«Un san­to dos no­sos, da ca­sa, que usa­ba un bu­rri­ño do país pa­ra le­var os li­bros»

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - En Primera Persona -

O seu trán­si­to des­de o Re­guei­ro dos Hor­tos de Lu­go ás te­rras de misión dos pá­ra­mos leo­ne­ses, fi­xo en­cher de fe, de his­to­rias e de len­das aque­la e es­ta te­rra, e se era na­tu­ral que os leo­ne­ses o ti­ve­ran por pa­droei­ro co­mo pri­mei­ros be­ne­fi­cia­dos do seu la­bor pre­di­ca­dor e evan­xe­li­za­dor, me­ri­to­rio é pa­ra os lu­cen­ses fa­cer que o san­to se­xa pro­fe­ta na súa te­rra sen­do o es­tan­dar­te re­li­xio­so da ci­da­de des­de hai sécu­los, e go­ber­nan­do no­mi­nal­men­te ade­mais dos ele­men­tos da no­sa fe, as­pec­tos máis hu­ma­nos que com­pren­den o le­cer e o go­ce das da­tas nas que o co­ra­zón nos pi­de abrir as por­tas á le­di­cia in­de­pen­den­te­men­te dos ven­tos que so­pren des­de as máis di­ver­sas ins­tan­cias. Un san­to co­mo Froi­lán, dos no­sos, da ca­sa, que usa­ba un bu­rri­ño do país pa­ra le­var os seus li­bros e que can­do un lo­bo fa­meno deu boa con­ta do bu­rro con­ven­ceu ao fe­ro ani­mal de que co­la­bo­ra­se na súa misión sen­do por­tea­dor co­mo o bu­rro fó­ra dos seus en­se­res.

E po­de que o de Froi­lán se­xa un­ha len­da, que a vi­da ten máis de len­da que de his­to­ria, pe­ro que bo­ni­to re­sul­ta que a for­za da ra­zón do san­to pui­de­se con­ven­cer á for­za bru­ta de que o li­bro ven­ce á fa­me, de que a fe e a in­te­li­xen­cia po­de coa vio­len­cia.

A len­da de Froi­lán aín­da é máis for­te ca a his­to­ria. E coa len­da nos que­da­mos men­tres olla­mos a ima­xe do san­to na súa igre­xa pa­rro­quial, na súa ca­pe­la da Ca­te­dral ou na fa­cha­da maior da Seo lu­cen­se. E se que­re­mos ir á ori­xe, vaia­mos ao Re­guei­ro dos Hor­tos, on­de ho­xe se cha­ma Rúa do Car­me, e er­ga­mos un­ha pre­ga­ria mu­da e sin­xe­la, nes­tas fes­tas, na me­mo­ria do san­to pa­droei­ro que des­de a hu­mil­da­de che­gou ao máis al­to, ao ceo. Ao ceo dos ga­le­gos, que non é que es­tea arre­da­do do ou­tro, se­nón que ten un re­can­to moi azul con to­ques ver­dí­si­mos, on­de se fa­la o la­tín moi evo­luí­do que to­dos co­ñe­ce­mos, e on­de os san­tos en­ten­den to­do o que di­ci­mos, te­ñen re­tran­ca, e fan mi­la­gres que nou­tro si­tio non en­ten­de­rían… por­que, un su­po­ñer, fá­la­lle ti a un an­da­luz de que un san­to con­ven­ce a un lo­bo de que lle le­ve os li­bros… o an­da­luz, co­mo mí­ni­mo, fai­che un chis­te. E is­to, é un te­ma moi, moi se­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.