«Te­mos un pro­gra­ma axei­ta­do»

O rexedor mon­for­tino di que as fes­tas pa­tro­nais re­cu­pe­ra­ron a so­na que ti­ñan

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Fiestas Patronales De Monforte - LUIS CON­DE

Oal­cal­de, Jo­sé To­mé, des­ta­ca a ca­li­da­de do pro­gra­ma des­te ano. Fai fin­ca­pé nos con­cer­tos e con­si­de­ra que vol­ven re­cu­pe­rar o pro­ta­go­nis­mo que ti­ve­ron nou­tras épo­cas.

—¿Co­mo ve as fes­tas?

—Tras o bo sa­bor de bo­ca e o ba­lan­ce tan po­si­ti­vo que as fes­tas do pa­sa­do ano dei­xa­ron na eco­no­mía de Mon­for­te, afron­ta­mos os días gran­des de agos­to con ga­nas e ilu­sión. Per­ci­bi­mos que den­de fi­nais de xu­llo te­mos un au­men­to do nú­me­ro de tu­ris­tas. Se era nor­mal que nos días gran­des de agos­to hou­be­se moi­tos vi­si­tan­tes, pe­ro des­ta vol­ta pa­re­ce que hai un in­cre­men­to da xen­te que ven pa­sar uns días a Mon­for­te un pou­co an­tes.

—¿É o pro­gra­ma que que­ría?

—É un pro­gra­ma axei­ta­do, e por iso o fi­xe­mos así. Hai ac­tua­cións pen­sa­das pa­ra to­dos os pú­bli­cos e con­tem­pla­mos di­fe­ren­tes es­ti­los mu­si­cais. A no­sa in­ten­ción é ir me­llo­ran­do ca­da ano.

—¿Can­do foi can­di­da­to á al­cal­día di­xo que lle da­ría un pu­lo os festexos, con­que­riuno?

—Efec­ti­va­men­te, can­do che­guei á al­cal­día un dos meus ob­xec­ti­vos era re­cu­pe­rar o pres­ti­xio e a so­na das fes­tas. O pa­sa­do ano de­mos un pa­so im­por­tan­te pa­ra vol­ver ser un re­fe­ren­te den­tro da co­mar­ca, e nes­te imos con­ti­nuar por ese ca­mi­ño. Na pro­gra­ma­ción es­tán pre­sen­tes ar­tis­po­lo tas que atraen moi­to pú­bli­co e es­tou se­gu­ro que xen­te dou­tras ci­da­des de Galicia se vai des­pra­zar ata Mon­for­te pa­ra go­zar dos es­pec­tácu­los.

—¿Que é o que máis o se­du­ce do pro­gra­ma?

—O máis atrac­ti­vo é que man­te­mos a sen­da ini­cia­da no 2016 e vol­ve­mos ter gran­des ac­tua­cións, co­mo son des­ta vol­ta os con­cer­tos de Da­vid Bustamante, Celtas Cor­tos, Juan Pe­rro e Ro­sa Cedrón. To­dos eles, es­pec­tácu­los de bal­de pa­ra to­do o mun­do. Des­ta­co a ca­li­da­de das or­ques­tras e as ac­ti­vi­da­des de rúa e os fo­gos en xe­ral, pe­ro par­ti­cu­lar­men­te os do río.

—¿Cal é o or­za­men­to?

—Des­ti­na­mos un­ha par­ti­da de 180.000 eu­ros dos or­za­men­tos mu­ni­ci­pais, ó que hai que en­ga­dir un­ha axu­da da Depu­tación.

—¿Non con­si­de­ra que é o mo­men­to de que sec­to­res pro­du­ti­vos dean un pa­so adian­te?

—Se­ría po­si­ti­vo que hou­be­se un­ha im­pli­ca­ción dos sec­to­res pro­du­ti­vos da ci­da­de na or­ga­ni­za­ción das pa­tro­nais, igual que en to­dos os te­mas de in­tere­se xe­ral pa­ra o Con­ce­llo.

—¿Por que eli­xi­ron a Jo­sé Ma­nuel Pa­ra­da co­mo pre­goei­ro?

—Jo­sé Ma­nuel Pa­ra­da é un pre­sen­ta­dor de ra­dio e te­le­vi­sión de so­bra co­ñe­ci­do po­lo pú­bli­co. Con­se­guiu im­por­tan­tes re­co­ñe­ce­men­tos ó lon­go da súa tra­xec­to­ria pro­fe­sio­nal, co­mo por exem­plo a An­te­na de Ou­ro seu la­bor á fron­te do pro­gra­ma Ci­ne de ba­rrio. Ade­mais, é mon­for­tino, po­lo que é un or­gu­llo que acep­ta­se vir.

—¿Gus­ta­ría­lle am­pliar os días?

—Na prác­ti­ca as fes­tas du­ran seis días, e eu con­si­de­ro que pa­ra un­ha ci­da­de do ta­ma­ño de Mon­for­te é o axei­ta­do.

—¿En que obras tra­ba­llan?

—Son moi­tas as ac­tua­cións nas que es­ta­mos tra­ba­llan­do, en­tre as que hai pro­xec­tos va­ria­dos re­la­cio­na­dos co sa­nea­men­to, coa ur­ba­ni­za­ción das rúas, coa ilu­mi­na­ción da ci­da­de e ta­mén con melloras no me­dio ru­ral. Nes­te sen­so, po­de­mos ci­tar a me­llo­ra das rúas Du­que­sa de Al­ba, Con­de, Es­tre­la, Co­bas, Eduar­do Pon­dal, Par­do Ba­zán e así un­ha lon­ga lis­ta ata de­zaoi­to rúas, que se­rán exe­cu­ta­das ou, po­lo me­nos, con­tra­ta­das con car­go ao or­za­men­to do pre­sen­te ano. Ha­be­rá ta­mén melloras no sa­nea­men­to en Acea Nova, Va­lle In­clán e Cal­vo So­te­lo. Imos se­guir coa me­llo­ra do alu­mea­do pú­bli­co na­que­las zo­nas da ci­da­de nas que se­xa máis ne­ce­sa­rio. Tra­ba­lla­mos pa­ra me­llo­rar o con­xun­to do no­so Con­ce­llo.

—Ca­da ano sé­gue­se a fa­lar do por­to se­co, pe­ro a reali­da­de é que non se ins­ta­lou nin­gun­ha em­pre­sa, ¿can­do ve­re­mos bro­tes ver­des nes­te es­pa­zo?

—O Con­ce­llo xes­tio­nou e fi­nan­ciou ó 50% o ser­vi­zo de de­pu­ra­ción das au­gas re­si­duais do por­to se­co, al­go do que ca­re­cía des­pois de tan­tos anos, e por fin, as obras da de­pu­ra­do­ra es­tán xa a pi­ques de re­ma­tar. A par­tir de aí, es­pe­re­mos que se cum­pran os com­pro­mi­sos que fi­xo a Xun­ta en re­la­ción coa im­plan­ta­ción de dúas em­pre­sas no par­ce­la­rio do por­to se­co e oxa­lá se­xa o inicio real das ac­ti­vi­da­des na pla­ta­for­ma lo­xís­ti­ca da que se le­va fa­la­do moi­to pe­ro que na prác­ti­ca to­do foi con re­tra­so.

—¿Que ac­tua­cións le­van a ca­bo pa­ra que as em­pre­sas se ins­ta­len no po­lí­gono?

—O po­lí­gono do Re­bo­re­do é com­pe­ten­cia da em­pre­sa pú­bli­ca Sue­lo Em­pre­sa­rial del Atlán­ti­co e as com­pe­ten­cias en in­dus­tria son do go­berno ga­le­go. O Con­ce­llo den­tro es­tá tra­tan­do de arran­xar un pro­ble­ma que se ven arras­tran­do den­de 2012 en re­la­ción coas par­ce­las mu­ni­ci­pais que se ven­de­ron a em­pre­sa­rios mon­for­ti­nos. Pre­ten­de­mos dar­lle un­ha so­lu­ción sa­tis­fac­to­ria pa­ra to­dos.

—¿Ca­les son os pro­xec­tos de fu­tu­ro cos que tra­ba­lla?

—Na me­llo­ra da ur­ba­ni­za­ción da ci­da­de, na apro­ba­ción do Plan Es­pe­cial do Cas­co His­tó­ri­co, na me­llo­ra do sa­nea­men­to xun­to coa Depu­tación e a Con­fe­de­ra­ción do Mi­ño Sil. Se­gui­re­mos coa me­llo­ra da ilu­mi­na­ción da ci­da­de e na me­llo­ra da aten­ción ás per­soas, posto que os ser­vi­zos so­ciais son al­go prio­ri­ta­rio pa­ra es­te go­berno.

—¿Can­do po­rán a mu­ra­lla en va­lor?

—O Con­ce­llo de Mon­for­te de­man­dou­lle á Xun­ta que aco­me­ta a re­cu­pe­ra­ción e a reha­bi­li­ta­ción da Mu­ra­lla ten­do co­mo re­fe­ren­cia o plan di­rec­tor que re­dac­tou o ar­qui­tec­to Alonso Montero no ano 2008 en­car­ga­do po­la Xun­ta a tra­vés da Di­rec­ción Xe­ral de Pa­tri­mo­nio. Po­lo tan­to, co­rres­pón­de­lle ao go­berno ga­le­go aco­me­ter a re­cu­pe­ra­ción do mo­nu­men­to me­die­val co­mo un dos úni­cos que hai en Galicia da súa mag­ni­tu­de. Con­ta­rá co apoio do Con­ce­llo.

—¿Que lle di aos lec­to­res?

—Que­ro ani­mar a to­dos a que par­ti­ci­pen de for­ma ac­ti­va nos di­fe­ren­tes ac­tos pro­gra­ma­dos, que apro­vei­ten pa­ra vi­vir mo­men­tos úni­cos que co pa­so do tem­po, de se­gu­ro se con­ver­te­rán en lem­bran­zas es­pe­ciais coa fa­mi­lia e cos ami­gos. O pú­bli­co é o pro­ta­go­nis­ta dos festexos, xa que sen a súa par­ti­ci­pa­ción na­da dis­to te­ría sen­ti­do.

To­mé, al­cal­de de Mon­for­te

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.