É mú­si­ca de au­tor e a ex­pre­sión máis ho­nes­ta po­si­ble dos dous

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA . ESTÁ SONANDO -

pe­ro nos anos de re­la­ción mu­si­cal con Pe­dro apren­dín moi­tas cou­sas e, ade­mais, cun in­me­llo­ra­ble mes­tre. Con to­do iso que apren­dín fi­xen un­ha ela­bo­ra­ción e sen pre­ten­der ser iso, si que es­tá ven­ce­lla­da na mi­ña ima­xi­na­ción mu­si­cal. Pe­ro Pe­dro, tal co­mo di el, sem­pre se re­pre­sen­ta nou­tros pro­xec­tos que non son es­tri­ta­men­te seus e nes­te pre­sén­ta­se un pou­qui­ño máis el per­soal­men­te. Nes­te ca­so so­mos un trío que é dúo. So­mos trío no evi­den­te e Ro­me­ro ache­ga o seu tra­ba­llo su­per­es­pe­cial e ori­xi­nal, e que ten un va­lor en­ga­di­do tre­men­do no gru­po, pe­ro a pro­pos­ta pri­mi­xe­nia é máis de dous, en can­to a com­po­si­ción, as li­ñas xe­rais do pro­xec­to.

—Po­la es­té­ti­ca pa­re­ce mú­si­ca in­tros­pec­ti­va.

—Eu non di­ría iso, a ver­da­de. A ris­co de con­fun­dir­se can­do un fa­la dun mes­mo, po­den­do en­ten­der que a for­ma­ción po­da le­var alí, e ta­mén o piano po­de con­fun­dir, o dis­co é máis ex­tra­ver­ti­do que in­tro­ver­ti­do po­las rít­mi­cas, os tem­pos son máis ben vi­vos. In­clu­so a for­ma de en­ten­de­lo Pe­dri­ño e máis eu den­tro do xé­ne­ro que nos mo­ve­mos é moi­to máis ex­tra­ver­ti­da.

—É to­do ins­tru­men­tal.

—Si, aín­da que no úl­ti­mo cor­te Xurxo Souto re­ci­ta A vi­zo­sa, pra­ci­bre Ce­ce­bre, un poe­ma de Pon­dal.

—Por que azou­gue?

—Ten moi­tas acep­cións, pe­ro o azou­gue é po­lo que o vi­dro pa­sa a ser es­pe­llo e, di­ga­mos dese xei­to, que o que fa­ce­mos é co­ller un­ha in­for­ma­ción mu­si­cal, ba­sea­da na tra­di­ción, e a par­tir de aí, co­mo es­pe­llo re­flic­te a reali­da­de, nós in­ten­ta­mos plas­mar ou­tra reali­da­de, que re­co­lle a ima­xe do fe­nó­meno máis tra­di­cio­nal e po­pu­lar e re­flic­te ou­tra ima­xe, sem­pre des­de o má­xi­mo res­pec­to e ad­mi­ra­ción aos fe­nó­me­nos cul­tu­rais po­pu­la­res. Re­flic­te al­go que é no­so.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.