«Adiós, María»

La Voz de Galicia (Ferrol) - - Opinión - VÍCTOR F. FREI­XA­NES

Así se ti­tu­la a no­ve­la coa que Xoha­na To­rres ga­ñou o Pre­mio Ga­li­cia, con­vo­ca­do po­lo Cen­tro Ga­le­go de Bue­nos Ai­res no ano 1970, cer­ta­me no que com­pe­tiu, por cer­to, con Xen­te ao lon­xe, de Eduar­do Blan­co Amor, o que deu lu­gar a al­gun­has re­te­sías que ali­men­ta­ron da­que­la os pe­que­nos ce­nácu­los do país e que eu sei que amo­la­ron bas­tan­te á es­cri­to­ra. O li­bro pu­bli­cou­se por pri­mei­ra vez ao ano seguinte, na ca­pi­tal ar­xen­ti­na. Can­do o lin, se ca­dra da man de Ri­car­do Car­ba­llo Calero, que era o no­so profesor na fa­cul­ta­de e fo­ra ta­mén profesor de Xoha­na en Fe­rrol, re­co­ñe­zo que fi­quei moi im­pre­sio­na­do.

Por pri­mei­ra vez lía un­ha his­to­ria pe­ga­da á reali­da­de so­cial ur­ba­na, á reali­da­de so­cial máis pró­xi­ma aos que non so­mos ne­nos de al­dea que­ro di­cir: a ra­pa­za que vi­ve cos avós e ten os pais en Fran­cia, el na ci­da­de de Li­lle, tra­ba­llan­do na si­de­rur­xia, ela en Tours, e vai ao ins­ti­tu­to, mó­ve­se no Vi­go dos tran­vías, so­fre os desacou­gos pro­pios da ida­de e dun­ha cir­cuns­tan­cia ad­ver­sa, cer­ta­men­te re­pre­sen­ta­ti­va dun tem­po, os anos se­sen­ta, anos teó­ri­cos de cre­ce­men­to en Es­pa­ña (os anos do cha­ma­do «mi­la­gre eco­nó­mi­co») nos que Ga­li­cia, nem­bar­gan­tes, se­gue a dre­nar xen­te ca­ra aos mer­ca­dos in­dus­triais de Eu­ro­pa. No de­ce­nio que vai de 1960 a 1970 con­cre­ta­men­te, Ga­li­cia per­deu 19.268 ha­bi­tan­tes; de 2.602.962 que era­mos ao prin­ci­pio da dé­ca­da a 2.583.672 en 1970.

As Me­mo­rias dun neno la­bre­go de Nei­ra Vi­las es­ta­ban moi ben, pe­ro Adiós, María fa­la­ba xa dou­tra Ga­li­cia: a Ga­li­cia ur­ba­na, cos seus con­fli­tos so­ciais, xe­ra­cio­nais, mes­mo cul­tu­rais (a Ga­li­cia dos avós e a Ga­li­cia dos ne­tos, nes­te ca­so da ne­ta, que an­da­ba á pro­cu­ra de si). Xoha­na es­cri­be den­de os ollos dun­ha mo­ci­ña en­fron­ta­da á súa pro­pia reali­da­de per­soal e so­cial, o que su­po­ñía un­ha no­vi­da­de im­por­tan­te na no­sa na­rra­ti­va. E fa­cíao, ade­mais, cunha téc­ni­ca di­fe­ren­te, afor­ta­la­da no dis­cur­so in­te­rior, cunha lin­gua­xe que, sen per­der a von­ta­de de es­ti­lo, era un­ha lin­gua­xe pró­xi­ma, nal­gúns mo­men­tos ca­se co­lo­quial, ga­le­go vi­vo, na­da re­quin­ta­do, o que re­for­za­ba e fa­cía aín­da máis cri­ble a his­to­ria.

No­ve­la tes­te­mu­ña. Así cua­li­fi­quei o li­bro nun en­saio que pu­bli­quei no ano 1973 na re­vis­ta Cua­der­nos His­pa­noa­me­ri­ca­nos, que di­ri­xía en Madrid o profesor José An­to­nio Ma­ra­vall. Ca­se 45 anos des­pois vol­vín ler a no­ve­la es­tes días. Non só non me de­cep­cio­nou, se­nón que, coa for­za re­no­va­da que te­ñen os clá­si­cos, se­gu­ra­men­te ta­mén coa ma­du­re­za do lec­tor que vol­ve, o tex­to ofre­ceu­me pers­pec­ti­vas que da­que­la non per­ci­bía: a pre­sen­za da mu­ller (a ado­les­cen­te) co­mo cen­tro do con­fli­to e da re­fle­xión, a voz fe­mi­ni­na pa­ra en­xer­gar a reali­da­de e in­ter­pre­ta­la, a or­fan­da­de da dis­tan­cia, or­fan­da­de di­fe­ren­te, cunha sen­si­bi­li­da­de e un­ha ma­nei­ra de na­rrar que anun­cian o gran acon­te­ce­men­to das no­sas le­tras con­tem­po­rá­nea: a mu­ller es­cri­to­ra (poe­ta, en­saís­ta, na­rra­do­ra), no que Xoha­na foi pio­nei­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.