«Creo nas emo­cións pa­ra ache­gar a men­sa­xe á xen­te»

A can­tan­te e in­tér­pre­te mon­for­ti­na agra­de­ce ao al­cal­de que a con­vi­da­ra a ler un pre­gón, que des­ta­ca­rá po­lo seu toque emo­cio­nal

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Feira Do Viño De Amandi - LUIS CON­DE

Acan­tan­te e in­tér­pre­te mon­for­ti­na Ro­sa Ce­drón le­rá o pre­gón da fei­ra de Amandi. Se­rá pro­ta­go­nis­ta por par­ti­da do­bre, posto que es­ta noi­te ofre­ce­rá un con­cer­to no re­cin­to fei­ral, na que ade­mais dos seus te­mas clá­si­cos, pre­sen­ta­rá as vin­dei­ras no­vi­da­des do no­vo tra­ba­llo. A mon­for­ti­na agra­de­ce que pen­sa­ran ne­la pa­ra o pre­gón e anun­cia un­ha in­ter­ven­ción emo­cio­nal.

—¿Co­mo re­ci­biu a pro­pos­ta pa­ra pre­goar a fei­ra de Amandi des­te ano?

—Le­vei un­ha sor­pre­sa moi gran­de e gra­ta. Asu­mo o en­car­go con res­pon­sa­bi­li­da­de e con ga­ñas de en­xal­zar os vi­ños de Amandi e a Ri­bei­ra Sa­cra. É un or­gu­llo, por­que co­mo mon­for­ti­na es­te cer­ta­me pí­lla­me de pre­to. Sem­pre é bo­ni­to ser pro­fe­ta na te­rra dun. Agra­de­zo e va­lo­ro es­te xes­to do al­cal­de de So­ber.

—¿Co­mo vai ser o pre­gón?

—Can­do bo­to un dis­cur­so op­to po­lo es­pon­tá­neo, por­que eu son un­ha per­soa emo­cio­nal, acos­tu­ma­da á mú­si­ca. Creo nas emo­cións co­mo vehícu­lo pa­ra fa­cer che­gar as men­sa­xes á xen­te e ao pú­bli­co en xe­ral. Non vai ser un pre­gón cal­cu­la­do. Ha­be­rá moi­tas sor­pre­sas.

—¿Re­sul­ta máis com­pli­ca­do ler un pre­gón ou com­po­ñer un­ha can­ción?

—Es­cri­bir e ler un pre­gón é máis com­pli­ca­do que com­po­ñer un­ha pe­za mu­si­cal. O que tra­ta­rei de fa­cer ma­ñá e en­tu­sias­mar ao pú­bli­co pa­ra que go­ce da fes­ta. Son dúas cou­sas com­ple­ta­men­te di­fe­ren­tes, pe­ro é ver­da­de que te­ñen co­mo fac­tor co­mún o emo­cio­nar á xen­te pa­ra que par­ti­ci­pe na fei­ra.

—Se ti­ve­se que fa­cer de em­bai­xa­do­ra dos vi­ños de Amandi, ¿co­mo os de­fi­ni­ría pa­ra pro­mo­cio­na­los?

—Ao prin­ci­pio ti­ña un pa­la­dar acos­tu­ma­do ao Rio­xa, pe­ro a me­di­da que os fun pro­ban­do, qué­do­me cos vi­ños da Ri­bei­ra Sa­cra, por­que es­tán ben tra­ba­lla­dos, son agra­da­bles, afro­ita­dos, máis li­viáns e ri­cos. Os no­sos vi­ños son os me­llo­res.

—¿Que opinión lle me­re­ce que es­tes vi­ños se­xan a can­le per­fec­ta pa­ra dar a co­ñe­cer a Ri­bei­ra Sa­cra?

—É fun­da­men­tal. É im­por­tan­te que ca­da un coi­de do que ten e que o pro­mo­cio­ne máis alá das súas fron­tei­ras. Que­ro des­ta­car o gran tra­ba­llo que se le­va fa­cen­do na Ri­bei­ra Sa­cra, na que te­mos que des­ta­car a per­fec­ta com­bi­na­ción en­tre vi­ño, pai­sa­xes, ar­te e his­to­ria. A Ri­bei­ra Sa­cra é ca­da vez máis co­ñe­ci­da, e os da­tos de tu­ris­tas que nos vi­si­tan es­tán aí, e van en au­men­to.

—¿Que ten pre­pa­ra­do pa­ra o con­cer­to des­ta noi­te?

—No con­cer­to des­ta noi­te in- clui­rei va­rias can­cións do meu tra­ba­llo «Na­da que per­der», pe­ro ta­mén es­tre­na­rei al­gun­has pe­zas do meu vin­dei­ro tra­ba­llo. Es­pe­ro e gus­ta­ría­me que o pú­bli­co que se ache­gue a So­ber go­ce dis­te con­cer­to. Eu con­vi­do a to­dos os lec­to­res a que ve­ñan á fei­ra de Amandi.

Ro­sa Ce­drón le­rá o pre­gón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.