Zun­cu­rrun­du­llo, más que un gru­po mu­si­cal

O gru­po de gai­tei­ros e per­cu­sio­nis­tas Zun­cu­rrun­du­llo ac­tua­rá na inau­gu­ra­ción da fes­ta

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Portada - A. CABADO / S.V. LU­GO / LA VOZ

A Aso­cia­ción Cul­tu­ral e Mu­si­cal Zun­cu­rrun­du­llo, de Cas­tro­ver­de, abri­rá ma­ñá a Fei­ra de Ar­te­sa­nía e Gas­tro­no­mía. O gru­po, for­ma­do por arre­dor de quin­ce gai­tei­ros e per­cu­sio­nis­tas, inau­gu­ra­rá as fes­tas cun­ha ac­tua­ción, con per­co­rri­do po­lo re­cin­to in­cluí­do, ás 12 do me­dio­día.

Zun­cu­rrun­du­llo na­ceu en 1989 da man de Cán­di­do Díaz, un ho­me que le­va toda a vi­da vin­cu­la­do coa mú­si­ca tra­di­cio­nal. De fei­to, Díaz aín­da é ac­tual­men­te di­rec­tor do gru­po, que con­ta con in­te­gran­tes de to­das as ida­des: den­de os máis maio­res, con máis de me­dio sécu­lo de vi­da ao lom­bo, ata os máis ca­ti­vos, que son ra­pa­ces e ra­pa­zas de quin­ce ou de­za­seis anos. Os mem­bros pro­cu­ran in­cul­car­lle aos ne­nos o va­lor da mú­si­ca tra­di­cio­nal ga­le­ga, a fin de en­ri­que­ce­los e ga­ran­tir o re­le­vo xe­ra­cio­nal do gru­po.

Un­ha das si­nais de iden­ti­da­de de Zun­cu­rrun­du­llo é, se­gun­do nos con­ta Ma­ría Jo­sé, un­ha das in­te­gran­tes do gru­po, que sem­pre in­ten­tan «fa­cer cou­sas ori­xi­nais». Esa foi, ca­se den­de o pri­mei­ro in­tre, a von­ta­de de Cán­di­do Díaz, e así o trans­mi­tiu ao res­to de com­po­ñen­tes do gru­po. «Sem­pre in­ten­ta com­pli­car­nos un pou­co», in­di­ca Ma­ría Jo­sé.

Des­te xei­to, Zun­cu­rrun­du­llo foi un dos pri­mei­ros gru­pos que to­cou El Con­cier­to de Aran­juez, do com­po­si­tor Joa­quín Rodrigo. Ta­mén to­ca­ron mú­si­ca clá­si­ca ou ban­das so­no­ras dal­gun­has pe­lí­cu­las, co­ma Mi­sión im­po­si­ble ou A mor­te ti­ña un pre­zo.O gru­po, po­lo tan­to, sem­pre pro­cu­rou a in­no­va­ción e a ori­xi­na­li­da­de, e ato­pou ne­las a súa esen­cia.

Non obs­tan­te, Ma­ría Jo­sé ex­pli­ca que a ban­da non se po­de cla­si­fi­car co­ma un­ha ban­da mar­cial, pe­ro tam­pou­co a de­fi­ni­ría co­ma tra­di­cio­nal. Es­ta­blé­ce­se nun­ha po­si­ción ecléc­ti­ca: to­can te­mas tra­di­cio­nais e ou­tros cos que bus­ca sor­pren­der. E, na súa opi­nión, es­ta sim­bio­se fun­cio­na: «A xen­te res­pon­de moi ben can­do to­ca­mos, gús­ta­lles, nó­ta­se que lles sor­pren­de o que fa­ce­mos».

Ten­do en con­ta que a maio­ría de com­po­ñen­tes de Zun­cu­rrun­du­llo vi­ve ou ten al­gún ti­po de víncu­lo con Cas­tro­ver­de, é evi­den­te que pa­ra eles ac­tuar alí é al­go es­pe­cial. Na fei­ra de ar­te­sa­nía de ma­ñá, co­ma de cos­tu­me nes­ta fes­ta, que sem­pre a abren eles, le­va­rán o seu tra­xe me­die­val.

Va­rios dos com­po­ñen­tes ac­tuais do gru­po Zun­cu­rrun­du­llo.

Al­gúns dos in­te­gran­tes do gru­po, du­ran­te un­ha ac­tua­ción es­te ano.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.