¿Aín­da non sa­bes que pe­dir?

Da abon­do­sa ofer­ta editorial en ga­le­go pa­ra es­te Na­dal ve­la­quí seis tí­tu­los de ga­ran­tía que van da poe­sía de no­vas vo­ces en pro­gre­sión, pa­san­do por un clá­si­co de to­dos os tem­pos co­mo é un li­bro de Mi­chael En­de, ata a es­trea no­ve­lís­ti­ca dun pro­me­te­dor au­to

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - TEX­TO: RAMÓN NI­CO­LÁS

Un­ha poe­ta que dá sal­tos sen re­de

Ha­bía al­gúns anos que Lu­cía No­vas (Bueu, 1979) non pu­bli­ca­ba un li­bro in­de­pen­den­te. Cervatos con­fir­ma a pre­sen­za dun­ha poe­ta en pro­xec­ción pois lán­za­se aquí, sen re­de e con va­len­tía, á con­fluen­cia en­tre o hí­bri­do e o mes­ti­zo, o es­ti­lo kitsch e os ou­ro­peis, pa­ra dei­tar un­ha olla­da frag­men­ta­ria e in­ci­si­va ao tempo que pa­sa e a co­mo nós pa­sa­mos po­lo tempo.

As ou­tras lec­tu­ras dun li­bro fas­ci­nan­te

Máis aló do go­zo que su­pón sa­bo­rear as aven­tu­ras de Atre­yu e Bas­tián pa­ra quen as des­co­ñe­za e alén da sau­da­de que se po­de sen­tir por re­to­mar un­ha lec­tu­ra re­don­da e ines­que­ci­ble, es­te Na­dal po­de ser un­ha boa oca­sión pa­ra es­cul­car na di­men­sión que En­de lle ou­tor­gou a es­te li­bro co­mo no­ve­la de for­ma­ción e co­mo ale­go­ría dun­ha pro­cu­ra do pa­raí­so á in­ver­sa.

O pre­mio de no­ve­la de La Voz

Un li­bro ga­lar­doa­do no pre­mio de no­ve­la por en­tre­gas La Voz de Galicia que su­pón a es­trea li­te­ra­ria dun au­tor preo­cu­pa­do tan­to po­lo dis­cur­so ex­pre­si­vo co­mo por me­dir mi­li­me­tri­ca­men­te o avan­ce dun­ha in­tri­ga sol­ven­te que, si­tua­da no sur de Galicia, mes­tu­ra o re­cen­do his­tó­ri­co coa iden­ti­da­de per­soal e co­lec­ti­va ca­mi­ñan­do ca­ra a un acaí­do axus­te fi­nal.

Un tra­ba­llo tan bo co­mo arris­ca­do

Tras a no­ve­la Luns (pre­mio To­rren­te Ba­lles­ter) Eli Ríos pu­bli­cou es­te li­bro co que ga­ñou a cuar­ta edi­ción do ga­lar­dón que le­va o no­me do poe­ta mu­xián Ló­pez Aben­te: Cul­pa­ble é un tex­to no­vi­do­so e for­mal­men­te arris­ca­do no que a au­to­ra di­na­mi­ta a lin­gua­xe, as pers­pec­ti­vas e as fron­tei­ras de xé­ne­ros pa­ra es­ta­ble­cer un­ha ba­ta­lla vis­ce­ral con­tra o eu lí­ri­co.

Con­mo­ve­do­ra e ines­que­ci­ble

Adi­chie (Ab­ba, Ni­xe­ria, 1977) é, ho­xe, un­ha das vo­ces de re­fe­ren­cia internacional e Ri­no­ce­ron­te aché­ga­nos a que foi a súa pri­mei­ra no­ve­la: un tex­to con­ci­bi­do co­mo un­ha no­ve­la de for­ma­ción e, ao tempo, un­ha de­nun­cia da in­to­le­ran­cia, do fa­na­tis­mo re­li­xio­so e da xe­rar­quía pa­triar­cal, per­fec­ta­men­te apli­ca­ble a ou­tras reali­da­des non ex­clu­si­va­men­te afri­ca­nas.

A poe­sía co­mo re­sis­ten­cia

Ra­mos (Ma­za­ri­cos, 1994) ofre­ce ago­ra un li­bro sin­gu­lar e edi­ta­do con re­quin­te: nel abra­za un for­ma­to que hi­bri­da poe­sía e na­rra­ti­va e que se ali­cer­za des­de un­ha plu­ra­li­da­de de vo­ces, en moi­tas oca­sións per­ten­cen­tes á con­tor­na fa­mi­liar. Os lu­mes des­te li­bro se­me­llan lu­ces e ar­ti­cu­lan un canto re­sis­ten­te a prol da es­cri­ta co­mo re­bel­día, co­mo ne­ce­si­da­de e co­mo vi­da.

A HISTORIA IN­TER­MI­NA­BLE AU­TOR MI­CHAEL EN­DE TRA­DU­CIÓN: AN­TÓN PA­LA­CIO

EDITORIAL SANTILLANAOQUELEO, 536 PÁ­XI­NAS, 13,95 EU­ROS

O HIBISCO PÚR­PU­RA AU­TO­RA CHIMAMANDA NGOZI ADI­CHIE EDITORIAL RI­NO­CE­RON­TE

326 PÁ­XI­NAS, 20 EU­ROS

A SEN­DA DE SAL AU­TOR FRAN FER­NÁN­DEZ DAVILA EDITORIAL GA­LA­XIA 136 PÁ­XI­NAS, 14 EU­ROS

CERVATOS AU­TO­RA LU­CÍA NO­VAS EDITORIAL FAKTORÍA K 96 PÁ­XI­NAS,

12 EU­ROS

LU­MES AU­TOR IS­MAEL RA­MOS EDITORIAL APIARIO 72 PÁ­XI­NAS, 16 EU­ROS

CUL­PA­BLE AU­TO­RA ELI RÍOS EDITORIAL XERAIS 72 PÁ­XI­NAS, 12,50 EU­ROS t

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.