«Coa fei­ra co­me­zou­se a fa­lar da de­no­mi­na­ción de ori­xe»»

O so­be­rino Jo­sé Manuel Ro­drí­guez des­ta­ca a im­por­tan­cia que ten es­te cer­ta­me, que le­va ce­le­brán­do­se inin­te­rrum­pi­da­men­te des­de hai 37 anos

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Feira Do Viño De Amandi - LUIS CON­DE

Jo­sé Manuel Ro­drí­guez su­ma 25 anos co­mo pre­si­den­te do con­se­llo re­gu­la­dor Ri­bei­ra Sa­cra. Ade­mais po­de pre­su­mir de ser un dos im­pul­so­res da fei­ra de Amandi. Re­cor­da eses ini­cios e va­lo­ra po­si­ti­va­men­te a evo­lu­ción do cer­ta­me nes­tes 37 anos.

—¿Que re­pre­sen­ta a Fei­ra do Vi­ño de Amandi?

—Foi a pio­nei­ra na Ri­bei­ra Sa­cra. Aín­da que ta­mén se ini­ciou ao mes­mo tem­po a de Qui­ro­ga, a de Amandi ce­le­brou­se de ma­nei­ra inin­te­rrom­pi­da. Sen­tou as ba­ses e foi o xer­me que fi­xo que se co­me­za­ra a fa­lar de sa­car adian­te un­ha de­no­mi­na­ción. Es­ta na­ce por­que ha­bía un cer­ta­me vi­ní­co­la que xa le­va­ba anos fun­cio­nan­do. Deu­se un pa­so máis pa­ra po­ñer­lle un se­lo de ga­ran­tía ás bo­te­llas do no­so vi­ño.

—¿Co­mo fo­ron os seus ini­cios?

—Eu fun un dos tre­ce im­pul­so­res que fo­mos alí co vi­ño, e ade­mais to­cou­nos or­ga­ni­za­la du­ran­te va­rios anos. Da­que­la coin­ci­diu co na­ce­men­to da de­no­mi­na­ción e foi can­do co­me­za­mos a esi­xir­lle ás ade­gas que tra­ta­sen os seus vi­ños. Re­cor­do que no ano 1987 asi­na­mos un con­ve- nio cun la­bo­ra­to­rio de Ou­ren­se, ao que se lle pa­ga­ban dez pe­se­tas por tra­tar e fil­trar o vi­ño, o que per­mi­tiu que se pre­sen­ta­ra o pro­du­to nun­has con­di­cións óp­ti­mas. In­cor­po­rá­ron­se téc­ni­cos pa­ra con­tro­lar os vi­ños, en­tre ou­tras moi­tas no­vi­da­des que in­tro­du­ci­mos.

—¿En que in­tre se ato­pa o cer- ta­me so­be­rino?

—Amandi ten as súas con­no­ta­cións, que fan que se man­te­ña o for­ma­to de fei­ra pio­nei­ra. Trá­ta­se dun cer­ta­me que man­tén un es­pa­zo pa­ra o vi­ño in­de­pen­den­te dou­tro ti­po de postos e ac­ti­vi­da­des que se le­van a ca­bo. Hai que des­ta­car que es­ta fei­ra foi a pri­mei­ra en in­tro­du­cir as pro­bas e os ca­ta­vi­ños. O fei­to de que se ubi­que na mes­ma da­ta, coin­ci­din­do co co­me­zo da Se­ma­na San­ta é un­ha ga­ran­tía pa­ra que a afluen­cia de pú­bli­co non só se man­te­ña, se­nón que au­men­te. Os vi­si­tan­tes te­ñen mar­ca­do o Do­min­go de Ra­mos co­mo o día que te­ñen que vi­si­tar So­ber e ca­tar os vi­ños de Amandi.

—¿Mu­dou a fi­lo­so­fía?

—Nas súas ori­xes, a fei­ra de Amandi era un lu­gar de ven­tas, e moi­ta xen­te mer­ca­ba cai­xas de vi­ño. Na ac­tua­li­da­de, o pro­du­to xa se co­mer­cia­li­za du­ran­te o ano nas ade­gas. Tan­to ho­xe co­mo ma­ñá son días de fes­ta, nos que o con­su­mi­dor final pro­ba moi­tos vi­ños que dou­tro xei­to non po­de­ría fa­cer. Pre­ci­sa­men­te, es­tes con­su­mi­do­res que ve­ñen fan po­si­ble que o vi­ño con­ti­núe ten­do a acep­ta­ción que ten no mer­ca­do.

FO­TO SIMÓN VÁZ­QUEZ

Ro­drí­guez pre­si­de o con­se­llo re­gu­la­dor

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.