A mo­bi­li­da­de na in­ves­ti­ga­ción

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EN PORTADA - Ángel Ca­rra­ce­do In­ves­ti­ga­dor de la USC

Den­tro do mun­do da cien­cia a mo­bi­li­da­de e bá­si­ca. Apren­der dou­tras for­mas de fa­cer as cou­sas e en­fo­car os pro­ble­mas é sem­pre en­ri­que­ce­dor. A res­pos­ta aos pro­ble­mas cien­tí­fi­cos esi­xe ho­xe un­ha abor­da­xe mul­ti­dis­ci­pli­na­ria e os con­tac­tos e sa­ber quen te po­de axu­dar pa­ra dar­lle un­ha res­pos­ta aos enig­mas da vi­da, es­tea aquí, en Sue­cia ou Aus­tra­lia, vai­se apren­den­do a ba­se de tem­po e via­xes. Pe­ro aín­da é mais im­por­tan­te o que es­tes apor­tan na pro­pia ma­nei­ra de en­ten­der o mun­do, os seus pro­ble­mas, as cou­sas boas que ca­da cul­tu­ra e po­bo co­mo ca­da in­di­vi­duo te­ñen, e as cou­sas que po­de­mos me­llo­rar.

Eu sem­pre apren­dín e si­go apren­den­do nos meus via­xes (que é ra­ra a se­ma­na que non te­ño) e ani­mo á xen­te que quei­ra fa­cer in­ves­ti­ga­ción a que fa­ga o es­for­zo de mo­ver­se. Ta­mén é cer­to que hai lu­ga­res nos que me ato­po máis a gus­to que en ou­tros, e aín­da que ti­ven moi­tas ofer­tas de tra­ba­llo fó­ra e moi­tas de­las moi ten­ta­do­ras (e pa­ra mín o cien­tí­fi­co foi sem­pre moi­to máis ten­ta­dor que o eco­nó­mi­co), sem­pre qui­xen tra­ba­llar en e pa­ra a mi­ña te­rra e es­tar ao ca­rón dos meus.

A Cien­cia é un exer­ci­cio uni­ver­sal, que en to­do o mun­do po­de ter es­pa­zos pro­pios, que se ne­ga a acep­tar fron­tei­ras. Mais, ao tem­po, os cien­tí­fi­cos so­mos se­res hu­ma­nos, con que­ren­zas; e os cien­tí­fi­cos ga­le­gos le­va­mos con­nos­co tan­ta car­ga de mo­rri­ña e sau­da­de co­mo le­va cal­que­ra ou­tro emi­gran­te.

E moi­tos de nós que­re­mos fa­cer Cien­cia aquí. Cóm­pre po­ñer en­tre to­dos —cien­tí­fi­cos ou non— os re­cur­sos ne­ce­sa­rios pa­ra que can­tos nos for­ma­mos en Ga­li­cia, poi­da­mos vi­vir on­de nos pe­te e acaia, aín­da que a Hu­ma­ni­da­de nos fi­que pe­que­na de tan­to via­xar­mos e par­ti­llar­mos co­ñe­ce­men­to po­la fa­ce da Te­rra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.