«Apos­ta­mos po­lo me­dio ru­ral»

Mar­cos Váz­quez des­ta­ca a im­por­tan­cia de que os pro­fe­sio­nais do sec­tor es­tén co­le­xia­dos

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Colegios Profesionales - LUIS CON­DE

Mar­cos Váz­quez ocu­pa a pre­si­den­cia do Co­le­xio de En­xe­ñei­ros Téc­ni­cos Agrí­co­las e Agró­no­mos de Lu­go. Es­te pro­fe­sio­nal ana­li­za a si­tua­ción que atra­ve­sa o sec­tor na ac­tua­li­da­de. Váz­quez in­sis­te na im­por­tan­cia des­ta fi­gu­ra, que pres­ta un ser­vi­zo com­ple­to en dis­tin­tos ám­bi­tos no ru­ral.

—¿Cal é a fun­ción dun pe­ri­to?

—O pe­ri­to agrí­co­la dei­xou pa­so ao en­xe­ñei­ro téc­ni­co agrí­co­la, e na ac­tua­li­da­de am­bas de­ron pa­so a Gra­dua­dos en En­xe­ñe­ría Agrí­co­la. A súa fun­ción xi­ra en torno ao desen­vol­ve­men­to do me­dio ru­ral, da agri­cul­tu­ra, da gan­de­ría e das re­la­cións das per­soas co te­rri­to­rio, es­tu­dan­do e di­vul­gan­do o co­ñe­ce­men­to cien­tí­fi­co que se pro­du­ce e po­ñén­doo en prác­ti­ca me­dian­te a rea­li­za­ción e di­rec­ción de pro­xec­tos prác­ti­cos. O en­xe­ñei­ro agrí­co­la vo­ca­cio­nal é un téc­ni­co cu­xo va­lor ten un­ha for­te re­per­cu­sión no desen­vol­ve­men­to sos­ti­ble do me­dio ru­ral, posto que os seus co­ñe­ce­men­tos avan­za­dos xi­ran arre­dor da pro­du­ción de ali­men­tos de al­ta ca­li­da­de, aten­den­do á sim­bio­se en­tre a te­rra e o ser hu­mano, ou se­xa, na bus­ca en­tre o equi­li­brio e a pro­du­ción, o coida­do do me­dio e a dos ha­bi­tan­tes do mes­mo.

—¿Cal é o prin­ci­pal ám­bi­to de ac­tua­ción des­te pro­fe­sio­nal?

—Na no­sa pro­vin­cia, a fi­gu­ra pre­do­mi­nan­te é o en­xe­ñei­ro téc­ni­co agrí­co­la. Es­ta pro­fe­sión pó­de­se exer­cer de for­ma li­bre, na em­pre­sa pri­va­da ou na pú­bli­ca, sen­do ha­bi­tual ato­par en­xe­ñei­ros xe­ren­cian­do em­pre­sas de di­ver­sos ti­pos, coope­ra­ti­vas, sen­do ti­tu­la­res de ex­plo­ta­cións agro­gan­dei­ras, pro­fe­so­res no en­sino re­gra­do ou fun­cio­na­rios de cal­que­ra ad­mi­nis­tra­ción.

—¿De que ma­nei­ra con­tri­búe a con­se­guir o desen­vol­ve­men­to sos­ti­ble do me­dio ru­ral?

—Coa súa for­ma­ción e vo­ca­ción, é o téc­ni­co máis idó­neo pa­ra ase­so­rar, in­for­mar e pro­xec­tar alí on­de se­xa ne­ce­sa­rio, des en­vol­ver un víncu­lo en­tre a te­rra e a pro­du­ción de ali­men­tos, posto que ato­par o equi­li­brio en­tre pro­du­cir de for­ma sos­ti­ble e non de­gra­dar é un­ha ta­re­fa moi com­ple­xa, a cal re­qui­re un­ha vi­sión am­pla so­bre o ma­ne­xo do so­lo co­mo ele­men­to vi­vo. As ti­tu­la­cións que con­du­cen a es­ta pro­fe­sión te­ñen no seu cu­rrícu­lo ma­te­rias di­ver­sas co­mo cálcu­lo de es­tru­tu­ras, me­cá­ni­ca de so­los, bo­tá­ni­ca, mo­to­res en­do­tér­mi­cos, deseño de ins­ta­la­cións, de­rei­to agra­rio, di­ná­mi­ca de fluí­do. En de­fi­ni­ti­va, ar­mas máis que su­fi­cien­tes pa­ra axu­dar na to­ma de de­ci­sións.

—¿Exis­te in­tru­sis­mo?

—Em­pé­za­se a po­ñer de mo­da fa­lar do ru­ral, pe­ro ou­tra cou­sa é con­se­guir que se­xa ne­ta­men­te atrac­ti­vo tra­ba­llar nel. Ago­ra, si co­me­za a exis­tir in­tru­sio­nis­mo á ho­ra de rea­li­zar tra­ba­llos de en­xe­ñe­ría, ar­qui­tec­tu­ra ou cal­que­ra ou­tra de­ci­sión téc­ni­ca no ru­ral. Por iso, a for­ma­ción do téc­ni­co agrí­co­la de­be di­fe­ren­ciar­se co­mo a máis axei­ta­da pa­ra ac­tuar de for­ma ra­cio­nal no deseño do me­dio ru­ral do fu­tu­ro. O téc­ni­co agrí­co­la de­be di­fe­ren­ciar­se e im­po­ñer o seu po­ten­cial de co­ñe­ce­men- to pa­ra de­mos­trar que é o máis axei­ta­do pa­ra pla­ni­fi­car o fu­tu­ro do ru­ral e non só pa­ra ob­ter li­cen­cias ur­ba­nís­ti­cas ou pe­dir sub­ven­cións.

FIR­MA AGEN­CIA

Mar­cos Váz­quez

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.