«In­ves­ti­mos 315.000 eu­ros na me­llo­ra de es­tra­das»

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Feira Do Butelo -

Ar­ge­lio Fer­nán­dez fai un re­pa­so das ac­tua­cións que o seu equi­po de go­berno es­tá le­van­do a ca­bo no mu­ni­ci­pio. O re­xe­dor des­ta­ca as obras de re­xe­ne­ra­ción das es­tra­das da Fon­sa­gra­da, así co­mo as ac­tua­cións na me­llo­ra de abas­te­ce­men­to de au­ga ás pa­rro­quias.

—¿En que ac­tua­cións tra­ba­llan ac­tual­men­te?

—Vi­mos de re­ma­tar a cons­tru­ción dun­ha de­pu­ra­do­ra na ver­ten­te sur da Fon­sa­gra­da, na que in­ves­ti­mos un to­tal de 170.000 eu­ros. Es­ta obra foi po­si­ble gra­zas a sen­si­bi­li­da­de que ti­vo a Depu­tación. Ta­mén es­ta­mos le­van­do a ca­bo un son­deo pa­ra me­llo­rar o abas­te­ce­men­to de au­ga aos lu­ga­res de Rio­tor­to, Pa­drai­ro e La­guas, na pa­rro­quia de San Pedro de Nei­ro. Es­ta­mos pen­den­tes de exe­cu­tar me­llo­ras en va­rios ca­mi­ños. Es­tán con­tra­ta­dos, pe­ro es­ta­mos á es­pe­ra de que me­llo­re o tem­po.

—¿Ca­les son esas vías?

—Trá­ta­se dos ac­ce­sos a Río de Por­cos, Res­tro­mei­ro, For­nos da Cal e a No­ce­da. Es­tán in­cluí­das no Peim, e a in­ver­sión as­cen­de a 315.000 eu­ros.

—¿Can­do es­ta­rá en fun­cio­na­men­to a re­si­den­cia?

—Es­ta­mos pen­den­tes de que a Xun­ta en­víe un in­for­me que lle pe­diu a Depu­tación, e que é ne­ce­sa­rio pa­ra que co­me­ce a fun­cio­nar. A re­si­den­cia da Fon­sa­gra­da con­ta con 48 pra­zas, vin­te de cen­tro de día e 28 in­ter­nas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.