«Fa­lei den­de o co­ra­zón»

O re­pre­sen­tan­te de Fal­ca­truei­ros deu lec­tu­ra on­te a un pre­gón que re­sul­tou moi emo­ti­vo

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Fiestas De Monterroso - LUIS CON­DE

Pa­blo Lo­sa­da Fe­rrei­ro foi o en­car­ga­do de ler on­te o pre­gón das fes­tas de Mon­te­rro­so. Re­pre­sen­tou á aso­cia­ción Fal­ca­truei­ros, co­lec­ti­vo ao que es­te ano a co­mi­sión de fes­tas de­ci­diu ren­der­lle un­ha ho­me­na­xe. Lo­sa­da, que le­va máis de trin­ta anos na aso­cia­ción amo­sou a súa sa­tis­fac­ción por es­ta in­vi­ta­ción, e es­ti­vo á al­tu­ra con es­te pre­gón, que en­xal­zou a vi­la que o viu na­cer. —¿Que su­pu­xo pa­ra vos­te­de que Fal­ca­truei­ros o eli­xi­se pa­ra re­pre­sen­ta­la na lec­tu­ra do pre­gón?

—Foi un mo­ti­vo de or­gu­llo, por­que sem­pre é re­con­for­tan­te que a co­mi­sión eli­xa a un co­lec­ti­vo co­mo Fal­ca­truei­ros pa­ra abrir os fes­te­xos máis im­por­tan­tes de Mon­te­rro­so. O fei­to de que a aso­cia­ción de­ci­di­se que fo­se eu dé­be­se a que son a per­soa que máis tem­po le­vo no co­lec­ti­vo. Co­me­cei a bai­lar con tan só ca­tro anos.

—No pre­gón no­tou­se que lle ten moi­to ca­ri­ño á vi­la que o viu na­cer.

—A ver­da­de é que fa­lei den­de o co­ra­zón e den­de o sen­ti­men­to. To­do o que di­xen ti­vo re­la­ción con Mon­te­rro­so. Ade­mais, te­ño que su­li­ñar que es­ta vi­la non se en­ten­de­ría sen a pre­sen­za de Fal­ca­truei­ros. So­mos uns 3.700 ha­bi­tan­tes, e po­do ase­gu­rar que un­ha par­te im­por­tan­te da po­boa­ción pa­sou po­lo co­lec­ti­vo. De fei­to, moi­tos dos pro­fe­so­res que im­par­ten en­si­nan­zas nas súas es­co­las apren­de­ron a bai­lar, can­tar e to­car na aso­cia­ción.

—¿Co­mo va­lo­ra o fei­to de que den­de a co­mi­sión de fes­tas apos­ten por pre­goei­ros de Mon­te­rro­so?

—É o axei­ta­do. A xen­te que lea o pre­gón ten que ser da vi­la ou co­mo mí­ni­mo ten que es­tar ven­ce­lla­da a Mon­te­rro­so. Es­ta é a ma­nei­ra de sen­ti­lo máis, e can­do fa­las sa­bes que o fas con co­ñe­ce­men­to. En­ten­do que non é doa­do ler un pre­gón dun lu­gar co que non tes nin­gún ti­po de vin­cu­la­ción. Eu sen­tin­me moi có­mo­do on­te, por­que sa­bía do que fa­la­ba.

—¿Que pa­pel xo­ga Fal­ca­truei­ros na vi­da so­cial da vi­la?

—Fal­ca­truei­ros ten un pe­so moi im­por­tan­te, e así o de­mos­tra o nú­me­ro de com­po­ñen­tes e a ac­ti­vi­da­de que rea­li­za. Eu re­cla­ma­ría un maior apoio ins­ti­tu­cio­nal, so­bre to­do á Xun­ta e á Depu­tación. Con­si­de­ro que as sub- ven­cións te­rían que ou­tor­gar­se aos co­lec­ti­vos en fun­ción do nú­me­ro de ac­ti­vi­da­des que fan e a xen­te que es­tá im­pli­ca­das ne­las. Non po­de ser que da noi­te pa­ra a ma­ñá se cons­ti­túa un co­lec­ti­vo de tres ou ca­tro per­soas que van to­car a un si­tio e xa ob­te­ñan axu­das. Es­ta­mos moi sa­tis­fei­tos co res­pal­do que ob­te­mos do con­ce­llo de Mon­te­rro­so.

—¿Co­mo ve Mon­te­rro­so?

—Coido que da­do o meu per­fil de po­lí­ti­co po­de­ría co­men­tar moi­tas cou­sas a to­dos os ni­veis, pe­ro es­ta­mos en fes­tas, e o que to­ca é ale­grar­se e go­zar.

—¿Que men­sa­xe lle trans­mi­te aos lectores?

—Con­ví­doos a que ve­ñan a Mon­te­rro­so a go­zar das súas fes­tas. As no­sas xen­tes son moi aco­lle­do­ras, e aquí nin­guén se sen­te fo­ras­tei­ro. É un in­tre emo- ti­vo, por­que moi­tos re­gre­san á vi­la pa­ra pa­sar es­tas da­tas en fa­mi­lia. Vol­tan as súas ori­xes. Se ve­ñen non se arre­pen­ti­rán. Es­pe­rá­mo­los a to­dos es­ta fin de se­ma­na.

Pa­blo Lo­sa­da foi o pre­goei­ro

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.