«A Fon­sa­gra­da é a mi­ña casa»

O xo­ga­dor, que de­bu­ta­rá es­te ano en Di­vi­sión de Hon­ra, da­rá ho­xe o pre­gón nas pa­tro­nais

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Entrevista - A. CABADO / S.V.

Ismael Sa­mar­tino (1991) vi­ve o seu me­llor mo­men­to co­ma de­por­tis­ta. O pe­che fon­sa­gra­dino vai co­me­zar a súa cuar­ta tem­pa­da nas fi­las de O Pa­rru­lo Fe­rrol, na que se­rá a súa cam­pa­ña de de­but na Di­vi­sión de Hon­ra do fút­bol sa­la. Ismael foi eli­xi­do pa­ra pro­nun­ciar o pre­gón es­ta noi­te, nas fes­tas pa­tro­nais da súa lo­ca­li­da­de na­tal.

—¿Que su­pón pa­ra vos­te­de­ser eli­xi­do pa­ra dar o pre­gón nas fes­tas?

—Es­tou moi agra­de­ci­do, sig­ni­fi­ca un or­gu­llo pa­ra min. Que che re­co­ñe­zan así na casa é de agra­de­cer. Co­mu­ni­cou­mo o con­se­llei­ro de De­por­tes a fi­nais de xu­ño e di­xen que si.

—Vai co­me­zar o seu cuar­to ano en Fe­rrol. Can­do un pa- sa va­rios anos fó­ra, pér­de­se o víncu­lo coa vila na­tal?

—Non, non se per­de o víncu­lo. Non po­do vir tan­to co­ma me gus­ta­ría, e ob­via­men­te non é o mes­mo, pe­ro ca­da vez que po­do ve­ño ata aquí. Ao fi­nal A Fon­sa­gra­da é a mi­ña casa. Can­do es­tás fó­ra, va­lo­ras máis o tem­po que es­tás aquí.

—¿No­ta que a xen­te lle re­co­ñe­ce máis ago­ra?

—Ao ser un po­bo pe­queno co­ñe­cé­mo­nos to­dos. Pe­ro si que hai máis con­ver­sa­cións so­bre o fút­bol, es­pe­cial­men­te es­te ano a xen­te me pre­gun­ta po­lo éxi­to des­ta tem­pa­da. Pe­ro non é na­da ex­ce­si­vo, por­que son xen­te á que xa co­ñe­cía de an­tes.

—¿Co­mo foi a pre­tem­pa­da e co­mo ven es­te ano?

—Tra­ba­lla­mos moi du­ro e es­ta­mos bas­tan­te fa­ti­ga­dos. Vai ser un­ha tem­pa­da du­rí­si­ma. A prio­ri so­mos un dos equi­pos máis dé­bi­les, así que se­rá di­fí­cil. Es­ta­mos aco­plan­do á xen­te que che­gou no­va, imos pou­qui­ño a pou­co. Os re­sul­ta­dos nos amis- to­sos non acom­pa­ña­ron moi­to, pe­ro o im­por­tan­te é che­gar ao ini­cio da li­ga ben pa­ra in­ten­tar sal­var a ca­te­go­ría.

—¿Hai máis ilu­sión po­lo re­to ou me­do po­la di­fi­cul­ta­de do mes­mo?

—Hai das dúas cou­sas. Te­mos moi­ta ilu­sión, pe­ro sa­be­mos que vai ser du­ro, so­mos cons­cien­tes de que po­de dar­se o ca­so de que se pro­du­za o des­cen­so. Pe­ro imos in­ten­tar que non se­xa así, cos­tou moi­to che­gar ata aquí co­mo pa­ra des­pe­dir­nos xa es­te ano.

—Em­pe­za­des na casa an­te El Po­zo Mur­cia. ¿Es­ta­des con­ten­tos co ri­val ou pre­fe­ría­des xo­gar con­tra un equi­po máis di­rec­to?

—A min éme bas­tan­te in­di­fe­ren­te. Vai ser bo­ni­to, se­gu­ra­men­te ve­ña moi­ta xen­te. Se ade­mais ga­ñá­se­mos se­ría es­pec­ta­cu­lar. Ao fi­nal un ten que xo­gar con­tra to­dos, así que tan­to ten con quen em­pe­ce­mos.

—¿Sen­ti­des pre­sión por lo­grar a per­ma­nen­cia?

—Pre­sión non, por­que to­do o mun­do é cons­cien­te de que nin­guén es­pe­ra­ba que es­ti­vé­se­mos aquí. Imos dar o má­xi­mo, pe­ro pre­sión non te­mos por­que so­mos un equi­po moi hu­mil­de, moi­tos tra­ba­lla­mos ou es­tu­da­mos e xa par­ti­mos cun­ha des­van­ta­xe bas­tan­te gran­de.

—¿Que des­ta­cas das fes­tas?

—Sem­pre son es­pe­ciais. Lém­bro­me de can­do era un cha­val, era un­ha da­ta moi es­pe­cial, e ago­ra ta­mén por­que te ato­pas con moi­ta xen­te coa que coin­ci­des pou­co, po­dé­mo­nos xun­tar, e é bo­ni­to ver o po­bo con tan­ta vi­da.

MA­NUEL

Iván Sa­mar­tino.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.