Sim­pa­tía po­los mís­ti­cos

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Os amos da con­tem­po­ra­nei­da­de nun­ca pi­tan a fin do par­ti­do. Vai en con­tra da súa ló­xi­ca eco­nó­mi­ca. Den­de as plan­tas no­bres de­cla­ra­ron a ocu­pa­ción cons­tan­te, a frus­tra­ción co­lec­ti­va e a dis­lo­ca­ción do pre­sen­te, esa an­sie­da­de que con­fun­di­mos coa subs­tan­cia da vi­da.

A an­gus­tia con­ver­teu­se no va­lor eco­nó­mi­co máis ren­di­ble. Den­de que nos er­gue­mos po­la ma­ñá, lan­zar­nos con­tra un ho­ri­zon­te in­so­lu­ble ga­ran­te os me­llo­res be­ne­fi­cios. So­mos ali­men­ta­dos por ese ve­leno e nin­guén man­da pa­rar agás os mís­ti­cos, que le­van sécu­los re­co­men­dán­do­nos un­ha so­lu­ción se­me­llan­te á aler­ta con­tem­pla­ti­va dos fe­li­nos.

Un for­ma­teo vi­xian­te, un de­sen­ten­der­se de to­do pro­ce­de­men­to. Re­ler ho­xe a Mecht­hild von Mag­de­burg, a Eck­hart ou a Ibn Ara­bi, igual que in­ter­nar­se sen pre­xuí­zos en San Juan de la Cruz ou no quie­tis­mo de Mi­guel de Mo­li­nos, tan ad­mi­ra­do por Jo­sé Án­gel Va­len­te, non se­me­lla ma­la so­lu­ción pa­ra botar un pé fó­ra da li­ña mar­ca­da. Así llo pa­re­ceu a Al­mu­de­na Ote­ro, que vén de com­par­tir es­te es­ti­mu­lan­te en­saio ao re­dor das fen­das que aín­da po­de­mos abrir pa­ra ar­mar­nos de cer­ta sa­be­do­ría, mor­men­te a mís­ti­ca e o xo­go cos lí­mi­tes da lin­gua­xe.

«To­da pa­la­bra de­be­ría ser ex­pre­sión de al­go que vai alén do eu, atra­ve­sar a al­te­ri­da­de», si­na­la co fo­co en Mech­tild. Cóm­pre pa­rar aín­da que non quei­ran.

E des­cu­brir ese ru­ti­lan­te cons­pi­ra­dor con­tra to­da in­quie­tu­de que le­va­mos den­tro.

AYN: O OLLO E A FON­TE AU­TOR AL­MU­DE­NA OTE­RO EDI­TO­RIAL AXÓUXERE 112 PÁ­XI­NAS 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.