Fío de se­da

Sa­cha Batth­yany re­co­lle a seguinte fra­se: «Ca­da xe­ra­ción ten as súas obri­gas. A xe­ra­ción dos pais re­man­gou­se dis­pos­ta a re­co­ller os cas­ca­llos da rúa. Re­ti­rar os cas­ca­llos da al­ma... é ta­re­fa dos ne­tos»

La Voz de Galicia (Ferrol) - - Opinión - PEDRO PUY

Pou­cos pe­río­dos da his­to­ria de Es­pa­ña te­ñen si­do tan es­tu­da­dos e elo­xia­dos no ex­te­rior co­mo a tran­si­ción da di­ta­du­ra fran­quis­ta á de­mo­cra­cia cons­ti­tu­cio­nal. Un mo­de­lo, o es­pa­ñol, que se ca­rac­te­ri­zou po­las «ne­go­cia­cións e pac­tos en­tre as eli­tes po­lí­ti­cas e o con­sen­so en­tre os ci­da­dáns pa­ra evi­tar os ac­tos de vin­gan­za, as con­fron­ta­cións vio­len­tas, e a gue­rra ci­vil» (Co­lo­mer). Efec­ti­va­men­te, e co­mo se po­de com­pro­bar cunha sim­ple olla­da ás in­ter­ven­cións dos par­ti­ci­pan­tes nos de­ba­tes cons­ti­tuín­tes, fo­sen an­ti­gos car­gos do ré­xi­me fran­quis­ta, loi­ta­do­res con­tra a di­ta­du­ra ou exi­lia­dos re­tor­na­dos, a

som­bra do con­fli­to ci­vil sub­xa­ce e impulsa os acor­dos que dan na­ce­men­to a úni­ca cons­ti­tu­ción de­mo­crá­ti­ca pac­ta­da en­tre os prin­ci­pais ac­to­res po­lí­ti­cos de Es­pa­ña en dous sécu­los de his­to­ria. Un acor­do do que que­da­ron (au­to)ex­cluí­dos só os pou­cos que na­quel mo­men­to pro­pug­na­ban ou ben un cam­bio vio­len­to e ra­di­cal, ou ben o man­te­men­to do sta­tu quo fran­quis­ta co apoio da for­za mi­li­tar.

Aque­la de­ci­si­va som­bra, vis­ta des­de a dis­tan­cia, que non é o mes­mo que des­de a equi­dis­tan­cia, déi­xa­nos de­ma­sia­dos epi­so­dios sor­pren­den­te e pa­ra­do­xal­men­te crueis. Por exem­plo, a de­ten­ción en Bur­gos en xu­llo do 36 do xe­ne­ral Ba­tet; pou­co des­pois fu­si­la­do po­los fran­quis­tas na mes­ma ci­da­de. Nin o fei­to de que Ba­tet fo­se o mi­li­tar que en ou­tu­bro do 1934 res­ta­ble­ce­ra en Bar­ce­lo­na a le­ga­li­da­de re­pu­bli­ca­na an­te a in­su­rrec­ción na­cio­na­lis­ta, po­lo que ob­ti­vo a lau­rea­da; nin as pe­ti­cións de cle­men­cia dou­tros xe­ne­rais fran­quis­tas, co­mo Quei­po de Llano, mu­da­ron a von­ta­de dun Fran­co, que apli­cou a con­de­na de mor­te. E foi Ta­rra­de­llas, co­ño­ce­dor da leal­da­de á Re­pú­bli­ca de Ba­tet (tan­to no 34 co­ma no 36), quen fa­ci­li­tou a fu­xi­da a Fran­cia da súa mu­ller e fi­llos, se­gun­do pa­re­ce per­se­gui­dos en Bar­ce­lo­na po­la súa mi­li­tan­cia ca­tó­li­ca. Ou, por po­ñer ou­tro exem­plo, a de­ten­ción, o 10 de agos­to do 36, do mi­li­tar e cons­pi­ra­dor mo­nár­qui­co Jai­me Qui­ro­ga y Pardo de Ba­zán, pri­mo­xé­ni­to de do­na Emi­lia Pardo Ba­zán, e a súa con­du­ción xun­to co seu úni­co e no­vo fi­llo, á che­ca de Be­llas Ar­tes; da que am­bos fo­ron sa­ca­dos na ma­ñá do 11 e fu­si­la­dos nun­ha rúa ma­dri­le­ña. Non é de es­tra­ñar que o co­rres­pon­sal do L’In­tra­si­geant, o es­cri­tor An­toin Saint-Exu­péry es­cri­bi­se na súa cró­ni­ca do día 14 do mes­mo mes de agos­to que «aquí se fu­si­la máis que se com­ba­te»; e que no úl­ti­mo dos tex­tos que re­mi­tiu ao pe­rió­di­co fran­cés se laia­se de que «aquí se fu­si­la co­mo se ta­lan ár­bo­res... e os ho­mes xa non se res­pec­tan os uns aos ou­tros».

Sal­van­do no­va­men­te as dis­tan­cias, pe­ro fu­xin­do de no­vo da equi­dis­tan­cia, un xor­na­lis­ta suí­zo, Sa­cha Batth­yany, pre­gún­ta­se, nun­ha no­ve­la-reportaxe-en­saio re­cen­te­men­te pu­bli­ca­da

(La ma­tan­za de Rech­nitz.

His­to­ria de mi fa­mi­lia), po­los ras­tros que dei­xan na xe­ra­ción pre­sen­te as her­dan­zas his­tó­ri­cas e fa­mi­lia­res. Es­cri­biuno tras do­cu­men­tar que a súa pro­pia tía par­ti­ci­pa­ra no asa­si­na­to de 200 xu­deus nos úl­ti­mos días da Se­gun­da Gue­rra Mun­dial. Re­co­lle a seguinte fra­se: «Ca­da xe­ra­ción ten as súas obri­gas. A xe­ra­ción dos pais re­man­gou­se dis­pos­ta a re­ti­rar os cas­ca­llos da rúa. Re­ti­rar os cas­ca­llos da al­ma .... é ta­re­fa dos ne­tos».

Se os no­sos pais re­co­lle­ron os cas­ca­llos da Gue­rra Ci­vil e dos co­ren­ta anos de di­ta­du­ra nun­ha tran­si­ción que, lon­xe de ser «un pac­to pa­ra es­que­cer», «se ba­seou nun­ha fon­da con­cien­cia dos fra­ca­sos do pa­sa­do e na de­ci­sión de evi­ta­los» (Pay­ne); á xe­ra­ción pre­sen­te lle co­rres­pon­de in­ten­tar re­ti­rar os cas­ca­llos das al­mas. En Ca­ta­lu­ña, en Mei­rás, e en tan­tos ou­tros lu­ga­res. Pe­ro, e pre­ci­sa­men­te pa­ra non re­pe­tir os erros do pa­sa­do, sen ra­char o que Ray­mond Aron des­cri­biu co­mo «o fino fío de se­da do res­pec­to á le­ga­li­da­de de­mo­crá­ti­ca e cons­ti­tu­cio­nal», ese fino fío que nos pro­te­xe das pai­xóns e nos se­pa­ra do frío fío das es­pa­das.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.