O se­gun­do con­cer­to de de­bu­tan­tes pe­cha os ac­tos

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Letras Galegas -

O mes adi­ca­do as Le­tras Ga­le­gas re­ma­ta­rá en Mon­for­te co se­gun­do con­cer­to de de­bu­tan­tes, que se ce­le­bra­rá o pró­xi­mo día 25 ás se­te do se­rán na ca­sa de cul­tu­ra Poe­ta Lois Pe­rei­ro. Es­te ac­to en­már­ca­se den­tro do mar­co de co­la­bo­ra­ción en­tre a So­cie­da­de Fi­lar­mó­ni­ca de Mon­for­te, o con­ser­va­to­rio mu­ni­ci­pal e a con­ce­lle­ría de Edu­ca­ción.

Nes­te con­cer­to par­ti­ci­pa­rán os alum­nos que nes­te cur­so lec­ti­vo ve­ñen de re­ma­tar os es­tu­dos de grao pro­fe­sio­nal. Os in­tér­pre­tes se­rá Al­da­ra Ote­ro (vio­lín), Ma­ría Gue­de­lla (gui­ta­rra), Dyan­go Pé­rez (per­cu­sión), e San­tia­go Alon­so (sa­xo­fón). Ta­mén par­ti­ci­pa­rán no con­cer­to co­mo acom­pa­ñan­tes os pia­nis­tas Lu­cas Ló­pez (alumno de quin­to cur­so de grao pro­fe­sio­nal) e a pro­fe­so­ra Ma­ría Xe­sús San­ta­lla.

A his­to­ria do con­ser­va­to­rio

O con­ser­va­to­rio Mes­tre Ibá­ñez co­me­zou a súa an­dai­na no ano 2000. O cen­tro con­ta con dez pro­fe­so­res de dis­tin­tas es­pe­cia­li­da­des, e den­de a súa aper­tu­ra ata ho­xe re­ci­bi­ron for­ma­ción aca­dé­mi­ca nes­te cen­tro uns seis­cen­tos alum­nos. No con­ser­va­to­rio pó­de­se aca­dar o cer­ti­fi­ca­do de grao ele­men­tal e o de grao pro­fe­sio­nal en mú­si­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.