«A fes­ta ten co­mo fi­na­li­da­de pro­mo­cio­nar o mu­ni­ci­pio»

O al­cal­de de Ta­boa­da fai fin­ca­pé na im­por­tan­cia da gas­tro­no­mía e da ar­te co­mo ele­men­tos di­na­mi­za­do­res da eco­no­mía lo­cal e da Ri­bei­ra Sacra

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Entrevista - LUIS CON­DE

Oal­cal­de de Ta­boa­da, Ra­mi­ro Mou­re, des­ta­ca a im­por­tan­cia da Fes­ta do Cal­do de Ósos co­mo un au­tén­ti­co ele­men­to de pro­mo­ción tan­to do mu­ni­ci­pio co­mo da Ri­bei­ra Sacra. Es­te ano co­ma no­vi­da­de e en co­la­bo­ra­ción co Con­sor­cio de Tu­ris­mo or­ga­ni­za­ron un­ha ru­ta po­las igre­xas ro­má­ni­cas do con­ce­llo, sobre to­do po­lo éxi­to que ti­ve­ron o pa­sa­do ve­rán.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a fes­ta?

—Pre­sén­ta­se ben, por­que aín­da que vaia frío, iso é o ade­cua­do pa­ra de­gus­tar o cal­do de ósos. O fei­to de que se ce­le­bre en pleno en­troi­do é un­ha ga­ran­tía de afluen­cia de pú­bli­co.

—¿Que fi­na­li­da­de ten o cer­ta­me?

—Pro­mo­cio­nar Ta­boa­da a tra­vés da gas­tro­no­mía. Co­mo no­vi­da­de, nes­ta oca­sión or­ga­ni­za­mos un­ha ru­ta po­las igre­xas do mu­ni­ci­pio. Fa­ré­mo­la ho­xe e ma­ñá as ca­tro e me­dia da tar­de. Te­re­mos un guía que da­rá as co­rres­pon­den­tes ex­pli­ca­cións. Fa­cé­mo­la por­que ti­vo moi­to éxi­to no ve­rán.

—¿Que no­vi­da­des pre­sen­tan nes­ta edi­ción?

—Sal­vo o da ru­ta das igre­xas, que é o no­vi­do­so, o res­to man­té­mo­lo igual que en anos an­te­rio­res. Entendemos que non hai que cam­biar o que fun­cio­na ben. Que­ro re­sal­tar que os res­tau­ran­tes da vi­la ofre­ce­rán un me­nú da fes­ta por 18 eu­ros, no que o pú­bli­co po­de­rá de­gus­tar cal­do de ósos, cos­te­la asada, fise lloas e quei­xo con mel.

—¿Que os le­vou a eli­xir a Jo­sé Ma­nuel Al­ve­lo co­mo pre­goei­ro?

—O fei­to de que o pai de Al­ve­lo se­xa da pa­rro­quia de San Ma­me­de de To­rre e de que o ex­fut­bo­lis­ta do Cel­ta ve­ña pa­sar as va­ca­cións a Ta­boa­da ani­mou­nos a con­vi­da­lo. Di­xé­mos­llo e ao prin­ci­pio cus­tou­lle un pou­co, pe­ro fi­nal­men­te acep­tou, sobre to­do po­lo fei­to de que se tra­ta dun ac­to en Ta­boa­da.

—¿On­de se po­de­rán mer­car os pro­du­tos da zo­na?

—Na ex­po­si­ción de pro­du­tos do agro e de­ri­va­dos do por­co, que ce­le­bra ma­ñá du­ran­te to­do o día na Pra­za de Ria­zón. Aí po­de­rán ato­par car­ne de por­co, pan ar­te­sán, tar­tas de amén­doa, galletas de Xián, au­gar­den­te de Ta­boa­da e vi­ños da Ri­bei­ra Sacra. Ade­mais, te­rán a opor­tu­ni­da­de de de­gus­tar o cal­do de ósos ma­ñá a un­ha e me­dia do me­dio­día por xen­ti­le­za do gre­mio de hos­ta­le­ría de Ta­boa­da. Apro­vei­to ta­mén pa­ra di­cir que nes­te cer­ta­me ta­mén se ce­le­bra un­ha con­cen­tra­ción de co­ches clá­si­cos. Par­ti­ci­pan un to­tal de 50.

—¿Co­mo co­me­zou a fes­ta?

—A idea xes­tou­se no in­tre no que co­me­za­ron a to­mar pro­ta- go­nis­mo as fei­ras mo­no­grá­fi­cas de pro­du­tos tí­pi­cos de ca­da mu­ni­ci­pio e co­mar­ca. Da­que­la con­si­de­ra­mos que era un bo ca­mi­ño pa­ra pro­mo­cio­nar Ta­boa­da, e por iso apos­ta­mos po­lo cal­do de ósos, que sem­pre foi o no­so pra­to es­tre­la. Non nos equi­vo­ca­mos, por­que ho­xe es­ta fes­ta gas­tro­nó­mi­ca é o no­so me­llor re­cla­mo.

—¿Que men­sa­xe lle traslada aos lec­to­res?

—Con­ví­doos a que ve­ñan go­zar dun pla­to ex­qui­si­to, do no­so ar­te e das no­sas pai­sa­xes. Se se ache­gan ata Ta­boa­da non se arre­pen­ti­rán.

FO­TO ROI FER­NÁN­DEZ

O al­cal­de de Ta­boa­da, Ra­mi­ro Mou­re, o día da pre­sen­ta­ción do cer­ta­me

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.