ra o ve­rán e o in­verno (o fa­mo­so cam­bio de ho­ra) e os que fan que cal­que­ra de­ci­sión so­bre o ho­ra­rio se­xa máis dra­má­ti­ca nos paí­ses do nor­te que nos do sur. Á fin e ao ca­bo, a me­di­da que nos ache­ga­mos ao ecua­dor, a di­fe­ren­za en­tre a du­ra­ción do día e a noi­te ao lon­go do ano vai­se re­du­cin­do ata des­apa­re­cer por com­ple­to.

A li­ña dos cre­púscu­los vai cam­bian­do a súa in­cli­na­ción ao lon­go do ano

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.