Mú­si­ca e bai­le tra­di­cio­nal a mo­reas

A Aso­cia­ción Cul­tu­ral An­dra­de par­ti­ci­pa nas fes­tas vi­lal­be­sas con pa­sa­rrúas e mos­tras

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Fiestas De San Ramón - LAU­RA LÓPEZ

A mú­si­ca e o bai­le tra­di­cio­nal te­ñen un­ha im­por­tan­te pre­sen­za nas fes­tas de Vilalba, da man da Aso­cia­ción Cul­tu­ral de An­dra­de, que par­ti­ci­pa con pa­sa­rrúas e di­fe­ren­tes mos­tras. Es­te co­lec­ti­vo le­va co­la­bo­ran­do coas fes­tas des­de os seus ini­cios, en 1999.

A Xi­ra da ter­cei­ra ida­de, que se ce­le­brou a se­ma­na pa­sa­da, xa con­tou coa ani­ma­ción do gru­po de gai­tas e pan­de­re­tei­ras des­te co­lec­ti­vo. Ade­mais, ho­xe te­rán va­rias ac­tua­cións.

Por un la­do, con mo­ti­vo do ac­to de clau­su­ra do Cer­ta­me Li­te­ra­rio, ás 19.30 ho­ras na Ca­sa da Cul­tu­ra, ac­tua­rán o gru­po de gai­tas e ta­mén as ne­nas que par­ti­ci­pa­ron en xu­llo no «Na­tio­nal Dan­ce», o en­con­tro mun­dial de dan­za que se ce­le­brou en Ale­ma­ña, on­de re­pre­sen­ta­ron por pri­mei­ra vez a Es­pa­ña cun es­pec­tácu­lo de dan­za: «Non se tra­ta de bai­le tra­di­cio­nal, se­nón de dan­za, e ten que es­tar fei­to con mú­si­ca fol­cló­ri­ca e in­cluír un mí­ni­mo de pa­sos», ma­ti­za Noe­lia Blan­co, un­ha das res­pon­sa­bles da aso­cia­ción e pro­fe­so­ra de bai­le. A súa par­ti­ci­pa­ción foi moi ben aco­lli­da po­lo xu­ra­do, se­gun­do ex­pli­ca Blan­co. Ho­xe non re­pro­du­ci­rán o mes­mo es­pec­tácu­lo que en Ale­ma­ña, por fal­ta de es­pa­zo, pe­ro pre­pa­ran un­ha pe­za es­pe­cial pa­ra a oca­sión.

Por ou­tra ban­da, os gru­pos de adul­tos da Aso­cia­ción Cul­tu­ral de An­dra­de to­ma­rán par­te na II Fo­lia­da do 30, que te­rá lu­gar ás 23.00 ho­ras na Pra­za de San-

Ne­nas da aso­cia­ción An­dra­de re­pre­sen­ta­ron a Es­pa­ña no «Na­tio­nal Dan­ce» de Ale­ma­ña

ta Ma­ría. Ade­mais de An­dra­de, ac­tua­rán os ou­tros tres gru­pos de mú­si­ca tra­di­cio­nal de Vilalba: En­tre Lus­co e Fus­co, Gru­po de Gai­tas Ma­to Vi­zo­so e Bu­xos Ver­des.

Es­te ven­res vol­ve­rán ac­tuar os di­fe­ren­tes gru­pos. Por un­ha ban­da, par­ti­ci­pa­rán os de gai­tas, pan­dei­re­tas e bai­le, de ne­nos e maio­res, nos pa­sa­rrúas (ade­mais de Bu­xos Ver­des, acom­pa­ña­dos po­los Ca­be­zu­dos) e ta­mén na pro­ce­sión. Ade­mais, an­tes da se­sión ver­mú, ha­be­rá un­ha mos­tra a car­go dos máis pe­que­nos da aso­cia­ción.

130 alum­nos

Ade­mais da par­ti­ci­pa­ción nas fes­tas, os gru­pos de An­dra­de to­man par­te no ve­rán, fun­da­men­tal­men­te, en di­fe­ren­tes fes­tas da pro­vin­cia cos can­tos de ta­ber­na. En ou­tu­bro em­pe­za­rán as cla­ses; im­par­ten bai­le tra­di­cio­nal, pan­dei­re­ta, gai­ta, tam­bo­ril e per­cu­sión bra­si­lei­ra, con di­fe­ren­tes gru­pos di­vi­di­dos por ida­des. De fei­to, te­ñen xen­te ma­tri­cu­la­da de 2 anos en adian­te. En to­tal, con­tan con 130 alum­nos apro­xi­ma­da­men­te, se­gun­do ex­pli­ca Blan­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.