O lu­gar no que alu­ma­rán as fa­chas de pa­la­bras dun poe­ta

O pro­xec­to de Xer­mo­los pa­ra res­tau­rar a ca­sa de Díaz Castro vai adian­te

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial2 - - Fiestas En Guitiriz - X.M.PALACIOS

«Poe­ta ou non. eu can­ta­rei as cou­sas/ que na so­lei­ra de min mes­mo agar­dan./ Alu­ma­rei con fa­chas de pa­la­bras,/ an­cho her­do meu, o mun­do que me de­ron». Así co­me­za Co­ma

bra­sas, un dos pri­mei­ros poe­mas de Nim­bos, o poe­ma­rio que lle deu ao seu au­tor, Xo­sé María Díaz Castro, un lu­gar de pri­vi­le­xio na poe­sía ga­le­ga con­tem­po­rá­nea, e a Gui­ti­riz, un posto non me­nos pri­vi­le­xia­do nos lu­ga­res ven­ce­lla­dos con es­cri­to­res.

En Gui­ti­riz pa­sou Díaz Castro os de­rra­dei­ros anos da súa vida Ne­se tem­po (mo­rreu en 1990) non só vol­veu ser un ve­ci­ño máis, se­nón que a súa re­la­ción se agran­dou. A Aso­cia­ción Cul­tu­ral Xer­mo­los gar­da un am­plo fon­do bi­blio­grá­fi­co e do­cu­men­tal do poe­ta, pe­ro ade­mais é do­na da ca­sa na­tal do au­tor de Nim­bos, si­tua­da no ba­rrio do Vi­la­ri­ño (Os Vi­la­res).

A ca­sa per­tén­ce­lle á aso­cia­ción por dis­po­si­ción tes­ta­men­ta­ria de Serafín Díaz Castro, de­rra­dei­ro ir­mán vi­vo. O desexo de Xer­mo­los, amo­sa­do va­rias ve­ces, é res­tau­rar o edi­fi­cio pa­ra de­di­ca­lo a ac­ti­vi­da­des so­cio­cul­tu­rais, no só amo­san­do o le­ga­do que dei­xou o es­cri­tor se­nón pro­mo­ven­do que o lu­gar es­pa­lle a ri­que­za cul­tu­ral e am­bien­tal da co­mar­ca.

«Eí es­tán, co­ma bra­sas con­tra a noi­te,/ as ve­llas cou­sas, cheas de des­ti­nos». Así es­cri­be Díaz Castro no de­van­di­to poe­ma de Nim­bos, e a súa ca­sa ta­mén se­me­lla con­ter un des­tino. Cum­pri­lo, po­rén, im­pli­ca loi­tar con­tra o aban­dono e coa amea­za de ruí­na que so­fre o edi­fi­cio, pa­ra o cal Xer­mo­los es­tá a tra­ba­llar ac­ti­va­men­te nos úl­ti­mos anos. O pri­mei­ro ob­xec­ti­vo é re­ca­dar fon­dos pa­ra as obras con­si­de­ra­das máis ne­ce­sa­rias.

Un­ha cam­pa­ña de doa­zóns rea­li­za­da ao lon­go de va­rias se­ma­nas per­mi­tiu re­ca­dar 24.000 eu­ros, can­ti­da­de que se con­si­de­ra­ba ne­ce­sa­ria pa­ra afron­tar os pri­mei­ros tra­ba­llos. Con­se­gui­do o di­ñei­ro, os es­for­zos de Xer­mo­los non se de­ti­ve­ron, pois cóm­pre rea­li­zar trá­mi­tes e xes­tións con ad­mi­nis­tra­cións pa­ra le­var adian­te a ini­cia­ti­va: o que se ten­ta é que o edi­fi­cio se­xa «un­ha ca­sa da xen­te», co­mo ten di­to va­rias ve­ces o coor­di­na­dor da aso­cia­ción, Al­fon­so Blan­co.

FO­TOS SU­SO PE­NA

Fa­cha­da da ca­sa na­tal de Xo­sé María Díaz Castro, que Xer­mo­los ten­ta res­tau­rar pa­ra afas­ta­la da amea­za de ruí­na

O Vi­la­ri­ño ofrece aín­da tra­zos dun­ha vida pro­pia do me­dio ru­ral

Ùn­ha pla­ca lem­bra a fi­gu­ra do poe­ta gui­ti­ri­cen­se

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.