«Non re­pe­ti­rei co­mo al­cal­de»

Mi­guel Ri­co vi­vi­rá es­te ano as súas úl­ti­mas fes­tas co­mo re­xe­dor de Mon­te­rro­so

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Fiestas De Monterroso - LUIS CON­DE

Mi­guel Ri­co vi­vi­rá as úl­ti­mas fes­tas de Mon­te­rro­so co­mo al­cal­de. O re­xe­dor con­fir­ma que non en­ca­be­za­rá a lis­ta que no seu día en­ca­be­zou Je­sús Ote­ro. O re­xe­dor des­ta­ca a ca­li­da­de do pro­gra­ma dos fes­te­xos e fe­li­ci­ta á co­mi­sión po­lo seu tra­ba­llo á ho­ra de or­ga­ni­za­los.

—¿Co­mo se pre­sen­tan as fes­tas de Mon­te­rro­so?

—Moi animadas e con ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos os pú­bli­cos. Se­rán tres días in­ten­sos de es­pec­tácu­lo, mú­si­ca e di­ver­sión. O fei­to de que nes­ta oca­sión se ce­le­bren en fin de se­ma­na é un fac­tor que fa­rá que acu­da máis xen­te, e se o tem­po acom­pa­ña is­to se­rá es­pec­ta­cu­lar.

—¿Que des­ta­ca­ría do pro­gra­ma des­te ano?

—O que des­ta­co é a va­rie­da­de. Es­tá pen­sa­do pa­ra a xen­te maior, de me­dia­na ida­de e pa­ra os máis no­vos. A co­mi­sión non es­que­ceu a nin­guén. Que­ro fa­cer fin­ca­pé na pre­sen­za do equi­po da Te­le­vi­sión de Ga­li­cia que emi­ti­rá en di­rec­to es­ta tar­de «Aquí Ga­li­cia». Is­to su­pón un fac­tor máis de pro­mo­ción pa­ra Mon­te­rro­so.

—¿De que ma­nei­ra con­tri­búe o Con­ce­llo nas fes­tas?

—O Con­ce­llo apor­ta 20.000 eu­ros e a in­ten­den­cia. Se fal­ta al­go pa­ra cu­brir o or­za­men­to po­ñe­mos o que fal­ta.

—¿Que su­po­ñen as fes­tas pa­ra Mon­te­rro­so?

—Su­po­ñen días de le­di­cia, en­con­tros fa­mi­lia­res, trou­la, es­que­cer­se dos pro­ble­mas e go­zar da vi­da. Ta­mén son un­ha im­por­tan­te in­xec­ción eco­nó­mi­ca pa­ra os ne­go­cios, prin­ci­pal­men­te pa­ra a hos­ta­le­ría e pa­ra a ali­men­ta­ción. As fes­tas non so un gas­to, trá­ta­se dun­ha in­ver­sión na que ga­ña­mos to­dos.

—¿Que os le­vou a eli­xir a aso­cia­ción cul­tu­ral Os Fal­ca­truei­ros co­ma pre­goei­ra da fes­ta?

—Is­to en­már­ca­se na li­ña que co­me­za­mos can­do che­ga­mos á al­cal­día de apos­tar por per­soei­ros e co­lec­ti­vos vin­cu­la­dos con Mon­te­rro­so. Nes­te ca­so eli­xi­mos es­ta aso­cia­ción po­los 36 anos que le­va tra­ba­llan­do po­lo fol­clo­re ga­le­go e po­lo no­so mu­ni­ci­pio. Non se en­ten­de­ría Mon­te­rro­so sen es­te co­lec­ti­vo.

—¿Co­mo foi o ve­rán no ei­do tu­rís­ti­co?

—Es­ta­mos moi le­dos, por­que hou­bo un im­por­tan­te in­cre­men­to, e to­do gra­zas a Tino, a per­soa que se en­car­gou es­te ano da ofi­ci­na de Tu­ris­mo. Fi­xo un­ha gran di­vul­ga­ción do pa­tri­mo­nio his­tó­ri­co-ar­tís­ti­co e na­tu­ral do no­so mu­ni­ci­pio. Es­ta­mos tra­ba­llan­do pa­ra po­ñer en ór­bi­ta a To­rre de San Mi­guel de Pe­nas.

—¿Que ac­tua­cións es­tán rea­li­zan­do no mu­ni­ci­pio?

—Ago­ra es­tá­mo­nos cen­tran­do nas in­fra­es­tru­tu­ras. Den­tro do Plan Úni­co da Depu­tación in­ves­ti­mos 80.000 eu­ros no as­fal­ta­do das rúas Ra­món Díaz, Ra­món Ca­ba­ni­llas, Tra­lo Cas­tro e Blan­ca Mar­tí­nez. En bre­ve acon­di­cio­na­re­mos a es­tra­da de Sir­gal ata San Brei­xo, e en ou­tu­bro a vía Lar­dei­ros-Xes­te­los, así co­mo a área de Pe­ne­da.

—¿Te­ñen pre­vis­tas obras no ru­ral?

—Den­tro do Plan Mar­co da Xun­ta re­ma­ta­mos a pa­vi­men­ta­ción de Pe­na­co­va, Pi­ñei­ro, Lui­mil e Lo­do­so, ac­tua­ción na que in­ves­ti­mos 70.000 eu­ros. Te­mos pre­vis­to tra­ba­llar nas es­tra­das Sei­xós-San Brei­xo e San Mi­guel das Pe­nas-Va­ca­lou­ra. O in­ves­ti­men­to se­rá de 150.000 eu­ros. Qué­da­nos pen­den­te a rúa Ra­món Díaz, que es­tá in­com­ple­ta, pe­ro an­tes de que re­ma­te o ano re­ma­ta­ré­mo­la. Crea­re­mos máis pra­zas de apar­ca­doi­ros na vi­la e me­llo­ra­re­mos a ac­ce­si­bi­li­da­de das bei­ra­rrúas, eli­mi­nan­do ba­rrei­ras ar­qui­tec­tó­ni­cas. Ta­mén in­ves­ti­re­mos 10.000 eu­ros en ba­chear es­tra­das. Por úl­ti­mo, pro­ce­de­re­mos á am­plia­ción do par­que in­fan­til ubi­ca­do en Ro­jo Lo­sa­da, ao que lle en­ga­di­re­mos un­ha pis­ta de fút­bol sa­la.

—¿Que lle gus­ta­ría fa­cer an­tes de que re­ma­te es­te man­da­to?

—Gus­ta­ría­me que pa­ra o vin­dei­ro cur­so es­ti­ve­sen aber­tas as pis­ci­nas e o com­ple­xo de­por­ti­vo.

—¿Que lle fal­ta?

—Un­ha se­rie de obras, que se­rían abrir­lle ven­tás ao pa­vi­llón, fa­cer ves­tia­rios e de­li­mi­tar o es­pa­zo en­tre es­te edi­fi­cio e as pis­ci­nas, e por su­pos­to, que a Depu­tación as en­tre­gue. Iso si, te­ría­mos que asi­nar un con­ve­nio de co­la­bo­ra­ción pa­ra a súa ex­plo­ta­ción, por­que pa­ra o Con­ce­llo é in­via­ble man­te­las.

—¿Pre­sen­ta­ra­se co­mo ca­be­za de lis­ta do gru­po in­de­pen­den­te?

—Co­mo al­cal­de dei­xa­reino o ano que vén. Non me ve­xo máis tem­po nes­ta res­pon­sa­bi­li­da­de, por­que o meu non é a po­lí­ti­ca. Iso si, se­gui­rei tra­ba­llan­do co gru­po. En­ten­do que o no­so can­di­da­to se­rá Su­so Ote­ro.

—¿Co­mo va­lo­ra a súa eta­pa?

—Nal­gúns in­tres foi un­ha ex­pe­rien­cia du­ra e di­fí­cil, pe­ro es­tou sa­tis­fei­to co que fi­xe­mos.

—¿Que men­sa­xe tras­la­da aos lectores?

—Con­ví­doos a que ve­ñan go­zar dos no­sos fes­te­xos.

Mi­guel Ri­co é o ac­tual al­cal­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.