«A ade­cua­ción de pra­zas en Ma­xis­te­rio non su­po­rá o pe­che de fa­cul­ta­des»

Vén de pre­sen­tar no Se­na­do a súa pro­pos­ta dun «nu­me­rus clau­sus» de alum­nos de Edu­ca­ción

La Voz de Galicia (Ferrol) - - GALICIA - SARA CA­RREI­RA

«O no­so pro­fe­so­ra­do ten un no­ta­ble al­to, pe­ro te­mos que as­pi­rar a un so­bre­saín­te, por­que o fu­tu­ro da no­sa so­cie­da­de pa­sa po­la edu­ca­ción». O con­se­llei­ro de Edu­ca­ción, Ro­mán Ro­drí­guez, re­pi­te va­rias ve­ces es­ta frase ao lon­go dun­ha en­tre­vis­ta cen­tra­da na pro­pos­ta que pre­sen­tou es­ta se­ma­na no Se­na­do: vin­cu­lar —«ade­cuar» é o ter­mo que uti­li­za, por­que non lle gus­ta fa­lar de nu­me­rus clau­sus— a can­ti­da­de de gra­dua­dos en Ma­xis­te­rio (Edu­ca­ción In­fan­til e Pri­ma­ria) á ca­pa­ci­da­de de ab­sor­ción la­bo­ral do sis­te­ma edu­ca­ti­vo.

—Is­to ten al­go que ver co mir que anun­ciou o mi­nis­tro o pa­sa­do sá­ba­do?

—É un­ha pro­pos­ta den­tro do de­ba­te xe­ral: eu le­vei­na ao Se­na­do e in­clúe ou­tras fa­ses, pe­ro ten que ser de ám­bi­to es­ta­tal. A pri­mei­ra se­ría a ade­cua­ción do nú­me­ro de pra­zas á ca­pa­ci­da­de de ab­sor­ción la­bo­ral do sis­te­ma. Non é al­go que in­ven­ta­se eu, xa o ano pa­sa­do a Con­fe­ren­cia de De­ca­nos de Edu­ca­ción pe­diu is­to mes­mo, por­que ter un nú­me­ro de gra­dua­dos moi por ri­ba do que se ne­ce­si­ta xe­ra moi­ta frus­tra­ción a es­tes alum­nos. A se­gun­da fa­se se­ría un pro­ce­so se­me­llan­te ao mir, e di­go «se­me­llan­te» por­que os dous ser­vi­zos te­ñen moi­tas di- fe­ren­zas or­ga­ni­za­ti­vas, es­tru­tu­rais... E a ter­cei­ra fa­se é pro­gra­mar un­ha ca­rrei­ra do­cen­te, un­ha for­ma­ción con­ti­nua con in­cen­ti­vos que se­xan máis que os bio­ló­xi­cos, co­mo par­ti­ci­par en pro­xec­tos de in­no­va­ción ou im­pli­car­se na for­ma­ción con­ti­nua­da.

—Pois a idea do mir pa­re­ce que non gus­tou aos pro­fe­so­res, no­mea­da­men­te aos sin­di­ca­tos.

—Non o en­ten­do, por­que non vai nun­ca en con­tra do pro­fe­so­ra­do, se­nón a fa­vor da súa con­si­de­ra­ción so­cial e o seu pres­ti­xio. A cues­tión é ter os me­llo­res pro­fe­so­res po­si­bles, e iso non que­re di­cir que ho­xe non se­xan bos. En Ga­li­cia te­mos 30.000 do­cen­tes no ser­vi­zo pú­bli­co e so­mos a ter­cei­ra co­mu­ni­da­de de Es­pa­ña, así que po­de­mos di­cir que os no­sos mes­tres e pro­fe­so­res son moi bos. Te­mos un pro­fe­so­ra­do de no­ta­ble al­to, pe­ro te­mos que as­pi­rar a un so­bre­saín­te, e po­de­mos fi­xar­nos na­que­les pro­ce­sos que me­llo­ra­ron ou­tros ám­bi­tos, co­mo o da me­di­ci­na. O pri­mei­ro be­ne­fi­cia­do se­ría o pro­fe­sor.

—Te­ñen me­do de que os pro­fe­so­res en prác­ti­cas se con­ver­tan en mes­tres «ba­ra­tos».

—Pe­ro fa­lan de su­po­si­cións, por­que en nin­gún mo­men­to se ma­ni- fes­ta­ron so­bre o que vai ser. Non o sa­be­mos. Non ten sen­ti­do fa­lar de sa­la­rios, é un ruí­do in­ne­ce­sa­rio nes­te mo­men­to. Cús­ta­me pen­sar que un pro­fe­sor non quei­ra ter a per­cep­ción so­cial dun mé­di­co.

—Vol­va­mos á súa pro­pos­ta de re­vi­sión do alum­na­do de Edu­ca­ción. Su­po­rá en Ga­li­cia, un­ha co­mu­ni­da­de con seis fa­cul­ta­des, o pe­che dal­gun­ha?

—En ab­so­lu­to. A ade­cua­ción do alum­na­do de Ma­xis­te­rio non su­po­rá o pe­che de nin­gun­ha fa­cul­ta­de. Non é al­go que aca­ba­ra­mos de in­ven­tar, é un­ha de­man­da dos pro­pios de­ca­nos. Fa­cer un­ha ca­rrei­ra su­pón in­ves­tir moi­to tem­po e es­for­zo pa­ra un ra­paz, e di­ñei­ro que lle cus­ta á súa fa­mi­lia, e ta­mén in­vis­te o Es­ta­do. Cal­que­ra alumno que es­tá a fa­cer ho­xe o grao de Edu­ca­ción que­re de­vol­ver­lle á so­cie­da­de o que a so­cie­da­de in­ves­tiu nel, e que­re vi­vir de acor­do co que el mes­mo in­ves­tiu. Non po­de­mos per­mi­tir que to­do ese es­for­zo, duns e dou­tros, se con­ver­ta en frus­tra­ción.

—Di vos­te­de que Ga­li­cia ten moi­to de que pre­su­mir en edu­ca­ción. Fí­xoo en Madrid es­ta se­ma­na?

—Ga­li­cia me­llo­rou moi­to en ca­li­da­de e en equi­da­de. Es­ta­mos no pri­mei­ro posto de Es­pa­ña nis­to, te­mos a maior por­cen­ta­xe de alum­nos con ne­ce­si­da­des edu­ca­ti­vas es­pe­ciais nas au­las or­di­na­rias. Is­to fí­xo­se cun es­for­zo moi no­ta­ble, pe­ro aín­da que­da moi­to por fa­cer. Aín­da así, non de­be­mos ser ne­ga­ti­vos; moi­tas ve­ces pen­sa­mos nou­tros lu­ga­res e tal­vez se os co­ñe­cé­se­mos que­da­ria­mos máis con­ten­tos co que te­mos, se sou­bé­se­mos co­mo aten­den aos ra­pa­ces con ne­ce­si­da­des edu­ca­ti­vas es­pe­ciais en Ho­lan­da ou Ale­ma­ña...

«O no­so pro­fe­so­ra­do é de no­ta­ble al­to, pe­ro que­re­mos que se­xa de so­bre­saín­te»

S. ALON­SO

Ro­drí­guez de­fen­de o ac­ce­so li­mi­ta­do, o mir e a ca­rrei­ra do­cen­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.