Vi­le­la in­ves­ti­ga las fies­tas de 1890 a 1900

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Portada - Adol­fo de Abel Vi­le­la S.V. LA VOZ

OCon­ce­llo edi­ta por es­tas da­tas un no­vo li­bro da co­lec­ción O San Froi­lán dos de­van­cei­ros. Nes­ta oca­sión, o his­to­ria­dor Adol­fo de Abel Vi­le­la re­co­lle as his­to­rias das pa­tro­nais lu­cen­ses a fi­nais do sécu­lo XIX, en con­cre­to en­tre 1890 e 1900, can­do se es­tán a for­mar moi­tas das ca­rac­te­rís­ti­cas das fes­tas tal e co­mo as co­ñe­ce­mos na ac­tua­li­da­de. Pre­sén­ta­se o mar­tes día 9, ás oi­to do se­rán, no au­di­to­rio do Ve­llo Cár­ce­re.

—Es­te é o ter­cei­ro li­bro da súa au­to­ría den­tro da se­rie «San Froi­lán dos de­van­cei­ros», ¿cal é a te­má­ti­ca?

—O pri­mei­ro es­ti­vo de­di­ca­do as fei­ras, por­que en reali­da­de as fes­tas con­tem­po­rá­neas co­me­zá­ron­se a fa­cer con cer­ta re­gu­la­ri­da­de a par­tir de 1876, can­do xa se po­día ir á Co­ru­ña e vir e vir a Lu­go en tren, co fin de ani­mar as fei­ras que es­ta­ban moi de­caí­das. No se­gun­do ex­pli­ca­se a ori­xe das fes­tas mo­der­nas, é di­cir, as do sécu­lo XVII des­pois de fun­dar­se a con­fra­ría de san Froi­lán, pe­ro es­tas fes­tas du­ra­ron pou­co e des­apa­re­ce­ron, re­to­mán­do­se no úl­ti­mo cuar­to do sécu­lo XIX, e nes­ta ter­cei­ra en­tre­ga xa se fa­la das fes­tas con­so­li­da­das que te­rán con­ti­nui­da­de no sécu­lo XX e ata ho­xe.

—Que no­vi­da­des apor­ta nes­te tra­ba­llo?

—Moi­tas. Por exem­plo ex­plí­ca­se por pri­mei­ra vez a ori­xe e o mo­ti­vo do cha­ma­do po­pu­lar­men­te Do­min­go das Mo­za. Co­mo ben se sa­be o día de san Froi­lán é o 5 de ou­tu­bro que po­de ca­drar en cal­que­ra día da se­ma­na, e di­cir, en día la­bo­ra­ble. Os pai­sa­nos das pa­rro­quias do non tra­ba­lla­ban o do­min­go e as fes­tas de gar­dar. Era can­do vi­ñan á ci­da­de a mer­car e a oír mi­sa. Por iso o co­mer­cio abría os do­min­gos. O do­min­go se­guin­te ao día de san Froi­lán era o que cha­ma­ban «o san Froi­lán pe­queno», e vi­ñan á fes­ta sen­do a con­co­rren­cia moi nu­me­ro­sa. A co­me­zo dos anos 40 do sécu­lo pa­sa­do xa apa­re­ce nos pro­gra­mas co­mo Do­min­go das Mozas.

—Hai anos, no pro­gra­ma «Rua­da», da TVG, vos­te­de mos­trou­se en desacor­do con cha­mar­lle pol­bo ao pul­po. Por que?

—Hai moi­tas. As fes­tas pro­fa­nas que se ce­le­bra­ron nal­gúns dos anos do sécu­lo XVII fo­ron moi os­ten­to­sas, era a fes­ta ba­rro­ca coa que os dous mor­do­mos que as or­ga­ni­za­ban, un do Ca­bi­do e ou­tro do Con­ce­llo, ri­va­li­za­ban cos que xa as or­ga­ni­za­ran pa­ra ver que as fa­cía me­llor. Tí­ña­nas que pa­gar eles e en­tón hou­bo dous pro­ble­mas, un que ca­da vez eran máis os­ten­to­sas, e o bis­po che­gou a li­mi­tar o con­ti­do e in­clu­so a prohi­bi­las, e o ou­tro que al­gúns dos mor­do­mo que per­ten­cía ao Con­ce­llo ne­gá­ron­se a or­ga­ni­za­las por­que non que­rían pa­ga­las. As fes­tas con­tem­po­rá­neas fa­cían­se cun­ha pe­que­na can­ti­da­de que apor­ta­ba o Con­ce­llo, po­lo xe­ral 1.500 pe­se­tas, e co que re­ca­da­ba un­ha co­mi­sión for­ma­da por con­ce­llei­ros que ía po­los co­mer­cios pe­din­do. Pa­ra os con­cur­sos de gan­do ha­bía ache­gas da Depu­tación e dal­gún mi­nis­te­rio. Os depu­tados e se­na­do­res apor­ta­ban pre­mios pa­ra tra­ba­llos que se pre­sen­ta­ban aos Xo­gos Flo­rais. o Do­min­go das Mozas.

FO­TO ÓS­CAR CELA

Abel Vi­le­la pre­sen­tou no 2014 un li­bro so­bre as fei­ras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.