Na com­pa­ña de don Án­xel

Fo­le foi du­ran­te dé­ca­das ob­ser­va­dor e tes­te­mu­ña dos cos­tu­mes pro­pios des­tas fes­tas

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Personaxes - XO­SÉ AN­TÓN POM­BO

Xa raia­ba o día in­do pa­ra o San Froi­lán can­do o via­xei­ro al­bis­cou a fi­gu­ra de don Án­xel Fo­le no me­dio da gán­da­ra. Pois si se­ñor. Es­pan­tou­se ao pen­sar que o ad­mi­ra­do na­rra­dor an­da­ría na pro­cu­ra de som­bras que nou­tro­ra fa­cían en­car­gas e da­ban avi­sos.

A ma­ñá pre­sen­tá­ba­se hú­mi­da po­la bré­te­ma es­pe­sa e as máis de ca­tro lé­goas que que­da­ban de ca­mi­ño non con­vi­da­ban a pa­rar. Aín­da así non pui­do dei­xar de aten­der o que se lle di­cía. Ben se sa­be, fa­la­ba don Án­xel, que de sem­pre as xen­tes da pro­vin­cia acu­dían ás fei­ras do San Froi­lán des­de lu­ga­res di­ver­sos por cal­que­ra ca­mi­ño en va­ria­dos trans­por­tes.

Non se tra­ta­ba só de ir ver os fo­gue­tes, es­coi­tar as mú­si­cas, sau­dar ami­za­des, ver as mo­das e co­mer o pol­bo. Ta­mén se fa­cían tra­tos: mer­cá­ba­se un ca­ba­lo, ven­día­se tri­go e tan­to se apa- la­bra­ban ca­so­rios co­ma tra­ve­sas pa­ra o fe­rro­ca­rril... E se os ne­go­cios fa­vo­re­cían ou soa­ban os car­tos nos pe­tos, pro­ce­día mer­car un tra­xe e fa­cer gas­to nas ta­ber­nas do Re­ca­te­lo.

Pois re­sul­ta que don Án­xel an­da­ba pen­sa­ti­vo. Os úl­ti­mos cos­tu­mes da xen­te dá­ban­lle moi­to que ca­vi­lar. Os be­ce­rros xa non se tra­tan e cóm­pre ir a Castro; os tra­xes non se es­ti­lan co­ma an­tes; po­las rúas vén­den­se pe­zas de rou­pa cu­rio­sa can­da ob­xec­tos exó­ti­cos; as ve­llas ta­ber­nas fo­ron subs­ti­tuí­das por ca­fe­te­rías e res­tau­ran­tes... Pe­ro o cos­tu­me de xan­tar cos ami­gos e so­ñar cos ne­go­cios do fu­tu­ro, ese non cam­biou. E ao fa­lar dos ne­go­cios ca­da­quén ten­ta o pe­to e cal­cu­la on­de co­lo­car o que hai, que as cou­sas non es­tán pa­ra fo­gue­tes, que hai quen ofre­ce o que non ten e a con­fian­za mar­chou co fu­me ven­di­do po­los fal­sa­rios que tras das me­sas que­re­rían dar ima­xe de res­pec­ta­bles. Os cam­bios van máis axi­ña do que pa­re­ce!

As re­fle­xións de don Án­xel de­ron que pen­sar ao via­xei­ro. Po­la tar­de, na ca­pi­tal, pa­sean­do en­tre o bal­bor­do da xen­te, xus­to a ca­rón dos leóns re­pro­du­ci­dos que hai fron­te dos xul­ga­dos, non dei­xou de ca­vi­lar no co­mer­cio e nas leis que o re­gu­lan. Bo­tan­do man da His­to­ria re­cor­dou que na an­ti­ga Gre­cia o deus pro­tec­tor dos co­mer­cian­tes era Her­mes, ta­mén men­sa­xei­ro dos deu­ses, xe­fe dos so­ños, con­du­tor de áni­mas ao alén, gar­da­dor de por­tas, tram­pa­llán pe­san­do ou me­din­do e re­cep­tor de ofren­das dos la­dróns.

Así as cou­sas ten­tou a car­tei­ra, com­pro­bou os car­tos do pe­to e mi­rou mal pa­ra tres en­ga­ra­va­ta­dos que pa­re­cían vir de ven­der os fu­mes que non ti­ñan.

FO­TO C. CASTRO

Fo­le foi ob­ser­va­dor do Lu­go do seu tem­po, e den­de a súa es­ta­tua se­gue a ollar a ci­da­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.