O Ve­llo Cár­ce­re de Lu­go abre as súas por­tas á ci­da­da­nía, con­ver­ten­do a his­to­ria en cul­tu­ra

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Portada -

Ve­llo Cár­ce­re é a ac­tua­ción que ten maior or­za­men­to do pro­xec­to UR­BAN. Trá­ta­se de con­ver­ter o an­ti­go cár­ce­re nun cen­tro cul­tu­ral que con­ta­rá con zo­nas de exposicións, un au­di­to­rio, bi­blio­te­ca, ocio­te­ca e salas de ta­lle­res. Un dos seus edi­fi­cios es­tá des­ti­na­do á in­ves­ti­ga­ción ar­queo­ló­xi­ca con zo­nas de tra­ba­llo, al­ma­céns e área de do­cu­men­ta­ción e con­sul­ta de in­ves­ti­ga­do­res. A maio­res, hu­ma­ni­zou­se a rúa So­to Frei­re, fa­cén­doa máis ac­ce­si­ble.

A aper­tu­ra á ve­ci­ñan­za des­te edi­fi­cio co­mo cen­tro cul­tu­ral, su­pón tan­to o bro­che de ou­ro a es­te plan, un pro­gra­ma de in­ves­ti­men­to de 13 mi­llóns de eu­ros que marcou un an­tes e un des­pois en Lu­go,

Gra­zas a es­ta in­xec­ción eco­nó­mi­ca de fon­dos eu­ro- peos, que con­ti­núa a día de ho­xe, a ci­da­de em­pren­deu un­ha re­vo­lu­ción de cam- bio nos seus es­pa­zos em­ble­má­ti­cos da ci­da­de que per­mi­ti­ron trans­for­ma­los, man­ten­do sem­pre o seu va­lor his­tó­ri­co e cul­tu­ral. A do Ve­llo Cár­ce­re foi a ac- tua­ción de máis or­za­men­to den­tro des­te plan, uns 5,5 mi­llóns de eu­ros.

O edi­fi­cio, que per­ten­ce ao acer­vo da ci­da­de des­de 1887, can­do Ne­me­sio Co­bre­ros ideou es­te cen­tro pe­nal, con­vér­te­se ago­ra no epi­cen­tro da cul­tu­ra lu­cen­se pa­ra os 98.134 ve­ci­ños e ve­ci­ñas.

O Ve­llo Cár­ce­re con­ta con zo­nas de exposicións, un au­di­to­rio, bi­blio­te­ca, ocio­te­ca e salas de ta­lle­res. Un dos seus edi­fi­cios es­tá des­ti­na­do á in­ves­ti­ga­ción ar­queo­ló­xi­ca con zo­nas de tra­ba­llo, al­ma­cén e área de do­cu­men­ta­ción e con­sul­ta de in­ves­ti­ga­do­res. O tra­ba­llo de reha­bi­li­ta­ción do edi­fi­cio con­se­guiu man­ter a súa es­tru­tu­ra e man­ter vi­va a súa me­mo­ria, pe­ro dán­do­lle ao mes­mo tem­po un­ha no­va vi­da cul­tu­ral e di­dác­ti­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.