Te­ño un­ha for­tu­na

La Voz de Galicia (Ferrol) - - OPINIÓN - MA­RÍA CA­NO­SA

Te­ño un­ha for­tu­na. Es­tou com­ple­ta­men­te con­ven­ci­da de que é así. Un­ha for­tu­na eco­nó­mi­ca. Ou se­xa, un mon­te de car­tos. E non a vou cu­brir de fal­sa mo­des­tia, non. Alé­gra­me te­la. Vai­me axu­dar moi­to na vi­da, moi­tí­si­mo. Así que tan só te­ño que in­ten­tar ad­mi­nis­tra­la ben. Des­co­ñe­zo a can­to as­cen­de, por­que aín­da non a her­dei, pe­ro es­tou con­ven­ci­da de que, vis­to o vis­to, a min ta­mén me van dei­xar un­ha for­tu­na. Po­de que se­xa por par­te de meus pais ou dal­gún avó, pe­ro se­gu­ro que a te­ño. Can­do era pe­que­na, o avó sem­pre me di­cía que ti­ña no faia­do un sa­co cheo de bi­lle­tes. Xa­mais che­guei a ve­lo, por iso meu pai ría e di­cía que es­ta­ba cheo de la­bras... Di­si­mu­la­ba, con­fío en que fo­se cer­to. Vou her­dar, co­ma os Pu­jol, do avó Flo­ren­ci. O meu era o se­ñor Ba­rrei­ro, pe­ro pa­ra o ca­so ha va­ler igual.

Ta­mén me va­le se meus pais te­ñen un trust offs­ho­re xes­tio­na­do en Suí­za, co­ma o ca­so de Xa­vier Trias. Os pais, sem­pre pen­san­do no fu­tu­ro dos fi­llos, en fa­cer­lles a vi­da máis sin­xe­la... Se­gu­ro que tam­pou­co me con­fe­san que son quen de do­mi­nar eses ter­mos que non te­ño nin idea do que sig­ni­fi­can por non po­ñer­me ner­vio­sa.

Pe­ro se­gu­ro que os car­tos mos te­ñen gar­da­di­ños. Así que, eu ao meu. Han­me cho­ver os eu­ros. E, no ca­so de que is­to su­pu­xe­se al­gún pro­ble­ma, co­mo to­do o mun­do ten car­tos, han­me saír ami­gos po­los cu­rrun­chos to­dos pa­ra aboar a fian­za de 400.000 eu­ros, po­ña­mos por ca­so, que me li­be­re do cár­ce­re. Ou vou ter me­nos sor­te ca Ig­na­cio Gon­zá­lez? Non sei de que se es­can­da­li­zan.

É nor­mal es­tar fo­rra­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.