Ollos de ga­to

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

¿É cer­to que os ollos dos ga­tos bri­llan na es­cu­ri­da­de? Se tes un ga­to por mas­co­ta, ou ben o ten al­gún ami­go teu, po­des com­pro­ba­lo. E ta­mén lle po­des pe­dir ao teu ami­go que xo­gue a ser ga­to pa­ra fa­cer es­te ex­pe­ri­men­to. Es­cu­re­ce un cuar­to e pon­te a dous me­tros do teu ga­to e o teu ami­go. Acen­de a lan­ter­na pre­to da túa ca­ra e ilu­mi­na ao ga­to. ¿Pa­re­ce co­ma se os seus ollos bri­lla­sen? Ago­ra pi­de ao teu ami­go que se po­ña de pou­te­las, en mo­do ga­to. ¿Os seus ollos bri­llan do mes­mo xei­to? Pro­ba­ble­men­te te­ñas ob­ser­va­do que os ollos do teu ga­to bri­llan na es­cu­ri­da­de, pe­ro os do teu ami­go non. E iso é por­que os ollos dos ga­tos re­flic­ten a luz. Cap­tan a luz que che­ga ata eles e en­tón de­vól­ve­na ca­ra a ti. Po­den fa­ce­lo por­que no fon­do do seu glo­bo ocu­lar te­ñen un­ha ca­pa de te­ci­do cha­ma­da ta­pe­tum lu­ci­dum. O ta­pe­tum é o res­pon­sa­ble da súa vi­sión noc­tur­na. E así é como os ga­tos te­ñen dúas for­mas de cap­tar a luz: en pri­mei­ro lu­gar, can­do a luz en­tra nos seus ollos, e en se­gun­do lu­gar, can­do a luz se re­flic­te den­tro dos seus ollos.

TAMBAKO

Os ollos dos ga­tos re­flic­ten a luz, por iso se ven na es­cu­ri­da­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.